xoves, 16 de decembro de 2021

Parlamento Xove 2022

Un año más empieza a rodar la iniciativa de parlamento xove.

Este año el tema trata sobre si debería existir una regulación que garantice que youtubers e influencer desempeñen sus funciones correctamente.

Recuerda que puedes ganar un premio que consiste en un viaje valorado en 5.000 euros (categoría escolar)

Aquí encontraras mas información:

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/22185-parlameanto-xove-2022



  


xoves, 18 de novembro de 2021

COMEZAMOS OS NOVOS CORRESPONDENTES XUVENÍS

 

 

 

 


 

 Este curso 2021-22, seremos o alumnado de 2º PMAR: Rodrigo, Manuel David, Ainhoa, Oumaima e Marta, os novos correspondentes xuvenís.

Actualizaremos este blog e tamén poremos información no taboleiro situado na pavillón A, na rampa de acceso á cafetería.

Alí terás información actualizada de cursos, ofertas de emprego, obradoiros, premios, concursos, concertos.... e novidades de interese para a mocidade do noso centro.

Esperamos que o noso servizo vos sexa útil. Calquera suxestión, será benvida. Podedes consultar con orientación.

Comezamos. Deixámosvos algúns enlaces de interese.

casa da xuventude Lalin

Xuventude concello Lalín 

xuventude.net 

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas.html 

 

 


CUSTOMIZA A TÚA ROUPA

 

 

 


 

Na Casa da Xuventude de Lalín, este venres 19 de novembro, de 18 a 20 horas, terá lugar un 

obradoiro para aprender a personalizar a túa roupa.

Está dirixido a mozo/as entre 14 e 30 anos.

Os interesado/as en participar podedes inscribirvos en: espazoxovelalin.xuventude@xunta.gal

ou chamar aos seguintes números  886 15 12 67-886 15 12 61

 

 

Animádevos a participar.


mércores, 16 de xuño de 2021

 

15-06-21


OBRADOIRO DE PARKOUR

 

 

Aberto o prazo de inscrición para o Obradoiro de Parkour, esta actividade gratuíta, está destinada a rapazas e rapaces con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos. A actividade desenvolveranse o domingo 4 de xullo en horario de 16:30 a 19:30 no Espazo Xove de Lalín.

 

O obradoiro vai ser impartido por Gael Zarza profesor de Gravitty Humans in Motion especialista de body combat, ximnasia deportiva e parkour, cunha ampla bagaxe no ámbito deportivo tanto desde o punto de vista da páctica, monitorización  como do entrenamento físico.

 

Para solicitudes e información, no propio Espazo Xove de Lalín, 

ou chamando tlfno. 886 15 12 67, e-mail: espazoxovelalin.xuventude@xunta.gal





Espazo Xove Lalín
Rúa Penatores, 2
36500 Lalín
886151267


 


15-06-21

OBRADOIRO DIY TUNEANDO A TÚA ROUPA 

Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro DIY Tuneando A Túa Roupa, destinado a mozos e mozas entre 14 e 30 anos. 

O obradoiro terá lugar os días 21, 22 e 23 de xuño de 18:00 a 20:00 no Espazo Xove de Lalín. Actividade de balde que precisa de inscricións previas. 

Para máis información e inscricións, no propio Espazo Xove de Lalín, ou chamando tlfno. 886 15 12 67, e-mail: espazoxovelalin.xuventude@xunta.gal 






xoves, 10 de xuño de 2021

 

10-06-2021


PROXECTO EXPOSITIVO XUVENTUDE CREA, MÁIS DUNHA DÉCADA. 

UNHA MIRADA AO PASADO, UNHA MIRADA AO FUTURO 



O proxecto expositivo Xuventude Crea, máis dunha década. Unha mirada ao pasado, unha mirada ao futuro, está composto por unha treintena de pezas de disciplina tales como deseño de moda, graffiti, banda deseñada, pintura, escultura, fotografía e deseño de xoias; que configuran unha mostra multidisciplinar e multixeracional de artistas que formaron parte do programa Xuventude Crea. 

O proxecto preséntanos unha compilación da aposta cultural moza como motor da nosa sociedade, unha posta en valor da mocidade creadora autóctona que, nos máis de dez anos de vida deste certame, medrou e evolucionou baixo a atenta mirada das institucións que apostaron polo seu valor creativo e a súa proxección. 

A mostra que ten un carácter itinerante e que se pode ver no Espazo Xove de Lalín desde día 9 de xuño, reflexiona sobre os procesos de evolución, metamorfose e cambio que os e as artistas experimentan nas diferentes etapas da súa proxección. 

A temática convídanos a reflexionar sobre os puntos de partida, sobre os inicios, o transitar, os tempos mortos, os intermitentes, as caídas, as reformulacións, as interaccións, as metas e os finais; que dan pé a un novo inicio. 

Deste xeito, atopamos obras de artistas consolidados como Sheila Pazos, Thalita Dumont, Noelia Tojeiro Ramil, Ángel López Pérez, Iria Fafián, Miguel Aurelio Cajaraville , Fercho R. Miguélez, Margot Rodríguez Salvador, Paloma Tarrío Alves, Uxía Larrosa, Novenoel, Miguel Pérez Ramudo, Joan Morera Arbones, Lara Pintos, Ruth Miguel Díaz, David Fidalgo Omil, Rebeca Lar, Adrián Penido, Jonatan Blanco Pensado, Mar Ramón Soriano, Adriana Brantuas Arijón, Lis Mª García Calvo, David Catá, Alejandro Rego Díaz, Eva Antelo, Eva Soto Conde, Eva Baqueiro Gil, Lara Bande Huri, Sofía Rivas Souto, conxugando espazos onde reflexionar sobre os territorios físicos e emocionais, interiores e exteriores, prestándolle especial atención ao transitar que neles experimentamos e como estes son responsables e precursores dos nosos cambios. 

Obras que dialogan desde o arraigo ás raíces, a memoria e a importancia do colectivo para seguir avanzando. 

A exposición poderase visitar ata o 30 de xuño en horario de 9:00 a 14:00 e de 16.00 a 21:00 de luns a venres no Espazo Xove de Lalín. ESPAZO XOVE DE LALÍN

mércores, 9 de xuño de 2021

NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS relativas ao PROXECTO TI© EMPRENDES



 NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS relativas ao PROXECTO TI© EMPRENDES, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Deputación de Pontevedra.

 

Todas teñen 125 horas de duración, dentro das cales se inclúen 25 horas de formación específica en emprendimento e titorías individuais e grupais de orientación na búsqueda de procura de traballo por conta propia ou allea.

 


 

MODALIDADE AULA VIRTUAL E SESIÓNS PRESENCIAIS:

 

👉  GUÍA DE ITINERARIOS Ó AIRE LIBRE (GRUPO 2),con data de inicio o 29/06/2021 ao 06/08/2021. Este curso permite adquirir as técnicas necesarias para guiar grupos de usuarios/as de actividades de montaña e rutas en bicicleta que ímos facer a través de aula virtual e sesións prácticas presencias en espazos naturais (outdoor). Temos beca dispoñible para as sesións presenciais e se facilitará medio de transporte, de forma totalmente gratuíto, para acceder ao lugares de realización de ditas sesións para aquelas persoas que non teñan posibilidade de transporte propio.

 

👉 OPERARIO/A DE XESTIÓN LOXÍSTICA E DIXITAL DUN ALMACÉN (CON MÓDULO DE CARRETILLEIRO/A)

 

 

MODALIDADE AULA VIRTUAL:

 

👉COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

👉COMUNNITY MANAGER

👉 MARTEKING DIXITAL

👉 APLICACIÓN MÓBILES (APPS)

👉 CONTIDOS DIXITAIS: IMAXE, VIDEO E VIDEOXOGOS

👉 TENDAS ON LINE

 

 

 

📣Se tes entre 16 e 30 anos, non estás a traballar nin estudar, estás inscrita en garantía xuvenil(podemos axudarche a darte de alta) e vives 🏞️ nun concello rural, participa en TIC EMPRENDES!!!.

 

💪Unha oportunidade, INCRÍBETE XA!!!

 

📢Mais información nos teléfonos 886 217 320, 986 804 100 (ext.47320), móbil 649 109 776 (Herminia Dios) e na web https://www.depo.gal/tic-emprendes