martes, 24 de xaneiro de 2017

Obradoiros LAV017



Os obradoiros organizados pola AC Senunpeso no Laboratorio Audiovisual de Vedra (LAV) pretenden poñer ao alcance de todos e todas unha formación que promova a autonomía creativa o eido audiovisual. Os cursos son impartidos por profesionais con anos de experiencia, que enfocan a formación cun carácter eminentemente práctico.
O LAV é tamén unha oportunidade para poñerse en contacto con profesionais a través da intensidade da convivencia durante toda a fin de semana. De feito, de anteriores edicións do LAV teñen saído interesantes colaboracións entre alumnado e profesorado.
Datas: 17,18 e 19 de febreiro de 2017 en Vedra
Bótalle un vistazo aos cursos deste ano. Ademais dos obradoiros de pago, hai tres cursos de balde, dous para rapazada e un para xente maior:
Obradoiros:
Xogando coa holografía
Videoproxeccións para espectáculos en vivo
Timelapse avanzado: controlando a luz en movimento
Música electrónica con materiais cotiáns
A costela de Adán (Interpretación)
Luz escénica
Escritura de diálogos para TV (e cine)
Edición de video para principiantes
A arte da cinematografía
Cámara ENG
Radio para maiores
A montaxe audiovisual

Máis información: http://senunpeso.org/lav017/obradoiros-lav017

Caso Acoso



@casoacoso é unha iniciativa contra o acoso escolar da Delegación de Alumnos de Dereito de Ourense.
O artigo 15 da Constitución española recolle que entre os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns está que “todos teñen dereito á vida e á integridade física e moral, sen que, en ningún caso, poidan ser sometidos a tortura nin penas ou tratos inhumanos ou degradantes”. Explicando este artigo, os membros da Delegación de Alumnos da Facultade de Dereito do campus de Ourense comezan cada unha das sesións que están a desenvolver.
Os estudantes hoxe universitarios, pero hai poucos anos rapaces e rapazas como os que hoxe asisten ás súas charlas, volven ás aulas de Educación Secundaria Obrigatoria para contribuír a que o alumnado sexa consciente do que é o acoso e das súas consecuencias. Para acadalo, as sesións contan co testemuño en primeira persoa de estudantes universitarios que viviron durante a súa etapa na ESO situacións de acoso.
A actividade proposta divídese en diferentes bloques de actuación. O primeiro está formado por charlas que se realizan nos propios centros e o segundo será unha sesión que se celebrará en maio no campus de Ourense como peche de toda a programación.
Co proxecto xa en marcha, os centros educativos interesados en acoller algunha das sesións da campaña Caso Acoso poden pórse en contacto coa Delegación de Alumnos da Facultade de Dereito para acoller unha nova edición desta iniciativa. Igualmente, desde a súa organización convidan a outras delegacións de alumnos interesadas en levar a cabo iniciativas similares a que se poñan en contacto con eles para intercambiar información e boas prácticas.
https://www.facebook.com/casoacoso/?ref=nf

https://twitter.com/CasoAcoso

venres, 20 de xaneiro de 2017

Axudas ao aluguer de vivenda

vivenda


















A  Consellería de Infraestruturas e Vivenda convoca as subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda para o ano 2017
Persoas destinatarias:
a) Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron a interposición pola persoa arrendadora dunha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.
b) As das vítimas de violencia de xénero que teñan dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na Rede galega de acollemento para este colectivo e adscrito a unha Administración pública.
c) Aquelas con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.
d) Aquelas que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, rematasen o período máximo de desfrute desa axuda dentro dos nove meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do Programa de bono alugueiro social.
e) Aquelas que, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo finalizase a vixencia do seu contrato.
f) Aquelas que, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa.

Requisitos:a) Que estean empadroadas en  Galicia durante, polo menos, os 12 meses anteriores á data da presentación da solicitude da axuda.
b) Que sexan titulares ou estean en condicións de subscribir un contrato de arrendamento nun concello de Galicia.
c) Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa ou vaia constituír o seu domicilio habitual e permanente.
d) Que a renda do contrato de arrendamento que se subvencione non supere os importes sinalados no artigo 6.
e) Que os ingresos ponderados da unidade de convivencia da persoa beneficiaria, sexan inferiores a 1,5 veces o IPREM.
f) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia teña vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora.
g) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña no territorio nacional unha vivenda en propiedade ou en usufruto.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 20 de novembro de 2017.As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento VI482A
Máis información no DOG do 18 de xaneiro de 2017 e en http://igvs.xunta.gal/

Prevención e loita da violencia de xénero. Coñecer para actuar

violenxidexeneroconlogos




















A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade organiza unha formación en prevención e loita da violencia de xénero.Definición da acción formativa: Prevención e loita da violencia de xénero. Coñecer para actuar.
Destinatarios/as: Persoal das OMIX, técnicos de xuventude e persoas interesadas na temática.
Criterios de selección: terá preferencia o persoal das OMIX e os técnicos de xuventude.
Duración: 10 horas distribuidas en 2 días.
Nº asistentes por grupo: 25 máximo
Obxectivos xerais: Coñecer e entender a orixe da violencia de xénero.
Incorporar boas prácticas profesionais para a prevención, a detección e a información ante posibles casos de violencia de xénero.
Contidos xerais:
Concepto e tipificación da violencia de xénero.
Ciclo da violencia de xénero. O bo trato.
Falsas crenzas da violencia de xénero. Mitos, estereotipos  e realidades
Consecuencias da violencia de xénero nas mulleres e nos seus fillos e fillas.
A trata de mulleres e nenas con fins de explotación.
Recursos e programas de atención a vítimas de violencia de xénero en Galicia
Lugar e horario:
Lugo: Residencia LUG2,  8 e 9 de febreiro de 10h a 15h. Prazo aberto ata o 3 de febreiro. Teléfono 881 997 606
Betanzos: Espazo Xove de Betanzos, 13 e 14 de febreiro de 16h a 21h. Prazo aberto ata o 8 de febreiro. Teléfono 981 774 089
Solicitudes:
Lugo: Formación na Residencia LUG2
Betanzos: Formación no Espazo Xove de Betanzos

Axudas para a matrícula universitaria en Galicia

estudantess














A Consellería de Educación convoca axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso 2016/17.
Requisitos:Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.
Estar matriculado en segundo e posteriores cursos nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2016/17 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes a unha titulación oficial de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño (BOE nº 160, do 5 de xullo), nunha universidade do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao cal lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, que deberá de estar matriculado como mínimo de 45 créditos.
Ter sido beneficiario/a da bolsa de carácter xeral do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no curso académico 2014/15 ou no 2015/16 e non ter obtido a bolsa no curso 2016/17.
Ter superado no curso 2015/16 a seguinte porcentaxe dos créditos matriculados, excluíndo os validados, recoñecidos ou adaptados:
– En estudos pertencentes á rama de coñecemento de Ensinanzas Técnicas (enxeñaría ou arquitectura), igual ou superior ao 60 % e menos do 65 %.
– En estudos pertencentes ás ramas de Artes e Humanidades ou de Ciencias Sociais e Xurídicas, igual ou superior ao 80 % e menos do 90 %.
Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula.
Que a renda da unidade familiar non supere os seguintes limiares:
Familias de 1 membro: 14.112,00 €.
Familias de 2 membros: 24.089 €.
Familias de 3 membros: 32.697 €.
Familias de 4 membros: 38.831 €.
Familias de 5 membros: 43.402 €.
Familias de 6 membros: 46.853 €.
Familias de 7 membros: 50.267 €.
Familias de 8 membros: 53.665 €.
A partir do oitavo membro engadiranse 3.391 € por cada novo membro computable da familia.

A dotación asignada a cada beneficiario/a será a do importe total da matrícula, incluídas as taxas, que é dun máximo de 862,90 € para as titulacións encadradas dentro da rama de Enxeñaría e Arquitectura e grao en Belas Artes e dun máximo de 618,10 € para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas
A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED441D dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de febreiro de 2017
Máis información no DOG do 16 de xaneiro de 2017

Cursos de inmersión en lingua inglesa

IDIOMAINGLES  
O Ministerio de Educación e Ciencia convoca 14.000 axudas para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Requisitos:
Poderán solicitar estas axudas os mozos que non cumprisen 30 anos a 31 de decembro de 2017 e que obtivesen a condición de bolseiro para Ensinanzas Universitarias, Ensinanzas Artísticas Superiores, outros estudos Superiores ou Formación Profesional de Grao Superior nalgunha das seguintes convocatorias:
Curso 2014-2015, convocadas no BOE do 7 de agosto, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
Curso 2015-2016, convocadas no BOE do 6 de agosto, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
Dotación:A obtención da axuda comportará a cobertura de todos os gastos inherentes á participación no curso con excepción de 100 euros en concepto de reserva de praza e dos gastos de desprazamento á sede do curso que lle sexa asignado que serán de conta do participante
Quen resulte beneficiarios da axuda poderán participar nun curso de axilidade oral en inglés cunha duración de cinco días e que se desenvolverá en réxime de internado de domingo pola tarde a sábado ao mediodía, nalgún dos seguintes emprazamentos: Santander, Madrid, A Coruña, Conca, Valencia, Sevilla, Selecta, Tenerife, La Línea de la Concepción, Barcelona, Aragón e Cartaxena.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de febreiro de 2017.
As solicitudes poden tramitarse en http://www.mecd.gob.es/, en trámites e servizos.
Máis información no BOE do 17 de xaneiro de 2017
http://www.uimp.es/actividades-academicas/cursos-de-inmersion-en-ingles.html
 

xoves, 19 de xaneiro de 2017

Concurso Reporteiros na Rede 2016-2017



A obra social de Ibercaja convoca o concurso Reporteiros na Rede 2016-2017 é unha proposta de ámbito nacional creada co fin de fomentar o interese dos estudantes pola ciencia, a tecnoloxía e a educación financeira.
Reporteiros na Rede ten dúas áreas temáticas: ciencia-tecnoloxía e educación financeira, e dúas modalidades: artigo escrito e peza audiovisual curta (vídeo). Os alumnos interesados poderán optar por participar nunha das temáticas ou nas dúas e poden facelo usando unha das modalidades ou ambas. Por tanto, un alumno podería participar ata en catro obras de diferente temática e modalidade.
Obxectivos:
Complementar a formación e a educación dos alumnos participantes a través do uso e manexo das Tecnoloxías da Información e Comunicación-TIC.
Incentivar e adestrar aos estudantes no labor de investigación, individual ou en equipo, e na procura da información, dos coñecementos e conceptos necesarios para levar a cabo un traballo de divulgación.
Mellorar a destreza do alumno no uso da internet como fonte de información útil para os seus estudos curriculares e outros coñecementos que complementen a súa formación académica.
Requisitos: Poderán participar todos os estudantes de ESO, Bacharelato ou Ciclos Formativos (idade límite 20 anos) de centros educativos españois, coordinados por un profesor do seu centro.
Premios:
Artigo escrito: para os traballos gañadores, ademais dun diploma acreditativo, concederanse os seguintes galardóns independentemente do número de autores. Bacharelato e Ciclos Formativos: premio por valor de 1.000 €. ESO: premio por valor de 1.000 €
Peza audiovisual curta (vídeo): para os traballos gañadores, ademais dun diploma acreditativo, concederanse os seguintes galardóns independentemente do número de autores. Premio por valor de 1.000 €. Os profesores coordinadores dos traballos premiados recibirán unha gratificación en efectivo en recoñecemento ao seu interese e dedicación.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 17 de febreiro de 2017
Más información en http://www.injuve.es/eu/convocatorias/premios/concurso-reporteros-en-la-red-2016-2017#sthash.i1o9tvoF.dpuf

luns, 16 de xaneiro de 2017

Concurso Europeo de Creación Audiovisual "CTL 59 segundos"




CTL Formación Imaxe e Son convoca o Cuarto Concurso Europeo de Creación Audiovisual "CTL 59 segundos"
Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas con nacionalidade e/ou residencia en Europa, que individualmente ou en grupo e que, sendo maiores de 16 anos, presenten obras cuxa duración máxima sexa de 59 segundos, incluíndo os títulos de crédito. Non se admitirán obras que excedan ese tempo, nin vídeos comerciais ou anuncios.
O obxectivo do concurso é difundir, impulsar e incentivar a realización de traballos de videocreación. Diríxese especialmente a estudantes e afeccionados e tamén profesionais que queiran dar a coñecer, de forma presencial e on-line, creacións audiovisuais que teñan valor artístico e técnico cunha duración máxima de 59 segundos.
O tema dos vídeos realizados (desenvolvemento dunha idea temática ou liña narrativa) será de libre elección e os contidos dos traballos poden ser de ficción ou de natureza documental. O xurado valorará especialmente a orixinalidade, a creatividade e a experimentación visual, conceptual e formal das obras.
A entrega dos traballos, de tema ou asunto libre, terá as seguintes características:
Formato de vídeo mp4 con codificación H.264 e unha resolución de 1920×1080 ou 1280×720 píxeles cadrados, a 25, 50 ó 60 fotogramas por segundo e escaneo progresivo.
Todas as obras estarán subtituladas en castelán e/ou inglés, sempre que se inclúan diálogos, voz en off ou textos.
Cada participante poderá presentar un máximo de 3 traballos.
Premios: a) Premio ao mellor traballo de creación audiovisual 2017 "CTL 59 segundos" (diploma e 1.000 €).
b) Mención Especial do Xurado ao mellor realizador de Navarra (diploma).
c) Mención Especial do xurado ao mellor traballo experimental (diploma).
O prazo para presentar obras estará aberto ata o 28 de febreiro de 2017

http://www.ctl-online.com/proyectos/concurso-ctl59-segundos/

domingo, 15 de xaneiro de 2017

Science without Border, certame de artes visuais para estudantes




2.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE
Living Oceans Foundation
3.- DESTINATARIOS
Para estudantes de entre 11 e 19 anos, de calquera país do mundo
4.- DATA LÍMITE
24/04/2017
5.- MÁIS INFORMACIÓN
O tema central é Reef SuperSpecies (as súper especies dos
arrecifes). Os traballos serán en dúas dimensións e realizados en pintura,
debuxo, lapis, rotulador, tinta ou óleo
6.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO

venres, 13 de xaneiro de 2017

Youtubeir@s, concurso de vídeos na Rede




Youtubeir@s, concurso de vídeos na Rede transcorre do 1 de decembro de 2016 ao 28 de abril de 2017.
As persoas participantes deben inscribirse a través do formulario que figura na web http://www.youtubeiras.gal/
Todos os vídeos participantes teñen que estar publicados na plataforma de vídeo Youtube (sen restricións de privacidade) antes do 28 de abril de 2017 coas etiquetas #youtubeiras #youtubeiros na descrición.
Poden participar todas as persoas maiores de 14 anos que queiran transmitir algún coñecemento e/ou opinar sobre algún tema que lles interese a través de vídeos autoproducidos.
Cada autor ou autora pode inscribir tantos vídeos como desexe. No momento da inscrición o autor ou autora debe escoller a categoría na que quere inscribir cada vídeo: vídeo-facermos ou vídeo-opinarmos.
A duración máxima de cada vídeo presentado é de 5 minutos.
Os vídeos teñen que estar realizados en galego.
Os vídeos participantes deben estar licenciados baixo calquera das licenzas Creative Commons
Fican expresamente excluídos os traballos de índole comercial ou publicitaria e aqueles vídeos que promovan unha mensaxe violenta, denigrante ou ofensiva.
A entrega dos premios realizarase nun acto público que se anunciará con antelación publicamente.
Establécense dúas categorías de participación segundo o contido:
Vídeo-facermos, Vídeo-titorial no que se mostran saberes e procesos de elaboración para que outra xente os poida aprender. Por exemplo, unha receita, un truco de maxia, o uso dun programa informático, manualidades…
Vídeo-opinarvos, Vídeo no que, de xeito argumentado, se expón unha opinión ou valoración arredor dun tema de interese. Por exemplo, sobre un libro, un filme, unha serie, sobre temas de actualidade, moda ou tendencias…
Premios:Categoría Vídeo-facermos: 1.000 €
Categoría Vídeo-opinarvos: 1.000 €
Haberá catro mencións honoríficas:
Creatividade: 500 €
Eficiencia comunicativa: 500 €
Calidade educativa: 500 €
Calidade lingüística: 500 €
Criterios de valoración:
Enxeño e creatividade. Valorarase a orixinalidade da peza a nivel visual, sonoro, do propio contido e do xeito de transmitilo.
Calidade técnica da peza tanto a nivel visual como sonoro.
Eficiencia comunicativa do vídeo na transmisión do contido tanto a nivel oral como visual. Valoraranse as dotes interpretativas e o uso dos recursos propios da linguaxe audiovisual e a súa capacidade de incidencia no público.
Calidade lingüística. Valorarase o uso coidado e correcto da lingua en todas as súas variantes dialectais (calidade fonética, léxica, sintáctica, etc.)

http://youtubeiras.gal/bases

xoves, 12 de xaneiro de 2017

Superkids Online: contra o acoso en internet




"European Superkids Online" é un proxecto integrado no Programa Daphne III, financiado pola Comisión Europea, que ten como principal obxectivo o fortalecemento dos menores contra a violencia online, a través de módulos e-learning. Os países e organizacións que conxuntamente colaboraron neste proxecto son Italia (Save the Children Italy), Polonia (Nobody´s Children Foundation), Dinamarca (Save the Children Denmark) e España (PROTÉGELES).
Actualmente, existe unha gran preocupación a nivel internacional polo incremento da violencia online entre os menores. A ampla difusión das novas tecnoloxías permitiu a aparición e expansión de fenómenos como o ciberbullying, ou acoso escolar a través das novas tecnoloxías, no que se mesturan outras situacións como as usurpacións de identidade, as ameazas, calumnias, inxurias e outras.
Ademais deste problema, sucédense outro tipo de situacións conflitivas na Rede que tamén requiren especial atención e tratamento. Problemas como o grooming (acoso sexual a través das novas tecnoloxías), o sexting (envío de imaxes con contido sexual ou exhibicionista) e, en xeral, todo aquilo relacionado cos perigos derivados da falta de privacidade na internet, poñen de manifesto a necesidade de intervir para evitalos, ou afrontalos con éxito unha vez que se produciu.
Dentro deste Proxecto, cada país personalizou os temas para tratar en función das necesidades detectadas entre os menores. En España, PROTÉXELLES levou a cabo unha serie de enquisas e entrevistas cos menores que puxeron de manifesto a necesidade de traballar con eles, ademais do Ciberbullying, a importancia de coidar a súa privacidade cando están na Rede.
Os módulos e-learning están especificamente deseñados e adaptados para os menores de 10 a 13 anos. Os pais, profesores e educadores poden facer uso destes módulos para traballar co devandito colectivo.
A contorna escolar é un lugar idóneo para enriquecer a experiencia dos estudantes no mundo dixital, así como para formarlles no uso seguro e responsable das TIC. En moitas ocasións, profesores e educadores manifestou a necesidade de materiais e recursos específicos para poder traballar sobre estes temas na aula. Esta guía pretende ser un recurso no que atopar a información e material necesario para formar aos menores, e reflexionar con eles sobre nestas cuestións na súa contorna escolar e/ou familiar.
Este material, por tanto, ponse tamén a disposición dos pais e nais implicados activamente na formación dixital dos seus fillos. Nesta guía acharán información e recursos necesarios para poder traballar desde casa este tipo de fenómenos.
Con esta idea xorde o proxecto "European Superkids Online" dentro da Unión Europea, co obxectivo de poñer a disposición dos colectivos implicados un recurso, con información teórica e actividades prácticas (vídeos, estudo de casos, test...) para formar e previr condutas de risco na abordaxe do ciberbullying, e no desenvolvemento da protección da privacidade online.
Máis información en http://yocontrolo.es/

Recursos online: http://yocontrolo.es/recursos_web.php

mércores, 11 de xaneiro de 2017

InterRail 2017



InterRail é un pase que permite viaxar na maioría dos trens dentro dos 30 países participantes, con diferentes períodos de validez, e a calquera idade (estudantes, mochileiros, familias, etc).
A súa orixe remóntase a 1972, cando foi concibido como un billete de tren para que os mozos de ata 21 anos puidesen viaxar libremente durante un período de ata un mes polos países europeos. Tratábase dunha experiencia única que ampliaba as fronteiras ata chegar a 20 países europeos.
Actualmente pode ser adquirido por persoas con residencia permanente en Europa durante polo menos os seis meses previos á compra e, en España, pódese adquirir a 3 meses antes da data do primeiro día de validez.
Hai dúas variantes:
"Youth" destínanse a mozos que non teñan cumpridos 26 anos o primeiro día de validez do pase.
"Senior" destínanse a adultos con 60 anos cumpridos o primeiro día de validez do pase.
Existen dúas modalidades:
Interrail Global Pass, nas compañías participantes de todos os países membros de Interrail.
Interrail One Country Pass, no ámbito da compañía participante do único país indicado no pase.
O billete InterRail pode adquirirse na web de RENFE, así como máis información en Atención ao cliente, teléfono 902320320.

Prezos de interrail 2017: https://ssl.renfe.com/comprabilletes/precios_IR_2017.html

martes, 10 de xaneiro de 2017

Bolsas no Parlamento de Galicia



O Parlamento de Galicia convoca bolsas de formación:
3 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
1 bolsa de formación en comunicación institucional.
2 bolsas de formación en publicacións.
1 bolsa de formación en informática.
1 bolsa de formación en xestión parlamentaria
.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 24 de xaneiro de 2017
As bases están dispoñibles en http://www.parlamento.gal/sitios/web/contenidogal/informacioninstitucional/Becas.aspx

Máis información no DOG do 2 de xaneiro de 2017

Corpo Europeo de Solidaridade



A Unión Europea, convoca esta iniciativa para que os xóvenes entre 18 e 30 anos, poidan participar como voluntarios ou colaboradores en proxectos nos seus propios países ou no estranxeiro. A duración do voluntariado é entre 2 e 12 meses, e ocupa diversos campos como educación, saúde, integración social, aistencia suministro alimentos, recepción de migrantes, etc,,
Máis información: https://ec.europa.eu/info/eu-solidarity_es
https://europa.eu/youth/SOLIDARITY_es

luns, 9 de xaneiro de 2017

Axudas complementarias a Erasmus+



A Consellería de Educación convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2016/17.
As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de tres meses.
As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no programa Erasmus+:
a) De 175 euros/mes para un país de destino do grupo 1.
b) De 145 euros/mes para un país de destino do grupo 2.
c) De 105 euros/mes para un país de destino do grupo 3.
A listaxe de países por cada un dos tres grupos é a seguinte e pódese consultar na guía do programa Erasmus+ no enlace da Comisión Europea:
http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/documents/erasmus-plus-programme-guide_es.pdf

A presentación das solicitudes realizaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED417A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de febreiro de 2017.Máis información no DOG do 2 de xaneiro de 2017 e en orientacion.sug@edu.xunta.es

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior



A Consellería de Educación convoca probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.
O prazo de presentación será entre os días 13 e 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal/ co procedemento ED312C
Estrutura e organización da proba:
a) Parte sociolingüística:
– Lingua Castelá.
– Lingua Galega.
– Ciencias Sociais.
b) Parte matemática:
– Matemáticas.
c) Parte científico-técnica:
– Ciencias da Natureza.
– Tecnoloxía.
Realización da proba:
As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 31 de maio de 2017
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.
O prazo de presentación será entre os días 6 e 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal/ co procedemento ED312D
Estrutura da proba:
a) Parte común:
– Lingua Galega.
– Lingua Castelá.
– Matemáticas.
b) Parte específica. Organizarase con base en tres opcións, A, B e C, en función das familias profesionais e os ciclos formativos aos cales posibilita o acceso. A persoa aspirante deberá elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a solicitude de inscrición para a proba, escollendo dúas das tres materias das cales desexe que se lle examine:
– Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira (inglés ou francés), e Filosofía.
– Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial, e Física.
– Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química, e Bioloxía.
As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 20 de abril de 2017

Máis información no DOG do 5 de xaneiro de 2017 e en www.edu.xunta.es/fp

luns, 2 de xaneiro de 2017

Convocatoria tráiler de animación dun libro


O Centro virtual Ler.es, dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España (MECD) e dedicado ás alfabetizacións múltiples como ferramenta de coñecemento e aprendizaxe está a crear dun BIBLIOTRÁILER no que se recollan os mellores tráileres de animación baseados nunha obra literaria presentados polos centros docentes.
Obxectivos
Promover o desenvolvemento da competencia lingüística e a conciencia e expresións culturais a través das novas tecnoloxías, ademais da alfabetización audiovisual.
Axuntar o fomento da lectura co desenvolvemento de técnicas de animación e o uso das novas tecnoloxías.
Participantes
A convocatoria está dirixida a estudantes que cursen durante o período 2016-2017 algunha dos seguintes ensinos oficiais:
a) Terceiro Ciclo de Educación Primaria.
b) Educación Secundaria Obrigatoria.
c) Bacharelato.
A participación na convocatoria realizarase a través do centro docente no que o alumnado estea a cursar os seus estudos.
Requisitos dos proxectos.
1. En todos os casos, os proxectos serán orixinais e serían realizados durante o curso 2016-2017.
2. O proceso da realización do tráiler poderá seguir os pasos indicados na guía didáctica proposta (que se pode consultar en ler.es). Ao final da obra audiovisual deberá aparecer a modalidade de participación, o curso dos participantes e o nome do centro educativo.
3. O tráiler durará entre 30 e 90 segundos.
4. O formato dos vídeos pode ser AVI, MP4 ou MPEG.
5. Opcionalmente, o proxecto pode incluír medidas de atención á diversidade como a transcrición e subtítulos, así como entregar os materiais de preprodución en formato dixital.
Criterios de valoración
1. A calidade artística dos traballos, prestando especial atención ás técnicas de animación empregadas.
2. A calidade lingüística dos traballos, a súa capacidade de síntese e o guión literario.
3. A orixinalidade e creatividade ao explorar enfoques innovadores.
Prazo de presentación: Ata o 16 de maio de 2017.

Máis información: http://leer.es/documents/235507/525633/Bases+convocatoria+2016-2017/73ca9343-dff5-4362-8949-47d8cdfafafc

Voluntariado Ambiental en Parques Nacionais



A Oficina Ecocampus UAM xunto a Amigos da Terra ofertan de novo este ano os Campos de Voluntariado Ambiental en Parques Nacionais. Esta iniciativa, promovida polo Organismo Autónomo Parques Nacionais do Ministerio de Medio Ambiente, tenta contribuír á concienciación ambiental a través do desenvolvemento de proxectos e actividades nos diferentes espazos que compoñen a Rede de Parques Nacionais, así como nas Leiras e Centros adscritos ao citado Organismo.
Abrirase a convocatoria a partir de xaneiro de 2017
Os Campos de Voluntariado Ambiental repartiranse en 4 Parques Nacionais: Táboas de Daimiel, Illas Atlánticas de Galicia, Monfragüe e Sierra Nevada. A duración dos mesmos varía segundo o Parque de que se trate, sendo de entre 4 e 14 días.

http://www.uam.es/servicios/ecocampus/especifica/part_campos.htm

domingo, 1 de xaneiro de 2017

Erasmus para mocidade emprendedora



O Programa Erasmus para Mocidade Emprendedora axuda aos aspirantes europeos a empresarios a adquirir as habilidades necesarias para crear e/ou dirixir con éxito unha pequena ou mediana empresa en Europa. Os novos emprendedores adquiren e intercambian coñecementos e ideas de negocio con empresarios experimentados con quen convive e colaboran durante períodos de entre 1 e 6 meses. A estancia está parcialmente subvencionada pola Comisión Europea.
Vantaxes
Como novo/a emprendedor/a, beneficiaraste dunha formación en prácticas nunha pequena ou mediana empresa en calquera outro país participante. Isto facilitará un bo comezo do teu negocio ou fortalecerá a túa nova empresa. Tamén poderás beneficiarche do acceso a outros mercados, da cooperación internacional e das posibilidades de colaboración con socios no estranxeiro.
Como empresario/a de acollida, poderás beneficiarte das novas ideas que un/a novo/a emprendedor/a motivado/a pode achegar á túa empresa. Quizais coñeza ou estea especializado/a en unha área que ti non dominas e que podería complementar os teus coñecementos. A maioría dos empresarios de acollida gozaron tanto da experiencia que decidiron acoller a outros emprendedores ao finalizar o intercambio.
É, sen dúbida, unha colaboración beneficiosa para ambos, grazas á cal poderedes descubrir novos mercados europeos, atopar socios ou coñecer distintas maneiras de facer negocios.
De fronte ao futuro, beneficiarédesvos da oportunidade de establecer unha ampla rede de contactos; ademais, talvez decidades continuar colaborando e facervos socios a longo prazo (p. ex. en empresas conxuntas, subcontratando actividades, establecendo relacións de contratista-provedor, etc.).
Funcionamento global do programa
O programa "Erasmus para Mozos Emprendedores" está financiado pola Comisión Europea e opera en 37 paises con axuda dos puntos de contacto locais, cuxa labor é apoiar ás empresas (p. ex. cámaras de comercio, centros de apoio á iniciativa empresarial, viveiros de empresas etc.). As súas actividades están coordinadas a nivel europeo pola Oficina de Apoio do programa.
Puntos de contacto locais:http://www.erasmus-entrepreneurs.eu/page.php?cid=05&pid=018&ctr=ES&country=España

Guía en inglés do programa