luns, 12 de abril de 2021

Galiciencia 2021

 A Tecnópole e a axencia GAIN abriron o prazo de inscrición para os obradoiros de Galiciencia, a feira científico-tecnolóxica da nosa terra, que este ano volve en formato en liña para garantir ao máximo a seguridade das e dos participantes e tirar o máximo proveito das posibilidades que ofrecen as novas ferramentas de comunicación.

Galiciencia está dirixida a estudadntes de primaria, secundaria e bacharelato.

O evento celebrarase os días 26, 27 e 28 de maio, coa temática A innovación Pos-COVID a través da revolución do talento.

Está aberto o prazo para que a rapazada se inscriba nos talleres que se van desenvolver nesta edición; poderase facer ata o vindeiro 30 de abril a través de https://www.galiciencia.online/

Tamén podes participar presentando o teu propio proxecto a través do teu centro educativo

A cita abrirase o 26 de maio cun espectáculo científico dinámico e interactivo que versará sobre O mundo e as pandemias, en palabras da Tecnópole “unha aproximación á historia das grandes pandemias e á importancia da ciencia e a tecnoloxía para a súa solución”. Durante o espectáculo levaranse a cabo diferentes experiencias prácticas como a visualización das principais vías de contaxio empregando luz ultravioleta, ou a comprobación experimental da eficiencia das máscaras.

Os centros educativos recibirán un kit con materiais para que o alumnado poida desenvolver cada actividade

Os estudantes de Primaria poderán participar en dous obradoiros: Como pode voar un helicóptero en Marte?, inspirado na misión Mars2020 da NASA, sobre a que hai postas as esperanzas de lograr o primeiro voo con motor noutro planeta, e máis o taller CSI, un achegamento á relación entre ciencia e tecnoloxía e a investigación policial, mediante a resolución dunha misteriosa desaparición.

O alumnado de Secundaria poderá participar na actividade creativa Espiando a coroa, centrada en calcular a dimensión dun cabelo a través de luz láser. Tamén, en Microbioloxía para entender o mundo os/as rapaces/zss terán a oportunidade de descubrir, mediante exemplos cotiáns, como a microbioloxía xoga un papel fundamental tanto na nosa saúde como no noso día a día.

https://www.galiciencia.online/

martes, 23 de marzo de 2021

 

O Concello de Teo necesita contratar un/ha Tractorista/palista.
O prazo para presentarse ao concurso estará aberto ata o 7 de abril de 2021
Máis información no BOP da Coruña do 22 de marzo de 2021.

Bolsa de emprego de auxiliares do SAF en MondoñedoPublicado en

O Concello de Mondoñedo está a elaborar unha bolsa de emprego de pesoal para o Servizo de Axuda no Fogar.
O prazo para presentarse ao concurso estará aberto ata o 6 de abril de 2021
Máis información no BOP de Lugo do 20 de marzo de 2021.

O Concello de Valdouro necesita contratar un/ha Operario/a-condutor/a.
O prazo para presentarse ao concurso estará aberto ata o 26 de marzo de 2021
Máis información no BOP de Lugo do 20 de marzo de 2021

Convocadas polo sistema de oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles. Máis información: www.boe.es do 19 de marzo.
https://www.boe.es/boe/dias/2021/03/19/pdfs/BOE-A-2021-4344.pdf.

Convocada polo sistema de oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais. Máis información: www.boe.es do 22 de marzo.
https://www.boe.es/boe/dias/2021/03/22/pdfs/BOE-A-2021-4435.pdf.

Convocada polo sistema de concurso-oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais. Máis información: www.boe.es do 22 de marzo.
https://www.boe.es/boe/dias/2021/03/22/pdfs/BOE-A-2021-4434.pdf.

V Edición dos Premios Provinciais á Xuventude 2021

 

V Edición dos Premios Provinciais á Xuventude 2021
Se precisades mais información ou algunha aclaración sobre o contido da convocatoria ou a forma de solicitar a inscrición, non dubidedes en contactar con nos a través do correo electrónico cohesionsocialexuventude@depo.gal ou telefonicamente no 986 804 100






martes, 16 de marzo de 2021

 




 

A semana do 16 ao 20 de maio, os alumnos do IES Laxeiro de Lalín asistirán ás sesións da Escola Cooperativa Móbil, dentro da programación da campaña de divulgación das cooperativas promovida pola Consellería de Traballo e Benestar. Os monitores especializados na materia exporán a alternativa do cooperativismo como vía de acceso ao mercado laboral e guiarán aos estudantes no desenvolvemento de proxectos cooperativos, a través de charlas e obradoiros.

luns, 15 de marzo de 2021

33º Concurso de Fotografía 'Jesús e Adán'

 A Concellería de Mocidade do Concello de Las Rozas convoca o 33º Concurso de Fotografía 'Jesús e Adán', no que poderán participar de maneira individual, mozos e mozas non profesionais, entre 14 e 30 anos.

Cada participante poderá concorrer cun máximo de tres fotografas que se presentarán sen firma e sen nome do autor, pero cun título ou lema no dorso, onde ademais deberá indicarse a orientación (horizontal ou vertical).

Cada autor xunto coa solicitude entregará un sobre pechado en cuxo exterior figurará o lema ou título das fotografías e no seu interior detallaranse os datos persoais do artista (nome e apelidos, dirección, correo electrónico, teléfono e idade), ademais dunha fotocopia do DNI.

O tema, a técnica e o deseño das fotografías serán libres. As fotografías deberán presentarse cunhas medidas comprendidas entre un mínimo de 20 centímetros para o lado curto e un máximo de 40 centímetros para o longo. Nestas medidas deberá estar incluído a marxe, se o houbese. Deberán ir montadas sobre soporte lixeiro (cartolina ou cartón pluma).

As fotografías presentadas non deberán ser premiadas en ningún outro certame, perdendo todos os dereitos no caso de que a mesma obtivese algún premio.

prazo de admisión das obras será do 5 ao 14 de maio de 2021.

Premios
- Premio ás tres mellores fotos do mesmo autor: 500 euros.
- Premio á mellor foto: 400 euros.
- Premio á mellor foto de autor local: 300 euros.

As solicitudes de participación, as cales se poderán descargar na páxina web do concurso irán dirixidas xunto coas obras ao Centro da Mocidade, situado na Avenida Ntra. Sra. de  Retamar 8. 28232 Las Rozas.

https://www.lasrozas.es/juventud/concursos-rozasjoven/fotografia

martes, 9 de marzo de 2021




Probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores 2021

Convocadas as probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores do ano 2021. No portal www.edu.xunta.es/fp pódese consultar toda a información relativa a esta convocatoria. Nos arquivos adjuntos podedes informarvos de todo o relativo ao proceso desta convocatoria.

Na convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior para o ano 2021 as persoas solicitantes soamente poderán cubrir a solicitude de admisión ás probas a través da
aplicación informática "Ciclos probas" , que funcionará como asistente, desde a opción dispoñible na páxina www.edu.xunta.gal/fp/probas ou ben directamente na desde a seguinte ligazón:
(https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do). Polo tanto, os centros de inscrición soamente deberán recoger aquellas solicitudes que fueron realizadas a través da aplicación "Ciclos probas".

A aplicación informática Ciclos probas para a convocatoria 2021 estará disponible desde o día 18 de febrero.
O plazo de presentación de solicitudes para a inscripción as probas de acceso a ciclos formativos de  grao superior comenzará o 18 de febrero e finalizará o 3 de marzo de 2021.
O prazo de presentación de solicitudes para a inscripción as probas de acceso a ciclos formativos de  grao medio comenzará o 15 de marzo e finalizará o 26 de marzo de 2021.

 

- Orde do 21de xaneiro de 2021 que regula a convocatoria

- Calendario do proceso

- Información Probas de acceso a Ciclos Superiores

- Información Probas de acceso a Ciclos Medios

_ Guía do asistente informático grado superior

- Guía do asistente informático grado medio

 

venres, 5 de marzo de 2021

Canal de Whatsapp Xuventude

 Canal de WhatsApp Xuventude

Se tes entre 18 e 30 anos seguro que sabes que podes beneficiarte de numerosos descontos en comercios, actividades de ocio e transportes grazas ao Carné Xove. Seguro que sabes que podes acceder a bolsas para os teus estudos, para realizar prácticas formativas en Europa e mesmo viaxes a países tan interesantes como Xapón. Seguro que tamén coñeces os premios, certames e concursos nos que recoñecemos a creatividade e o talento xuvenil. E, por suposto, sabes que tes ao teu alcance numerosas accións de voluntariado e que mesmo podes desfrutar de estadías de fin de semana no rural galego cargadas de aventuras... ¿Ou non o sabías?

Se non sabías nada disto ou, se aínda coñecendo toda esta oferta, queres apuntarte antes que ninguén, esta mensaxe seguro que che interesa.

Desde a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, puxemos en marcha por primeira vez un canal de WhatsApp a través do cal damos a coñecer todos os programas, novidades e accións nas que podes participar como persoa nova. Ao mesmo tempo, respondemos tamén a todas as túas dúbidas, preguntas e inquedanzas.

Para poder sumarte a esta iniciativa precisamos o teu consentimento expreso, simplemente enviando un mail ao enderezo: xuventude-informacion.politicasocial@xunta.gal, indicándonos o teu número de móbil.

No asunto debes poñer: WhatsApp de Xuventude.

Esperamos recibir pronto noticias túas.