xoves, 28 de decembro de 2017

#NonSmokingChallenge



Sabías que o teu corpo tarda entre 24 e 48 horas en regular a túa tensión arterial ata valores normais despois dun cigarro? Ou que o tabaco cambia o sabor á comida? En seis semanas deixarás de asfixiarte cando corres e en seis meses, dependendo do que fumes, poderías chegar a aforrar ata 600 euros. Xa tes para unhas vacacións! Estes son algúns dos beneficios de pasar dos malos fumes e deixar o tabaco. Estes e moitos outros os podes atopar na web da nova campaña do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, chamada #NonSmokingChallenge.
O obxectivo desta nova campaña é promover actitudes de vida saudable entre a mocidade, proporcionando ferramentas para previr o inicio do consumo de tabaco e para favorecer o abandono. Ademais encerra obxectivos específicos, como o fomentar unha imaxe positiva do rexeitamento ao tabaco e dos produtos relacionados e eliminar falsos mitos ou crenzas asociadas ao seu consumo.
Esta nova iniciativa xorde nun contexto no que o tabaquismo constitúe o principal problema de saúde pública prevenible nos países desenvolvidos, sendo a primeira causa de mortalidade e morbilidad evitables no noso país e o resto de países da nosa contorna. E é a mocidade a que ten nas súas mans acabar co tabaquismo, como subliña a campaña.
Segundo os últimos datos oficiais, o 31,4% dos estudantes de 14-18 anos fumou tabaco nos 12 meses anteriores e a idade media de inicio é 13,9 anos. Aínda que tradicionalmente o consumo era maior nos homes, as diferenzas están a acurtarse polo cambio de patrón, de forma que entre os estudantes de 14-18 anos xa destaca o maior consumo en mozas que en mozos (33,2% das mozas e o 29,6% dos mozos fumaran nos 12 meses anteriores).
Sumate ao #NonSmokingChallenge. Acepta o reto!
A campaña expón o acabar co tabaco como un reto para seguir, equiparándoo a outros retos virais como o #MannequinChallenge ou o #IceBucketChallenge, de gran popularidade nas redes sociais, polo que a campaña aparecerá especialmente nestas, co obxectivo de chegar á mocidade.
http://nonsmokingchallenge.com/

 

venres, 8 de decembro de 2017

Protexe os teus datos na rede con "Ti controlas na internet"



Protexer os nosos datos na internet é primordial para unha navegación segura. Por iso, a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) elaborou os materiais "Ti controlas na internet" e organizou o taller para familias "Os menores e o seu cibermundo". Esta nova campaña de prevención está destinada a mozas e mozos de entre 7 e 17 anos.
Navegar por internet pode ser perigoso se non sabemos protexer ben os nosos datos en certas situacións. Por iso, hai que saber que cousas compartir e cales non. Co obxectivo de ensinar tanto a mozos como a familias a navegar de maneira segura na rede, a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) publicou na súa web unha serie de 4 vídeos denominados "Ti controlas na internet".
No primeiro deles ínstase aos mozos a non ser partícipes do abuso escolar a través de redes sociais, e denunciar os casos que coñezan. Noutro, lémbrase que a pegada dixital que deixamos tras o uso da rede é permanente, e que non se deben compartir contido de carácter íntimo con outros usuarios, así como aspectos da súa vida que poidan expoñelos.
Por último elaborouse un vídeo no que se pretende animar ás persoas novas a optar por actividades de lecer lonxe das pantallas dos computadores e móbiles, e a gozar do tempo libre con actividades físicas.
En  conjuto cos vídeos, a  AEPD dispuxo dunha Guía destinada a centros educativos para tratar nas aulas consellos e recomendacións para navegar seguros por internet, con actividades que axuden aos alumnos para sentar as bases dun uso seguro da rede.
Ademais, existe o curso familiar "Os menores e o seu  cibermundo", no que a través de vídeos explicativos ensínase a crear contrasinais seguros, coñecer as distintas plataformas sociais e como facer bo uso delas, a acompañar a pais e nais aos menores na navegación, a detectar perigos e protexerlles deles e medios de actuación contra o acoso escolar a través de redes sociais.

http://www.tudecideseninternet.es/agpd1/

luns, 4 de decembro de 2017

Parlamento Xove 2018



A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abre o prazo para a inscrición na novena edición de Parlamento Xove.
Destinatarios: centros educativos de 1º e 2º de Bacharelato e 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.
O Parlamento Xove é unha competición na que os diversos equipos inscritos, formados por catro alumnos/a e un profesor que será o coordinador,  investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. O programa realizarase en dúas fases, unha primeira clasificatoria da que xurdirán oito equipos gañadores, que se enfrontarán nunha segunda fase final. Paralelamente, se desenvolverá un concurso voluntario de artigos de investigación sobre o tema formulado. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.
O obxectivo desta iniciativa é fomentar entre a xuventude o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias; ao tempo que se potencian as habilidades individuais e grupais promovendo a selección de información, a expresión oral e escrita, as competencias básicas, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo e a convivencia. Tamén se fomenta a tolerancia, a toma de conciencia no comportamento democrático e respecto polas ideas dos demais.

Toda a  información no seguinte enlace:
http://www.parlamentoxove.com/

luns, 13 de febreiro de 2017

Lingua de namorar 2017

13 Feb 2017
    Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.
    O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.
    Para participar no concurso, só tes que premer no botón “Envía as túas mensaxes” e cubrir o formulario. Ademais da mensaxe ou mensaxes, cómpre indicar os datos persoais e de contacto.
    Características das mensaxes
    Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso Lingua de namorar (extensión máxima de 350 caracteres para cada mensaxe). Estas mensaxes deberán estar escritas en lingua galega e poderán redactarse en prosa ou en verso.
    Categorías de idade e premios
    Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:
    Categoría A (de 14 a 19 anos):
    1º Smartphone Wiko 5” Qcore 3, 16 GB
    2º Cámara instantánea Fujifilm 46x26 MM
    3º Smartwatch Airis 1,54” Micro SIM, Micro SD
    Categoría B (de 20 a 35 anos):
    1º Cámara réflex Canon EOS 1300D, 18 Mp, Full HD, WiFi
    2º Tableta Samsung Galaxy Tab A 10,1” Ocore, 16 GB
    3º Smartwatch SPC 9616T
    Prazos de participación e votación
    O prazo para enviar as mensaxes remata o domingo 5 de marzo.
    Do 6 ao 10 de marzo abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto.
    Xurado e resolución
    O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as declaracións gañadoras de entre as 50 declaracións máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías de idade.
    Os nomes das persoas gañadoras publicaranse o 22 de marzo nesta páxina web.

    aXUDAS PARA FACER CURSOS DE IDIOMA EN EUROPA

    Axudas para facer cursos de idioma en Europa durante o verán

    27 Xan 2017


      A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitariaconvoca150 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2017, do alumnado universitario matriculado no curso 2016/17 nalgunha das tres universidades do Sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED en Galicia coa finalidade de coñecer a lingua dese país.
      As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2017, ambos inclusive.
      A dotación económica asignada a cada beneficiario/a será dun máximo de 900 €.
      Requisitos:- Estar matriculado no curso 2016/17, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de graduado, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico, e ter superado 60 créditos con anterioridade á data desta convocatória.
      - O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.
      - O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
      Oprazopara presentar solicitudes estará aberto ata o14 de marzo de 2017.
      As solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través dehttps://sede.xunta.es/co procedementoED416A
      Máis información no DOG do 27 de xaneiro de 2017 e enhttp://www.edu.xunta.es/

      CERTAME DE FOTOS

      XIX Edición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

      10 Feb 2017
        Cada autor ou autora poderá presentar un número máximo de tres obras. As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor, natural ou manipulada, e o tema das obras é libre. Os traballos fotográficos que se presenten ao Certame deberán ser orixinais, inéditos e recentes. As fotografías non poderán ter sido presentadas con anterioridade a este concurso nin ter gañado ningún premio noutros concursos ou certames. As dimensións da obra fotográfica estarán comprendidas entre 25 x 35 cm como mínimo e 40 x 50 cm como máximo. Presentaranse montadas sobre cartón pluma ou soporte similar ríxido (cun grosor mínimo de 3 mm) Cada fotografía deberá vir acompañada ou ben do negativo ou ben do soporte informático en formato JPEG ou TIFF da obra presentada.
        Premios:
        Primeiro premio: 1.500 € e diploma.
        Segundo premio: 750 € e diploma, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz.
        Premio Especial Carballo á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio de Carballo en calquera dos seus aspectos: 500 € e diploma (as obras presentadas ao Premio Especial Carballo tamén optarán ao resto de premios).
        O xurado poderá conceder accésits por un importe total de 300 €. 
        Presentación: 
        As obras presentadas ao Certame deberán gardar o anonimato do seu autor ou autora, e presentaranse sen sinatura e baixo un lema ou pseudónimo identificativo. Pola parte traseira do soporte da fotografía figurará o pseudónimo do/a autor/a, o título da obra, as indicacións do lugar onde foi tomada, a data na que se realizou e as técnicas empregadas e, se o/a autor/a o considera preciso, indicará a verticalidade ou horizontalidade da imaxe fotográfica.
        É imprescindible que as obras que queiran optar ao Premio Especial Carballo o indiquen na parte traseira do soporte.
        Cada fotografía deberá ir acompañada dun sobre pechado que se pegará na súa parte traseira. Na parte externa do sobre figurará o nome da fotografía e o pseudónimo empregado. No seu interior conterá a seguinte documentación: Fotocopia do documento nacional de identidade do/a autor/a. Solicitude de participación na que conste: Pseudónimo empregado, título e lugar e data da toma da/s fotografía/s. Datos persoais do/a autor/a: nome completo, enderezo válido para os efectos de recibir notificacións, teléfono, fax, correo electrónico, etc. Declaración asinada para aceptar expresamente as bases e condicións do Certame, garantindo que a obra non se atopa pendente de resolución de ningún outro Certame e que o autor/a ten, directa ou indirectamente, a libre disposición de todos os dereitos de explotación nas súas diferentes modalidades sobre a obra.
        prazo de presentación de fotografías estará aberto ata o 8 de marzo de 2017

        CURSO DE LINGUA INGLESA

        Curso de Lingua Inglesa "English for Travelling"

        02 Feb 2017
          O Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil convoca o curso de Lingua Inglesa: “English for Travelling”.
          Obxectivo do curso:O obxectivo do curso é desenvolver a competencia comunicativa en relación ao uso da lingua inglesa en contextos de mobilidade. Trátase dun curso práctico orientado a mellorar a comprensión e expresión oral.
          Destinatarios/as:mocidade entre 18 e 35 anos de idade, con coñecementos previos de inglés a nivel Bacharelato (nivel B1 das Escolas Oficiais de Idiomas)
          Número de horas:  30
          Número de prazas:  20
          Contidos:           
          • Travel abroad.
          • Places to stay.
          • Moving around.
          • Outdoor activities.
          • Ecotourism.
          • What’s on?
          Modalidade: Semipresencial.
          • 12 horas de clases presenciais divididas en 8 sesións de 90 minutos de duración.
          • 18 horas de clases a distancia.
          Lugar de impartición:  Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil  en Santiago de Compostela.
          Data prevista de realización: Do 23 de febrero ao 20 de abril de 2017.
          Sesións presenciais:  Sesións presenciais os xoves de 17.00 a 18.30 horas, no Centro Coordinador de Información Xuvenil. R/Ramón Piñeiro 17-19.
          Prazo de inscrición do 3 ao 22 de febreiro de 2017.
          A inscrición no curso realizarase cubrindo o seguinte formulario de solicitude e enviandoo a informacion.xuventude@xunta.gal:


          Máis información
          Centro Coordinador de Información Xuvenil
          Rúa Ramón Piñeiro 17-19 baixo, Santiago de Compostela
          Tel.: 881 99 76 06 / 07

          E.S.O PARA MAIORES DE DEZAOITO ANOS.

          Probas para a o título de graduado en ESO para maiores de 18 anos

          09 Feb 2017
            A Consellería de Educación, convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de xuño e setembro.

            Requisitos:
            Teren cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
            Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
            Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
            Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2016/17 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
            O alumnado matriculado durante o curso 2016/17 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
            Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre.
            Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
            Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

            Os prazos de matrícula serán:
            Convocatoria de xuño: do 13 de marzo ao 24 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
            Convocatoria de setembro: do 3 ao 10 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos

            Centros:
            A Coruña: Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3, 2º andar, 15011 A Coruña.
            Ferrol: Centro EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.
            Santiago de Compostela:
            Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
            Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.
            Carballo: IES Isidro Parga Pondal, rúa Muíño da Pintura, 15100 Carballo.
            Lugo: Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
            Ourense: Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
            Pontevedra:
            Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra F: Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
            Alumnado co primeiro apelido entre a letra G e a letra O: IES Frei Martín Sarmiento, avenida de Vigo, 23, 36003 Pontevedra.
            Alumnado co primeiro apelido entre a letra P e a letra Z: IES Sánchez Cantón, avenida Raíña Victoria, 36001 Pontevedra.
            Vigo:
            Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra F: Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º, 36202 Vigo.
            Alumnado co primeiro apelido entre a letra G e a letra O: IES Politécnico, rúa de Torrecedeira, 88, 36208 Vigo.
            Alumnado co primeiro apelido entre a letra P e a letra Z: IES Santa Irene, praza de América, 7, 36211 Vigo.
            O Porriño: IES Ribeira do Louro, rúa Ribeira, s/n (Torneiros), 36410 O Porriño.
            Tui: IES Indalecio Pérez Tizón, avenida da Concordia, s/n, 36700 Tui.
            Vilagarcía de Arousa: IES Armando Cotarelo Valledor, rúa Armando Cotarelo Valledor, 4-6, 36611 Vilagarcía de Arousa.
            Ponteareas: IES Val do Tea, rúa Feliciano Barrera, 15, 36860 Ponteareas.

            Realización das probas
            As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 2 de xuño e 7 de setembro para as respectivas convocatorias.  

            As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED540A
            Máis información no DOG do 9 de febreiro de 2017 e en www.edu.xunta.es

            BACHARELATO PARA MAIORES DE VINTE ANOS.

            Título de bacharel para persoas maiores de vinte anos

            09 Feb 2017


              A Consellería de Educación convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.
              Requisitos:
              a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2017.
              b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
              c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2016/17.
              Os centros onde se pode presentar as solicitudes son os seguintes:
              a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.
              b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
              c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
              d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
              e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Bos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
              f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.
              A proba realizarase o día 21 de abril de 2017 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
              O prazo de presentación das solicitudes será entre o 24 de febreiro e o 10 de marzo de 2017.
              As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED534A
              Máis información no DOG do 9 de febreiro de 2017 e en http://www.edu.xunta.es

              DESEÑO CARTEL

              Concurso de deseño do cartel do programa Xuventude Crea 2017

              23 Xan 2017


                A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, con motivo do programa Xuventude Crea 2017, convoca un concurso co fin de elaborar o cartel do dito programa.
                Participantes
                Poderán participar no concurso todas aquelas persoas de entre 18 a 30 anos, ambas inclusive, e residentes en Galicia, agás o/a gañador/a do premio na edición do ano anterior.
                Tema
                O tema e a técnica serán libres. As obras deben incluír obrigatoriamente o texto“Programa Xuventude Crea 2017”así como as especialidades que o compoñen: artes plásticas, banda deseñada, cociña, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, relato breve, poesía, teatro e videocreación.
                Admitiranse traballos realizados tanto de forma individual como en grupo.
                Condicións
                Cada autor/a ou autores/as poderán participar con dúas obras orixinais, inéditas e en galego.
                A obra premiada pasará a ser propiedade da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que adquirirá sobre esta o dereito pleno á súa utilización, reprodución e difusión.
                A citada dirección xeral queda facultada para introducir algunha modificación na obra premiada se existira algunha dificultade técnica para a súa impresión ou para introducir algún texto ou logotipo que non figure inicialmente nestas bases.
                O cartel gañador será a imaxe do Programa Xuventude Crea 2017 e poderá ser utilizado parcial ou totalmente para o seu deseño, páxina web ou calquera outra iniciativa que considere a organización.
                Documentación
                As obras presentaranse en formato vertical cunhas dimensións de 50x70 cm, montadas en superficie ríxida (cartón pluma) que facilite a súa manipulación, e deberán estar feitas en formato dixital para poder facer as modificacións que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado considere oportunas. En ningún caso poden levar o nome nin a sinatura.
                Os/as artistas poderán confeccionar as súas obras con liberdade de procedemento e cor.
                Todas as obras irán acompañadas dos seguintes documentos:
                - Solicitude de inscrición debidamente cuberta.
                - Ao dorso de cada obra figurará un lema ou pseudónimo que servirá para preservar a identidade do/a artista ata o fallo do xurado. Este lema ou pseudónimo aparecerá, en letras maiúsculas, no exterior dun sobre pechado aparte, sen facer alusión ningunha que permita identificar ao autor/a, sendo causa de exclusión do concurso o incumprimento desta norma.
                - Dentro do sobre pechado irán os datos do/a artista: nome, apelidos, fotocopia do DNI, idade, enderezo postal, enderezo electrónico, teléfono de contacto, ficha explicativa e CD da obra e unha declaración asinada indicando que o traballo é orixinal e inédito.
                Se se apreciasen defectos ou falta de documentación por parte da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, requirirase á persoa solicitante para que no prazo de 10 días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación
                de que, se así non o fixese, se considerará desistida da súa petición.
                Lugar e prazo de entrega
                O prazo de admisión das obras estará abertoata o 28 de febrero de 2017e poderanse enviar por correo postal a:
                Concurso deseño do cartel programa Xuventude Crea 2017
                Consellería de Política Social
                Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
                Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 3º
                15781 Santiago de Compostela
                Igualmente admitirase a entrega da documentación en calquera rexistro, en horario de 9:00 h a 14:00 h, presentando a solicitude de inscrición para o seu posterior selo de entrada.
                Calquera información sobre o concurso ou solicitude de presentación a este, pode obterse mediante contacto coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado nosteléfonos 981 541 689, 981 545 702.
                A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado porá o máximo coidado nas obras recibidas, pero declina toda responsabilidade de perdas, roturas, roubos, furtos ou danos nas obras por razón de forza maior ou calquera outra causa allea á súa vontade, tanto nos actos de recepción e devolución como durante o tempo que estean baixo a súa custodia.
                Unha vez recibidas as propostas e pechado o prazo de admisión, procederase á súa valoración por un xurado responsable de resolver o concurso.
                XuradoA composición do xurado farase pública na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariadohttp://xuventude.xunta.es
                O fallo difundirase mediante unha nota na citada web e por teléfono a partir do día seguinte do fallo do concurso.
                Premio
                O/a autor/es/as da obra gañadora recibirá un único premio de 500 euros. Esta cantidade estará suxeita á lexislación vixente, aplicándose sobre a dita cantidade as retencións legalmente establecidas.
                A entrega do premio farase mediante transferencia bancaria ao número de conta que facilite o gañador/a.
                Fallo
                Antes do fallo do xurado, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poderá levar a cabo unha exposición dos traballos presentados.
                O fallo do xurado será inapelable e poderá ser declaro deserto se así o considera este.
                Devolucións
                Para a devolución das obras non premiadas existirán dous procedementos para ser retiradas:
                1. persoalmente polo seu autor/es/as ou
                2. mediante delegación, por escrito, noutra persoa no lugar onde foron entregadas, no prazo de 30 días que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do/a gañador/a na web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
                As obras non premiadas que non foran retiradas polas persoas interesadas no prazo establecido, pasarán á libre disposición da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
                A participación neste concurso implica de forma automática a plena e total aceptación, sen reservas, das presentes bases.
                Máis información en:roteiros.ctb@xunta.gal

                Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude

                O certificado de experiencias de educación non formal en materia de xuventude permite confirmar a participación en programas de educación non formal da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e, sobre todo, validar as competencias e darlle visibilidade aos coñecementos, habilidades e formación derivados desa participación, en tanto que contribúen ao desenvolvemento persoal dos participantes, enriquecen o seu currículo vital e favorecen a participación activa na sociedade.
                O certificado está regulado pola Orde do 26 de febreiro de 2015 pola que se regula o certificado de educación non formal en materia de xuventude (DOG nº 57 do 25 de marzo)
                Se participaches nalgún dos programas que dan dereito á expedición do certificado, presenta xa a túa solicitude.
                Programas que dan dereito á expedición do certificado
                • Iniciativa xove, Erasmus +:Xuventude en Acción, A xuventude no mundo, Campos de traballo e Galeuropa  (artigo 3.1)
                • Outros programas: Correspondentes xuvenís 3.0  (artigo 3.2)
                Requisitos e ámbito temporal
                • Poden solicitar o certificado as persoas que participaron nalgún dos programas que dan dereito á súa expedición, individualmente ou como parte dun grupo informal, asociación ou entidade e que no momento de participar no programa non superasen os 30 anos.
                • Ámbito temporal:O certificado expedirase pola participación en programas convocados a partir do 1 de xaneiro de 2012.
                • As persoas interesadas teñen que presentar o formulario de solicitude debidamente cuberto (anexo I), xunto coa copia do DNI (se non se autoriza a súa comprobación).  Se participaron no programa como integrantes dun grupo informal, asociación ou entidade debe achegar tamén o anexo II cuberto pola persoa representante da entidade ou grupo.
                Taxa
                • A emisión do certificado está suxeita ao aboamento de taxa (artigo 9).
                • No seguinte enlace da Axencia Tributaria de Galicia pode confeccionar o seu impreso de taxa:
                  • CÓDIGOS:
                    • CONSELLERÍA DE: Traballo e Benestar. Código 14
                    • DELEGACIÓN: Servizos Centrais. Código 13
                    • SERVIZO DE: Xuventude. Código 03
                    • CÓDIGO DE TAXA: 300401
                    • DENOMINACIÓN DA TAXA: certificados e diplomas
                    • IMPORTE: 2,96 €
                Anexos de solicitude
                Consulta aquí a Orde reguladora

                YOUTUBEIR@S

                Youtubeir@s ofrece formación específica de videocreación impartida pola produtora creativa Illa Bufarda a entidades públicas (concellos, centros educativos, museos, etc.) en dúas modalidades:

                MODALIDADE 1 – YOUTUBEIR@ PRÁCTICA

                Cada participante ten o reto de crear un vídeo para calquera das dúas categorías de Youtubeir@s – Concurso de vídeos na Rede: vídeo-facermos ou unha vídeo-opinarmos en galego durante o obradoiro.
                Na primeira sesión formativa, dunha hora de duración, vemos os consellos básicos para sacarlle o maior partido á cámara dos nosos dispositivos móbiles e aprendemos a mellor forma de transmitir os nosos coñecementos (guión). Na segunda sesión formativa, de dúas horas de duración, editamos o material e aprenderemos a subilo a YouTube. Entre ámbolos dous encontros formativos ofrecemos asistencia en liña para calquera dúbida que poda xurdir ata antes da segunda sesión formativa.

                MODALIDADE 2 – YOUTUBEIR@ TEÓRICA

                Nunha sesión formativa, de tres horas de duración, fomentamos a creatividade audiovisual para a transmisión de saberes e opinións. Coñecemos os conceptos da linguaxe audiovisual e consellos básicos para sacarlle o maior partido ós nosos dispositivos móbiles (cámara, iluminación, son, encadre e aplicacións de edición).
                As entidades públicas que promovan estes obradoiros deberán facilitar unha sala ampla con proxector e wifi. Para a segunda sesión da modalidade 1 é aconsellable que haxa dispoñibilidade dunha sala con ordenadores para a edición do material audiovisual.
                As youtubeiras e os youtubeiros que participen nos obradoiros teñen que traer un dispostivo que grave vídeo (teléfono móbiltablet ou cámara).
                Esta oferta formativa está dirixida a persoas maiores de 14 anos. Establécese un máximo de 20 persoas en cada obradoiro e un mínimo de 5 persoas inscritas para a realización do/s obradoiros tres días antes da data.
                Máis información sobre a formación do proxecto Youtubeir@s en formacion@youtubeiras.gal

                Próximos obradoiros

                ModalidadeConcelloLugarDatasMáis información
                PrácticaPontevedra
                Facultade de Ciencias da Comunicación
                1ª sesión: 8/feb. de 16.00h a 17.00h
                2ª sesión: 15/feb. de 18.30h a 20.30h
                Inscrición previa en
                anl@uvigo.es ou
                no teléfono 986 813 574
                PrácticaOurenseLa Molinera  | Centro de Innovación Social Dixital
                (Rúa do Abrevadeiro,1)
                1ª sesión: 10/feb. de 18.00h a 19.00h
                2ª sesión: 17/feb. de 18.00h a 20.00h
                Incrición previa en:
                normalizacionlinguistica@ourense.es
                ou no teléfono 988 391290
                PrácticaSantiago de CompostelaIES Xelmírez I1ª sesión: 10/feb. de 10.00h a 11.00h
                2ª sesión: 17/feb de 10.00h a 12.00h
                Só alumnado do centro
                PrácticaSantiago de CompostelaIES Lamas de Abade1ª sesión: 15 /feb. de 10.00h a 11.00h
                2ª sesión: 22/feb de 10.00h a 12.00h
                Só alumnado do centro
                PrácticaPontevedraIES Sánchez Cantón1ª sesión: 15 /feb. de 16.30h a 17.30h
                2ª sesión: 22/feb. de 16.30h a 18.30h
                Só alumnado do centro
                PrácticaPontevedraIES Torrente Ballester1ª sesión: 16 /feb. de 9.20h a 10.20h
                2ª sesión: 23/feb. de 12.30h a 14.30h
                Só alumnado do centro
                PrácticaRibadeoOMIX de Ribadeo18/feb. de 16.30h a 19.30hOficina Municipal de
                Información Xuvenil de Ribadeo
                 Práctica Coruña Centro Ágora 1ª sesión: 21/feb. de 16.30h a 17.30h
                2ª sesión: 7/marz. de 16.30h a 18.30h
                 Centro Municipal de Información
                Xuvenil da Coruña
                 Práctica Coruña Forum Metropolitano 1ª sesión: 21/feb. de 19.00h a 20.00h
                2ª sesión: 10/marz. de 16.30h a 18.30h
                Centro Municipal de Información
                Xuvenil da Coruña
                PrácticaVigoEscola de Enxeñería de Minas e Enerxía1ª sesión: 2/marz. de 11.00h a 12.00h
                2ª sesión: 9/marz. de 10.00h a 12.00h
                Inscrición previa en
                anl@uvigo.es ou
                no teléfono 986 813 574
                PrácticaPontevedraCasa das Campás1ª sesión: 8/marz. de 19.00h a 20.00h
                2ª sesión: 15/marz. de 19.00h a 21.00h
                Inscrición previa en
                anl@uvigo.es,
                no teléfono 986 813 574
                ou no formulario www.pontevedra.gal/youtubeira
                PrácticaCarballoAula de informática do Pazo da Cultura
                (Rúa do Pan, s/n)
                1ª sesión: 28/marz. de 18.30h a 19.30h
                2ª sesión: 4/abr. de 18.30h a 20.30h
                Servizo de Normalización Lingüística
                do Concello de Carballo
                nelvidal@carballo.gal
                981 704 304
                PrácticaPontevedraCasa da Cultura do Lérez
                (R/Leandro del Río,12)
                1ª sesión: 30/marz. de 18.00h a 19.00h
                2ª sesión: 6/abr. de 18.00h a 20.00h
                Inscrición previa: www.pontevedra.gal/youtubeiras
                Máis información: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
                normalizacionlinguistica@pontevedra.eu
                986863157
                PrácticaAmesCasa da Cultura do Milladoiro1ª sesión: 31/marz. de 17.00h a 18.00h
                2ª sesión: 7/abr. de 16.00h a 18.00h
                Prazo de inscrición:
                do 13 ao 24 de marzo
                normalizacion@concellodeames.gal
                PrácticaAmesCasa da Cultura de Bertamiráns1ª sesión: 31/marz. de 19.00h a 20.00h
                2ª sesión: 7/abr. de 19.00h a 21.00h
                Prazo de inscrición:
                do 13 ao 24 de marzo
                normalizacion@concellodeames.gal
                PrácticaPontevedraCentro Social do Gorgullón
                (Rúa da Curtidoira)
                1ª sesión: 13/abril. de 19.00h a 20.00h
                2ª sesión: 20/abr. de 19.00h a 21.00h
                Inscrición previa: www.pontevedra.gal/youtubeiras
                Máis información: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
                normalizacionlinguistica@pontevedra.eu
                986863157