O Concello de Zas convoca os III premios Fouciño de audiovisual
Haberá dúas categorías:
Categoría para centros de ensino: Poderán participar a través do seu centro de ensino todos aqueles alumnos matriculados no presente curso 2017-2018. Isto inclúe centros públicos e privados en calquera dos seguintes ciclos: infantil, primaria, secundaria e bacharelato (quedan excluidos formación profesional e universitarios).
Categoría aberta: Poderán participar todas as persoas físicas ou xurídicas, tanto de forma individual como colectiva. Isto inclúe tamén a estudantes que queiran presentar pezas de xeito independente do seu centro de ensino.
Nota: En calquera das dúas categorías se os participantes son menores de idade é imprescindible entregar o consentimento dos pais, nais ou titores legais.

Características da pezas audiovisuais:
A temática das pezas é libre.
As historias deberán ser orixinais, de creación propia ou con base popular ou literaria. No caso de que a curtametraxe estea baseada nunha obra literaria, deberase acreditar as autorizacións pertinentes ao respecto dos dereitos de autoría.
Non serán admitidas as curtametraxes xa presentadas en edicións anteriores.
As pezas presentadas non poderán ter sido premiadas noutros concursos.
Os autores son os únicos responsables do contido das pezas entregadas. No caso de ser menores de idade, a responsabilidade caerá sobre o representante legal do menor.
As pezas terán unha duración máxima de 5 minutos e deberán ser en galego ou posuír subtítulos en galego.
As curtametraxes deberán entregarse en formato .mov ou mp4 (codec H.264), resolución: 1920x1080 ou 1280x720, taxa máxima de trasferencia de bits: 20.000kbps; audio ACC.

O prazo para participar nos III Premios Fouciño estará aberto ata o 31 de maio de 2018.
Proxeccións:
A proxección das curtametraxes finalistas seleccionadas nos III Premios Fouciño terá lugar o 30 de xuño de 2018 no marco do festival, no que ,ademais, haberá concertos ao aire libre así como outras actividades paralelas. Durante o certame haberá un espazo para o acto de entrega dos premios.

Premios:
Premio da categoría de centros de ensino: 300 € en metálico para o centro de ensino + trofeo
Premio da categoría libre: 700 € en metálico para o gañador/es + trofeo
Premio do público: trofeo
Accésit: O xurado pode considerar outorgar un accésit a aquela peza que mostre unha alta calidade, aínda que non superior á da gañadora. O accésit consistirá nun trofeo.