venres, 30 de decembro de 2016

mércores, 28 de decembro de 2016

Nós tamén creamos!



A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan as bases e os premios ás curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2016/2017.
Premios:
Establécense tres categorías para as que se convoca cadanseu premio:
Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil.
Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria.
Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria.
O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.
O prazo de presentación das solicitudes rematará o día 9 de febreiro de 2017.

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias?content=/Portal-Lingua/Contido/convocatoria/Premios/convocatoria_0046.html

luns, 26 de decembro de 2016

Consumópolis12, Internet: fas un uso responsable?



O Instituto Galego de Consumo convoca este programa educativo en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
O obxectivo deste programa é a realización dun proxecto que permita reflexionar de xeito consciente, crítico e solidario, sobre distintos aspectos do consumo responsable mediante a participación nun xogo pedagóxico virtual e nun concurso escolar a nivel estatal. A temática deste curso é a internet: “Consumópolis 12. Internet, fas un uso responsable?”.
Obxectivos específicosPara o alumnado:Adquirir habilidades básicas que lle permitan realizar un consumo responsable na súa vida cotiá.
Coñecer os recursos e as ferramentas para solucionar problemáticas de consumo.
Manexar de xeito consciente e responsable as tecnoloxías da información e da comunicación.
Para o profesorado:
Comprender a importancia e o significado de realizar un consumo responsable e trasladalo ao seu alumnado.
Coñecer e manexar os recursos e as ferramentas para traballar estes contidos e transmitirllas ao seu alumnado.
Aumentar as habilidades de uso das Tecnoloxías da Información e da  Comunicación.
Para o resto da comunidade educativa:Colaborar e participar de xeito activo nas iniciativas sobre consumo responsable promovidas polo alumnado participante no proxecto.
Ser consciente da importancia de desenvolver actitudes e comportamentos cara un consumo máis crítico.
Fases:
Consumópolis consta de dúas fases:
- Primeira fase: Percorrido pola cidade virtual de Consumópolis:
Na primeira parte do concurso, o alumnado participa no xogo pedagóxico virtual desenvolvido a través da plataforma http://consumopolis.es/, no que terá que completar o percorrido pola cidade virtual de Consumópolis, resolvendo diferentes probas, de carácter pedagóxico e lúdico.
Cada centro participante formará equipos de 5 alumnos/as, coordinados por 1 docente (un mesmo docente poderá coordinar varios equipos, pero os concursantes só poderán inscribirse nun equipo), e divididos en 3 categorías de participación:
Categoría 1: 5º e 6º curso de primaria.
Categoría 2: 1º e 2º curso de ESO.
Categoría 3: 3º e 4º curso de ESO.
Para pasar á segunda fase é preciso que os cinco membros do equipo completen o percorrido.
- Segunda fase: Realización dun traballo en equipo.
Nesta edición os equipos terán que realizar un blogue, no que se reflicta un uso responsable de Internet e das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) desde o punto de vista do consumo. Isto implica o estudo e a reflexión sobre cuestións como: as vías de acceso a Internet; os modos de uso das redes sociais; os tipos de produtos TIC consumidos; a reflexión sobre os seus riscos ou como realizar un consumo responsable destes produtos; compra segura e responsable; dereitos e obrigas das persoas consumidoras; formas de pago seguro...
Este traballo poderá optar a dúas convocatorias de premios, unha autonómica e outra nacional.
As dúas fases poderán desenvolverse entre o 15/10/2016 e o 07/04/2017.
Produto final
Creación dun blogue no que se reflicta un uso responsable de Internet e das TIC dende o punto de vista do consumo responsable.
Premio:Os traballos realizados poderán participar en dúas convocatorias de premios, unha autonómica e outra nacional:
Convocatoria autonómica: Concederanse tres premios en metálico de 1.000, 600 e 300 € para os traballos clasificados respectivamente en primeiro, segundo e terceiro lugar por cada unha das categorías de participación. A convocatoria para optar a estes premios publicarase no DOG durante o primeiro trimestre de 2017.
Convocatoria nacional: Os primeiros clasificados na convocatoria autonómica representarán á Comunidade Autónoma de Galicia na convocatoria nacional. Os premios nacionais consistirán nun computador portátil ou tableta para cada un dos cinco concursantes e o docente que coordinara ao equipo gañador. Ademais, recibirán un diploma acreditativo como gañadores. Os centros aos que pertenzan os equipos gañadores recibirán un premio en metálico de 2.000 euros e un diploma acreditativo para o centro.

Máis información: https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/proxectos/consumopolis

mércores, 21 de decembro de 2016

X Certame de Poesía Concello de Mugardos



O Concello de Mugardos convoca o X Certame de Poesía “Concello de Mugardos” 21 de marzo - Día da Poesía
Establécense tres categorías:
ata 12 anos
de 13 a 17 anos
iguais ou maiores de 18 anos.
Cada concursante poderá presentar unha única poesía, que se axustará ás seguintes normas:
O tema e libre.
As poesías estarán escritas en galego, en formato DIN A4 por unha cara (extensión máxima), a dobre espazo, corpo de letra 14 e encabezada polo título.
As poesías terán que ser orixinais, inéditas e non premiadas en calquera outro tipo de concurso.
Achegaranse dúas copias sen asinar dentro dun sobre pechado que especificará no exterior o pseudónimo elixido polo/a autor/a, a categoria na que concursa e o nome do certame. Dentro deste sobre incluirase outro sobre pechado, co pseudónimo no exterior, que conterá fotocopia do documento de identidade e unha cuartilla co nome, apelidos, idade, enderezo completo e teléfono do/a autor/a.
O prazo de entrega das poesías estará aberto do 16 de xaneiro ata o 17 de febreiro de 2017.Enviaranse mediante correo certificado ao seguinte enderezo:
IX CERTAME DE POESÍA CONCELLO DE MUGARDOS
Concellaría de Cultura do Concello de Mugardos
Avda. de Galicia 45
15620 Mugardos
A Coruña
O premio consistirá nun bono para mercar libros:
100€, para a categoría de iguais ou maiores de 18 anos
60€, para a categoría de 13 a 17 anos, ambos inclusive
40€, para a categoría de ata 12 anos, inclusive

Máis información no BOP da Coruña do 20 de decembro de 2016 e na OMIX de Mugardos, teléfono 981 470 338 e en http://www.concellodemugardos.org/

xoves, 15 de decembro de 2016

Minerva



O Colexio Manuel Peleteiro convoca a 45 edición dos Premios Literarios Minerva. Un certame anual, en lingua galega e modalidades Poesía e Narración, dirixido a alumnos de 3º y 4º de ESO e de Bacharelato, que cursen estudos en Galicia, e que non teñan cumpridos 20 anos o 31 de decembro de 2017.
Modalidades: Traballos orixinais e inéditos sempre. En poesía, conxunto de tres poemas, de tema e forma libres. En narración, máximo seis folios mecanografiados a dobre espazo e tema libre.
Presentación: Seis exemplares en papel e unha copia en soporte informático (Arial 12), con título e pseudónimo e sen o nome do autor. Nun sobre pechado introduciranse os datos personais do autor (nome, idade, enderezo, tlf particular, curso e Centro onde estudia, selados polo Seminario de Galego do mesmo). No exterior do sobre pechado únicamente figurará o pseudónimo ou lema e o título da obra. Traballos e plica enviaranse conxuntamente a "PREMIOS LITERARIOS MINERVA". Colexio M. Peleteiro. Monte Redondo- Castiñeiriño. 15702 Santiago de Compostela.
Premios: 3 en cada modalidade, de 600, 400 e 250 €, medalla de prata conemorativa e publicación das obras galardoadas nun libro editado polo Colexio M. Peleteiro.
O prazo para presentar obras estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2017

http://peleteiro.com/colegio/noticia/45-edicion-dos-premios-literarios-minerva

venres, 2 de decembro de 2016

Voluntariado cultural en Galicia




A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Secretaría Xeral de Cultura, a través da Subdirección Xeral de Bibliotecas, teñen en marcha esta iniciativa co obxectivo de responder a unha demanda social e incorporar voluntarios/as á rede de bibliotecas públicas de Galicia.
Este programa pretende que as bibliotecas poidan prestar con máis eficacia a súa función de formar, informar e de acceso a cultura e o lecer dos cidadáns en igualdade de oportunidades por medio de procesos áxiles e innovadores capaces de brindar servizos de calidade que se acomoden ás necesidades dos usuarios e da comunidade á que serven.
Os voluntarios realizarán fundamentalmente as seguintes tarefas:
Apoio á difusión e promoción das bibliotecas públicas
Apoio na formación en competencias informacionais
Apoio na posta en práctica de proxectos e animación lectora e sociocultural
Apoio na realización de actividades culturais ou artísticas
Apoio ao aprendizaxe doutras linguas
Outras
Perfil da persoa voluntaria: Persoas con ideas de animación sociocultural e de promoción da lectura, preferiblemente con experiencia no trato con adultos e/ou con nenos e nenas.
Persoas con coñecementos de informática que saiban transmitilos a adultos para contribuír a salvar a fenda dixital dos sectores da poboación menos favorecidos.
Persoas que teñan algún dominio dun arte, dun oficio, dunha profesión, dunha experiencia vital interesante ou dunha afección que queiran compartila e transmitila.
As persoas que queiran prestar accións de voluntariado con este colectivo poderán colaborar nas seguintes Bibliotecas:
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
 R/Miguel González Garcés nº1
 15008 A Coruña
 Tlf:981170218.
Biblioteca Pública de Lugo
 Avda. Ramón Ferreiro, s/n
 27002 Lugo
 Tlf:982228525.
Biblioteca Pública de Ourense
 Concello, 11
 32003 Ourense
 Tlf:988210700
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
 Alfonso XIII, 3
 36002 Pontevedra
 Tlf: 986850838
Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal
 Avda. de Xoán XXIII s/n
 15704 Santiago de Compostela
 Tlf: 881999401
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
 Joaquín Yáñez, 6
 36202 Vigo
 Tlf: 986229074

Máis información e inscricións: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=96

mércores, 30 de novembro de 2016

XXII edición de concurso Euroscola


Euroscola

  


A Oficina de Información do Parlamento Europeo en España, en colaboración coa Representación en España da Comisión Europea e a Secretaría do Estado para a Unión Europea, convoca a XXII edición do concurso Euroscola, un xogo on – line composto por unha serie de probas de coñecementos, habilidades, memoria, velocidade e intelixencia e sobre todo, traballo en grupo.
Tema de Euroscola 2016: 30 anos de España na Unión Europea (1986-2016)
Inscricións.- A partir do 27 de outubro de 2015 a través da web www.euro-scola.com
O obxectivo desta convocatoria é: reflexionar cos mozos e mozas sobre o proceso de transformación de España a partir da súa integración da Unión Europea en 1986; promover o pensamento crítico; valorar o que se alcanzou e analizar os desafíos e retos que se formulan para o futuro
O concurso Euroscola desenvolverase a través dunha plataforma interactiva e ten como obxectivos fundamentais:
-          Fomentar o uso de internet e das novas tecnoloxías como ferramentas educativas.
-          Acercar a UE aos mozos/as, mellorando os seus coñecementos e implicación na construción de Europa.
-          Fomentar a aprendizaxe das linguas europeas
Destinatarios.- Poden participar nesta iniciativa todos os centros escolares de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato ou ciclos de Formacio´n Profesional de grao medio establecidos no territorio nacional.
Para participar é necesario inscribirse por equipos, formados por 10 alumnos/as, de entre 15 e 18 anos, e un profesor responsable que será o líder e representante do equipo.
Poden participar todos los centros escolares de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato o Ciclos de Formación Profesional de Grado Medio establecidos en el territorio nacional.
Toda a información en:
http://www.euro-scola.com/

venres, 25 de novembro de 2016

Xuventude contra a violencia de xénero




#ctrlnonéamor é un recurso sobre violencia nas relacións de noivado entre adolescentes, cuxo obxectivo e proporcionar unha visión crítica das relacións de parella baseadas nos mitos do amor romántico.
É un dos proxectos subvencionados pola programa de Xuventude Iniciativa Xove, e foi desenvolto por Saraiba. As autoras e autor do manual son Judith Velasco, Esther Arias, Sandra Carracedo, Raquel Monteserrín, Zoraida Chao, Alba Vázquez e Benjamín Salvador. As ilustracións son de Judith Velasco.
http://saraiba.wix.com/ctrlnoneamor#!blank/tigyq

Teléfono 016:  información e asesoramento xurídico en materia de violencia de xénero.

mércores, 23 de novembro de 2016

Arranca a oitava edición de Parlamento Xove!!!



A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abre o prazo para a inscrición na oitava edición de Parlamento Xove
Destinatarios: centros educativos de 1º e 2º de Bacharelato e 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A iniciativa Parlamento Xove é unha competición de debate na que os estudantes de centros educativos de toda Galicia empregan a oratoria para defender un determinado posicionamento (a favor ou en contra) acerca do tema proposto pola organización. Cada equipo está composto por catro alumnos e alumnas e un profesor-coordinador. Os mozos e mozas  deben investigar sobre os temas propostos (distinto na fase preliminar e na final) e, o día do encontro, defender no debate a postura que lles toque por sorteo.

Toda a  información no seguinte enlace:
http://www.parlamentoxove.com/index.php/Seccions/Areas/regulamento.php

sábado, 5 de novembro de 2016

Programa de Intercambio Xuvenil Internacional REAJ-2016




Mediante o desenvolvemento deste programa, a REAJ, Rede Española de Albergues Xuvenís, pretende dar unha oportunidade de experimentar, vivir e colaborar nos albergues doutro pais co obxectivo de mellorar os seus coñecementos nun ambiente internacional.
Obxectivo principal do programaPotenciar o desenvolvemento profesional dos mozos/as, facilitándolles así a súa formación nas distintas actividades que se realizan nas instalacións dos albergues.
Así mesmo, adquirirán un coñecemento intercultural durante a súa estancia no pais de acollida, impulsando a aprendizaxe de idiomas, o respecto por outras culturas e formas de vida, e a súa influencia nas distintas ramas profesionais.
A quen vai dirixido?
A mozos e mozas de 18 a 30 anos de calquera Comunidade Autónoma, que reúnan as seguintes características:
• Ter ganas de vivir unha experiencia internacional que mellorará o seu Cv.
• Posuír o carné de alberguista en vigor durante o desenvolvemento do programa.
• Ter un coñecemento fluído do idioma principal do pais de destino (nivel mínimo esixido de inglés: B1).
Como inscribirse?Para realizar a correcta inscrición no programa de intercambios xuvenís internacionais, cómpre completar o formulario de inscrición.
Despois de completar o formulario tes que enviar por email a voluntariado@xunta.es a seguinte documentación:
• Fotocopia escaneadada do carné de alberguista en vigor.
• Certificado que acredite, como mínimo, un nivel B1 de inglés.
• Carta de motivación sobre a inscrición neste programa de intercambio en albergue (Opcional).
A organización reservase a potestade de solicitar máis información aos participantes, xa sexa para comprobar a súa veracidade ou para completar a información (Ex. Solicitude de títulos, diplomas...).
Se unha vez inscrito/a resultas seleccionado/a ademais deberás dispoñer da seguinte documentación:
•Carné de identidade ou pasaporte en vigor.
•Tarxeta sanitaria Europea.
• Así mesmo, os organizadores do programa recomendan dispoñer dun Seguro de viaxe que cubra as perdas de equipaxe, os atrasos, gastos médicos e a repatriación se fose necesario. (Isto é opcional)
Prazos de inscriciónPodes botar a túa solicitude en calquera momento do ano.
DestinosPodes inscribirte en varios destinos, en varias datas dentro dun mesmo destino. Cóntanos no formulario as túas preferencias e tentaremos adaptarnos a elas. Canto máis flexible sexas, máis posibilidades terás de conseguir unha praza!
Destinos nacionais Como novidade, ofrecemos a posibilidade de participar tamén en destinos dentro de España, nos que non é necesario contar co nivel mínimo de inglés esixido.
Proceso de selección de mozos/as participantesA Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta, elixirá os participantes entre todas as candidaturas recibidas pola web, tendo en conta os requisitos indicados anteriormente así como outro tipo de indicacións determinadas pola Asociación Nacional de destino ou os albergues. Os albergues de destino poderían realizar tamén entrevistas vía Skype.
Custos:
Custos sufragados polo albergue de destino: farase cargo da comida en pensión completa e aloxamento do participante durante toda a súa estancia.
Custos sufragados polo participante:
Farase cargo dos custos da viaxe e transporte durante a súa estancia no país de acollida, así como calquera outro gasto derivado da súa estancia (roupa, lecer, agasallos..). Con todo, estarán cubertos aqueles desprazamentos que sexan requiridos pola propia actividade do participante.
Duración:A duración do programa será de entre 2 semanas a 3 meses por participante (a estancia media é dun mes).
Xornada:
A xornada será de 25-35 horas semanais de voluntariado nos albergues (5-7 horas diarias), durante as cales os mozos se familiarizarán coa xestión dos albergues xuvenís, a súa dinámica, funcións a desempeñar...
As horas de voluntariado distribuiranse en 5 días á semana, segundo as quendas establecidas pola asociación de acollida e librarán dous días consecutivos.
Avaliación do programa:Todos os albergues de acollida comprométense a asignar a cada mozo voluntario un mentor que lle sirva como punto de contacto durante o programa e coopere na súa formación.
Ao final do programa de intercambio, os organizadores facilitarán aos seus voluntarios unha folla de avaliación a través da cal o mozo voluntario plasme as súas experiencias e permítanos mellorar o desenvolvemento e competencias do programa en futuras edicións.
Cada participante recibirá por parte dos organizadores un documento acreditativo da súa experiencia internacional nos albergues xuvenís.
Para máis información podes contactar coa REAJ para calquera dúbida ou suxestión que teñas por email contacto@reaj.com ou por teléfono 91 308 46 75 / 91 319 70 67 (de luns a venres de 09:00 a 16:00)
http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=208

http://reaj.com/intercambio.html

venres, 4 de novembro de 2016

900 018 018: teléfono contra o acoso escolar




O Ministerio de Educación ven de crear o teléfono contra o acoso escolar: 900 018 018
Os destinatarios do servizo son os alumnos, pais, nais e titores legais, profesores, equipos directivos e persoal dos centros docentes, e en xeral calquera persoa que teña coñecemento de casos de malos tratos ou acoso no ámbito escolar, tanto dentro como fose do centro docente.
Inclúense tamén os casos de ciberacoso, a través de internet, móbiles e redes sociais
As chamadas serán atendidas exclusivamente por persoal en posesión dunha licenciatura ou grao universitario no ámbito da Psicoloxía. Pero a atención non será só psicolóxica, senón que conta cun equipo de traballadores sociais, xuristas e sociólogos que prestarán a atención que o menor necesite, asegurando en todo momento o anonimato e a confidencialidade das persoas que chamen se así o desexan.
O servizo prestarase durante 24 horas, os 7 días á semana, e todos os días do ano.
A chamada será gratuíta, e non aparecerá na factura do teléfono desde o que se faga a chamada; é dicir, non deixará rastro algún.
Ademais, ponse a disposición dos usuarios con discapacidade auditiva ou do fala un servizo de mensaxería de texto, así como a atención dun axente en linguaxe de signos por vídeo-chat ou vídeo-chamada.

900 018 018

luns, 31 de outubro de 2016

Tarxeta Xente Nova para transporte metropolitano gratuito



A Dirección Xeral de Mobilidade crea unha tarxeta de transporte gratuita para xente nova, con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos de idade, incluídos.
Á xente nova aplicaráselle unha tarifa de 0 € nas viaxes metropolitanas interurbanas realizadas dentro do ámbito do Plan de transporte metropolitano de Galicia, cun número máximo de 60 viaxes mensuais por persoa usuaria.
Que é?A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que permite realizar todas as viaxes interurbanas gratuítas.
Quen a pode utilizar?
Mozos de entre 4 e 18 anos, porque os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte interurbano. Cando cumpras 19  poderás seguir usando a tarxeta ata que se esgote o saldo.
Como conseguila?
1. Solicita cita nesta páxina: http://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn
2. Ao facilitar os datos que se solicitan xerarase unha cita na oficina Abanca máis próxima. Non é necesaria unha conta asociada.
3. Unha vez alí, só necesitan o teu DNI. A tarxeta é gratuíta. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante legal, que, xunto co teu DNI, só terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes.
4. A túa tarxeta xa está lista. Podes levala contigo e empezar a viaxar.

Máis información en http://tmg.xunta.gal/xente-nova-que-e e no teléfono 881 995 076
Correo electrónico: tmg@xunta.gal