venres, 15 de xaneiro de 2021

Xela Arias. Letras galegas 2021

 

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Xela Arias, a autora homenaxeada en 2021 no Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística no momento en que esta viviu.

Poderán participar os centros docentes de ensino público non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Concederanse dous premios, un para cada unha das dúas categorías de participación.

Categoría A: educación infantil e primaria

Categoría B: educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

O centro que elabore a exposición gañadora de cada categoría recibirá un premio en metálico por un importe de 2.000 €.

O profesorado que participe de forma activa na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de primeiro premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado (30 para a persoa coordinadora).

prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o día 1 de marzo de 2021.

A solicitude de participación no concurso presentarase exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, mediante o procedemento xenérico PR004A: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A.

Ningún comentario:

Publicar un comentario