xoves, 18 de novembro de 2021

COMEZAMOS OS NOVOS CORRESPONDENTES XUVENÍS

 

 

 

 


 

 Este curso 2021-22, seremos o alumnado de 2º PMAR: Rodrigo, Manuel David, Ainhoa, Oumaima e Marta, os novos correspondentes xuvenís.

Actualizaremos este blog e tamén poremos información no taboleiro situado na pavillón A, na rampa de acceso á cafetería.

Alí terás información actualizada de cursos, ofertas de emprego, obradoiros, premios, concursos, concertos.... e novidades de interese para a mocidade do noso centro.

Esperamos que o noso servizo vos sexa útil. Calquera suxestión, será benvida. Podedes consultar con orientación.

Comezamos. Deixámosvos algúns enlaces de interese.

casa da xuventude Lalin

Xuventude concello Lalín 

xuventude.net 

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas.html 

 

 


CUSTOMIZA A TÚA ROUPA

 

 

 


 

Na Casa da Xuventude de Lalín, este venres 19 de novembro, de 18 a 20 horas, terá lugar un 

obradoiro para aprender a personalizar a túa roupa.

Está dirixido a mozo/as entre 14 e 30 anos.

Os interesado/as en participar podedes inscribirvos en: espazoxovelalin.xuventude@xunta.gal

ou chamar aos seguintes números  886 15 12 67-886 15 12 61

 

 

Animádevos a participar.