É un pase que permite viaxar nas compañías participantes de 30
países europeos e tránsito marítimo entre Italia e Grecia, segundo as
características da modalidade escollida.
A gama de pases Interrail comprende os Interrail Global Pass e
Interrail One Country Pass. Pode ser adquirido e utilizado por persoas
con residencia nalgún dos seguintes países: Albania, Alemaña, Andorra,
Austria, Bélxica, Bielorrusia, Bosnia- Herzegovina, Bulgaria, Cidade do
Vaticano, Croacia, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España,
Estonia, Finlandia, FYR Macedonia, Francia, Grecia, Hungría, Islandia,
Italia, Kósovo, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta,
Moldavia, Mónaco, Montenegro, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal,
Reino Unido, República Checa, República de Irlanda, Romanía, Rusia, San
Mariño, Serbia, Suecia, Suíza, Turquía e Ucraína. Tamén pode figurar
como residencia uno dos territorios seguintes: Illas Aland, de
Finlandia; Illas Feroe, de Dinamarca; Xibraltar, Guernsey, Illa de Man e
Xersei, do Reino Unido; Svalbard e Jan Mayen, de Noruega. Os residentes
en territorios de ultramar que pertencen a países europeos non poden
adquirilo. É persoal e intransferible, polo que é necesario acreditar a
identidade e data de nacemento mediante a presentación de D. N.I. ou
pasaporte que inclúa unha fotografía.
Non existe límite de idade para viaxar cun pase Interrail. Ademais do pase para adultos, existen as seguintes variantes:
" Youth" destinado a mozos que non teñan cumpridos 28 anos o primeiro día de validez do pase.
" Senior" destinado a adultos con 60 anos cumpridos o primeiro día de validez do pase.
“
Child” destinado a nenos entre 4 e 11 anos cumpridos. Este pase é
gratuíto cando viaxan acompañados de adultos (limitado a dous nenos por
adulto).
Interrail pode adquirirse en España ata 3 meses antes da data do primeiro día de validez.