luns, 22 de xaneiro de 2018

Axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades de Galicia

A Consellería de Educación convoca axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso 2016/17, nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño (Boletín Oficial del Estado número 160, do 5 de xullo).
Requisitos:
Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.
Estar matriculado en segundo e posteriores cursos nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2017/18 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes a unha titulación oficial de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño (BOE nº 160, do 5 de xullo), nunha universidade do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao cal lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, que deberá de estar matriculado como mínimo de 45 créditos.
Ter sido beneficiario/a da bolsa de carácter xeral do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no curso académico 2015/16 ou no 2016/17 e non a ter obtido no curso 2017/18.
Ter superado no curso 2016/17 a seguinte porcentaxe dos créditos matriculados, excluíndo os validados, recoñecidos ou adaptados:
- En estudos pertencentes á rama de coñecemento de Ensinanzas Técnicas (Enxeñaría ou Arquitectura), igual ou superior ao 60 % e menos do 65 %.
- En estudos pertencentes ás ramas de Artes e Humanidades ou de Ciencias Sociais e Xurídicas, igual ou superior ao 80 % e menos do 90 %.
Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula.
Que a renda da unidade familiar non supere os seguintes limiares:
Familias de 1 membro: 14.112,00 €.
Familias de 2 membros: 24.089 €.
Familias de 3 membros: 32.697 €.
Familias de 4 membros: 38.831 €.
Familias de 5 membros: 43.402 €.
Familias de 6 membros: 46.853 €.
Familias de 7 membros: 50.267 €.
Familias de 8 membros: 53.665 €.
A partir do oitavo membro engadiranse 3.391 € por cada novo membro computable da familia.
  
A dotación asignada a cada persoa beneficiaria será a do importe correspondente a 60 créditos de primeira matrícula, que é dun máximo de 835,8 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Enxeñaría e Arquitectura e grao en Belas Artes e dun máximo de 591 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas.
A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED441D dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 19 de febreiro de 2018
Máis información no DOG do 17 de xaneiro de 2018

Mocidade e psicoses

DOA Saúde Mental presentou un proxecto de atención temperá en psicose aos premios "Mocidade e Psicoses". 

O programa deseñouse para a súa aplicación nun contexto individual, aínda que se complementarán con intervencións  grupales. O tratamento terá unha duración aproximada dun ano, variando en función das circunstancias de cada usuario.
Parte dunha consulta inicial da persoa e a súa familia cun psiquiatra do Servizo Galego de Saúde (Sergas), que iniciará a derivación e será o seu psiquiatra de referencia. Para a derivación será necesario informe médico (psiquiátrico) e informe social.
1º FASE DE ACOLLIDA
Tanto no domicilio da persoa, como no centro educativo de referencia (en caso de estar escolarizado) e nas instalacións de  DOA. Revisión de informes médicos e probas.
2º FASE DE AVALIACIÓN das dificultades relacionadas coa saúde mental.
A avaliación permite detectar alteracións e aquelas capacidades que se manteñen preservadas para o seu emprego na fase de tratamento. Elaborarase o Proxecto Individualizado de Atención Precoz (PIAP) acordado co paciente.
3º FASE INTERVENCIÓN TERAPÉUTICA
Desde as perspectivas psiquiátricas, neuropsicolóxica, cognitivo- conductual e educativa.
4º FASE DE SEGUIMENTO
Sesións individuais puntuais para reforzar logros naqueles casos nos que se considere oportuno. En caso de ser necesario, realizarase unha derivación a outros recursos. O tratamento é de carácter  holístico e multidisciplinar e inclúe:
Rehabilitación desde a Neuropsicolóxica Clínica: atención, funcións executivas, aprendizaxe e memoria, linguaxe, cognición social,  psicoeducación, conciencia de déficit. E desde a  Neuropsicología Educativa: formación en  metacognición, estratexias de aprendizaxe, creatividade, intelixencias múltiples, adaptacións curriculares e psicomotricidade.
Adestramento en habilidades sociais.
Manexo  conductual (fomento de condutas positivas).
Técnicas cognitivo- conductuales (pensamento planificado).
Intervencións domiciliarias.
Coordinación centros educativos
Para votar: http://jovenesypsicosis.es/proyectos/doa-saude-mental/

Cooperativismo no ensino 2018

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca o certame Cooperativismo no ensino dirixido aos centros educativos de Galicia.
O certame Cooperativismo no ensino ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.
Modalidades:
a) Actividades artísticas tales como debuxos, pinturas, maquetas, fotografías e/ou vídeos dirixida ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial.
  Categoría A: alumnado de 2º ciclo de educación infantil.
  Categoría B: alumnado de 1º e 2º de educación primaria.
  Categoría C: alumnado de 3º e 4º de educación primaria.
  Categoría D: alumnado de 5º e 6º de educación primaria.
b) Actividades cooperativizadas dirixidas ao alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e educación especial.
c) Proxectos empresariais cooperativos dirixidos ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.

Premios:
Os traballos presentados á modalidade de actividades artísticas e á modalidade de actividades cooperativizadas:
Un premio ao mellor traballo de cada categoría de 2.500 € destinados á adquisición de material didáctico, audiovisual, informático ou deportivo, así como á celebración dunha actividade formativa, cultural ou deportiva dirixida ao alumnado do centro.
Un accésit por cada categoría de 1.500 € destinados á adquisición de material didáctico, audiovisual, informático ou deportivo, así como á celebración dunha actividade formativa, cultural ou deportiva dirixida ao alumnado do centro.
Os traballos presentados á modalidade de proxectos empresariais cooperativos:
• Un premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo de 4.500 €, que se repartirá entre o alumnado que elaborou o proxecto premiado.
• Un accésit de 3.500 €, que se repartirá entre o alumnado que elaborou o proxecto finalista.
O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o día 30 de abril de 2018.
As solicitudes presentaranse en https://sede.xunta.es/ no procedemento TR802O
Máis información no DOG do 19 de xaneiro de 2018

Lingua de namorar 2018



Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.
O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.
Para participar no concurso, só tes que premer no botón “Envía as túas mensaxes” e cubrir o formulario. Ademais da mensaxe ou mensaxes, cómpre indicar os datos persoais e de contacto.

Características das mensaxes
Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso Lingua de namorar (extensión máxima de 350 caracteres para cada mensaxe). Estas mensaxes deberán estar escritas en lingua galega e poderán redactarse en prosa ou en verso.
Formulario de inscricións

Categorías de idade e premios
Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:
Categoría A (de 14 a 19 anos):
1° Hoveboard Nilox (rodas 6,5, batería 20 km., velocidade máxima 10km/h) e unha reprodución do Pergamiño Vindel conmemorativa da súa estadía en a Vigo en 2017 e 2018.
2° Cámara Fuji instantánea mini 9 ( fotos 62 x 46 mm.) e unha reprodución do Pergamiño Vindel conmemorativa do seu regreso a Vigo en 2017 e 2018.
3° Auricular Panasonic Diadema (bluetooth, 20 horas de autonomía) e unha reprodución do Pergamiño Vindel conmemorativa do seu regreso a Vigo en 2017 e 2018.
 Categoría B (de 20 a 35 anos):
1° Smart TV Panasonic 32” (Full HD, TDT2, navegador web, 2 x HDMI) e unha reprodución do Pergamiño Vindel conmemorativa do seu regreso a Vigo en 2017 e 2018.
2° Smartphone Wiko 5” (16 GB, 4G, IPS HD, Android 7, 5/13 Mpx) e unha reprodución do Pergamiño Vindel conmemorativa do seu regreso a Vigo en 2017 e 2018.
3° Cámara deportiva Mini Wifi 2” (Full HD, ángulo 140º, resistente á auga 30m.) e unha reprodución do Pergamiño Vindel conmemorativa do seu regreso a Vigo en 2017 e 2018.

Prazos de participación e votación
O prazo para enviar as mensaxes remata o luns, 29 de xaneiro.
Do 30 de xaneiro ao 2 de febreiro abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto.

Xurado e resolución
O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as declaracións gañadoras de entre as 50 declaracións máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías de idade.
Poderá consultarse aquí o nome das persoas gañadoras, a partir do 7 de febreiro.
 Entrega de premios
O día 14 de febreiro terá lugar a entrega de premios do concurso Lingua de namorar 2018.
O acto de entrega será no Museo do Mar de Galicia.

luns, 15 de xaneiro de 2018

Novos prezos de carnés dirixidos á mocidade








Carné xove
6 €
Carné alberguista xove
5 €
Carné alberguista adulto/a
10 €
Carné alberguista grupo
16 €
Carné alberguista familiar
18 €
Carné teacher (ITIC)
9 €
Carné internacional xove (IYTC)
9 €
Carné student (ISIC)
9 €



http://xuventude.xunta.es/carnes-para-a-mocidade

mércores, 10 de xaneiro de 2018

Se es orixinal, es de libro...



O concurso Se es orixinal, es de libro propón a elaboración de traballos de investigación orixinais, realizados por estudantes de ESO, bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio de Formación Profesional, sobre un tema do seu interese: música, ciencia, literatura, arte, natureza, historia, cinema, deportes, filosofía e pensamento, tecnoloxías, matemáticas...
Os traballos poderanse presentar a concurso en todas as linguas oficiais de España.
Os traballos presentaranse unicamente en formato dixital en liña. Para iso os autores publicarán o seu traballo nalgunha plataforma da súa elección (web ou blogue propio en  Blogger,  Wordpress,  Blogia,  Blogspot…; plataformas de publicación en liña, en distintos formatos:  Scribd,  Paper. li,  Flickr,  Prezi,  VoiceThread,  Youtube,  Tumblr...) e comunicarán a É de libro a dirección URL na que está aloxado.
A forma de xestión é exclusivamente por medio da web:
Inscriciónshttp://www.esdelibro.es/apuntate/inscribete
Consultas:  concurso@esdelibro.es
Presentación de traballos ao concurso:   http://www.esdelibro.es/apuntate
O prazo de inscrición estará aberto ata o 23 de marzo do 2018.
Establécense tres categorías de premios:
- 1º e 2º de ESO.
- 3º e 4º de ESO.
- Bacharelato / ciclos formativos de grao medio.
En cada unha destas categorías premiarase a mellor investigación de Ciencias e a mellor investigación de Humanidades.
Os premios son:
- Para cada un dos alumnos gañadores
Un CHEQUE REGALO de 60 euros para a compra de libros do Grupo  SM.
Unha  TABLETA DIXITAL.
Un exemplar do Dicionario da lingua española (Real Academia Española).
- Para cada un dos profesores que coordinasen as investigacións gañadoras
Un CHEQUE REGALO de 100 euros para a compra de libros do Grupo  SM.
Unha  TABLETA DIXITAL.
Un exemplar do Dicionario da lingua española (Real Academia)
- Para centros
Un CHEQUE REGALO de 300 euros para a compra de libros do Grupo  SM para a biblioteca escolar dos centros gañadores.
Un exemplar do Dicionario da lingua española (Real Academia Española
Todos os participantes recibirán un diploma dixital, enviado ao profesor coordinador, no que se certificará a súa participación no concurso.
http://www.esdelibro.es/apuntate

V Concurso de webseries Carballo Interplay 2018




A 5.ª edición do Carballo Interplay terá lugar en Carballo (Galicia) do 5 ao 7 de abril de 2018.
Poderán presentarse a competición aquelas webseries producidas entre os anos 2016 e 2018 que teñan un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento da inscrición.
Os episodios inscritos poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou animación, nacionais ou internacionais.
A inscrición farase dende a web do festival www.carballointerplay.com cubrindo debidamente o formulario de inscrición
en liña.
A inscrición é gratuíta en todos os casos.
A data límite para a inscrición é o 18 de febreiro de 2018
De resultar seleccionada unha webserie, a organización contactará cos seus creadores ou creadoras para solicitar o envío dos capítulos en boa resolución a través da plataforma Wetransfer ou servizo similar, unha captura de vídeo dun minuto e outros materiais promocionais (fotogramas, cartel…).
O formato de proxección será .mov o .mp4 (codec H.264), resolución: 1920x1080 o 1280x720, taxa máxima de transferencia de bits: 20.000 kbps; audio ACC; subtítulos en galego ou castelán incrustados ou en .srt.
Os traballos que entren a concurso deberán estar subtitulados ao galego ou castelán no caso de non ser a versión orixinal en calquera destes dous idiomas.
Os premios outorgados serán os seguintes:
– Mellor webserie: 800 € e trofeo
– Mellor webserie internacional: 800 € e trofeo
– Mellor webserie en galego: 800 € e trofeo
– Premio do xurado novo: 400 € e trofeo
– Premio do público: 400 € e trofeo
– Premio AGAG ao mellor guión: 200 € e trofeo
– Premio CREA a mellor dirección: 200 € e trofeo
– Mellor actriz: trofeo
– Mellor actor: trofeo
Máis información no BOP da Coruña do 5 de outubro e en www.carballointerplay.com

XVIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño



O Concello de Sarria e a Agrupación Cultural Ergueitos convocan o XVIII Premio de Poesía FIZ VERGARA VILARIÑO.
As obras presentadas deben estar escritas en lingua galega.
A extensión mínima será de 500 versos. Os orixinais deberán ser inéditos e non premiados en ningún outro certame.
Os traballos presentaranse por cuadriplicado en exemplares separados, grampados ou encadernados, en tamaño DIN A4 escritos por unha soa cara. Acompañaranse dun sobre pechado no que conste o título ou lema da obra no exterior, contendo no interior o nome e apelidos da autora ou autor, fotocopia do documento de identidade, enderezo, teléfono e correo electrónico. Enviaranse por correo certificado a:
XVII Premio de Poesía FIZ VERGARA VILARIÑO
Concello de Sarria, rúa Maior 14
27600 Sarria.
O prazo para a súa presentación estará aberto ata o 21 de marzo de 2018.
Establécese un único premio de 6000 euros
Máis información no BOP de Lugo do 15 de decembro de 2017 e en
http://sarria.es/index.php?option=com_content&view=category&id=34&Itemid=96&lang=gl

Eustory 2018

Eustory é unha rede de entidades civís europeas que organiza concursos de historia para mozos e mozas.
Que é patrimonio, que o conforma e que non, que merece ser conservado ou porqué certos bens son destruídos son algúns dos temas que che propoñen investigar nesta undécima edición de  EUSTORY, que versa sobre patrimonio histórico.
A participación está aberta aos alumnos de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, FP regrada e ESPA menores de 21 anos. Os traballos pódense realizar de maneira individual ou en grupo, e mesmo poden ser ata dunha clase completa. Iso si, só se permite
un traballo por persoa ou grupo.
O formato de presentación é libre. Pode tratarse dun traballo escrito pero tamén de presentacións con diapositivas, fotografías, mapas, documentos audiovisuais, composicións musicais, obras artísticas, pezas teatrais,  receitas culinarias, etc.
En resumo, tes que presentar:
Traballo.
Informe de procedemento, onde expliquedes a organización do traballo (dificultades, fases, axudas externas, etc.), as fontes de información utilizadas (bibliografías, arquivos, páxinas web, etc.) e as conclusións onde indiquedes o que aprendestes
e para que vos serviu.
Informe do titor sobre as condicións previas do grupo ou o marco particular no que se inscribe o proxecto e a súa impresión xeral do traballo presentado así como dos participantes.
Premios:
1 Primeiro premio de 2.500 € Alumnos - 1.250 € Titor
4 Segundos premios de 1.000 € Alumnos - 500 € Titor
5 Terceiros premios de 500 € Alumnos - 250 € Titor
10 Accésit de 200 € Alumnos - 100 € Titor
O prazo para presentar traballos estará aberto ata o día 18 de agosto de 2018.
http://eustory.es/

xoves, 4 de xaneiro de 2018

O carné Xove lévache a neve


Se tes o Carné Xove, poderás beneficiarche de descontos de ata o 30% no aluguer ou compra de equipo deportivo. Ademais, moitas estacións tamén ofrecen descontos nas entradas ás súas instalacións de ata sete euros. Mesmo poderás conseguir descontos no traslado e aloxamento.
Estas ofertas durarán toda a tempada de neve 2017-2018.
Máis información:
http://www.injuve.es/sites/default/files/2017/52/noticias/document.pdf

luns, 1 de xaneiro de 2018

Proxecto LEWO



Queres participar nun proxecto de voluntariado na Comunidade Autónoma de Galicia?
Tes interese pola natureza e a contorna na que vives?
Presta atención.....
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (DXXPV), en colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural (DXPN) poñen en marcha o proxecto “Vida permanente con voluntarios” (Evergreen With volunteer) -acrónimo LEWO-, ao abeiro do programa LIFE 2016 do Corpo de Solidariedade Europeo.
Con este proxecto preténdese:
- Contribuír á redución do impacto que a acción humana ten sobre o Patrimonio Natural.
- Facer sustentable  o uso de recursos naturais.
- Promover a educación ambiental  e a participación cidadá no coidado da natureza.
O obxectivo final é potenciar  o patrimonio natural de Galicia  a través da creación dun grupo de mocidade voluntaria que ata xuño de 2019 realizará diferentes actividades dentro de 17 dos hábitats naturais da rede Natura 2000 e áreas especiais de protección de aves en Galicia.
As persoas voluntarias desenvolverán actividades de:
- Preservación e conservación de 17 áreas Natura 2000 de Galicia.
- Investigación (catalogación de flora e fauna de Galicia)
- Educación (Sensibilización, formación, exposición)

Se tes entre 18 e 30 anos e interésache participar nesta actividade de voluntariado ambiental, primeiro debes inscribirte como persoa voluntaria no Corpo Europeo de Solidariedade:
 http://europa.eu/youth/SOLIdARity_es
 (Portal Europeo da Xuventude)
Prazas: 300. Prevese unha reserva dun 10% das prazas para mozos e mozas con diversidade funcional.
Podes solicitar máis información:
No correo electrónico erasmus.xuventude@xunta.gal
No teléfono 881 999 567
life
 LIFE16 ESC ES 001