xoves, 19 de novembro de 2020

 

Plan estratéxico de xuventude de Galicia 2021





Os mozos e mozas galegos contarán cun novo Plan estratéxico de xuventude dotado de 125 medidas pensadas para e coa xuventude, en seis ámbitos prioritarios de actuación: emprego e emprendemento, rural, talento e creatividade, formación, participación e Xacobeo 2021.

Na elaboración deste plan se tiveron en conta as prioridades da mocidade a través de encontros provinciais e de cuestionarios de valoración das políticas da Administración autonómica, que supuxeron contar coa opinión de máis dun milleiro de mozos e mozas.


Entre as novas iniciativas que contempla o Plan estratéxico de xuventude de Galicia 2021, podemos destacar a convocatoria nas vindeiras semanas dunha nova liña de axudas para a obtención do carné de conducir de tipo B (de turismo) e C (de camión), un dos principais requisitos para acceder a un posto de traballo. Estas axudas poderán beneficiar a 1.500 mozas que, neste momento, non estean nin estudando nin traballando.

Tamén neste eido do emprego, crearase a nova Oficina virtual de Emancipación Xuvenil, que ofrecerá información e asesoramento; e porase en marcha a iniciativa Talento Mozo, que contará, entre outras medidas cunha serie de obradoiros e charlas de xuventude relevante e destacada , así como cos Premios Talento Mozo.

Por outra banda, e no ámbito da acción voluntaria, o plan consolidará Galicia como a comunidade autónoma de referencia na organización de campos de voluntariado ampliando a oferta durante os meses de verán e poñendo tamén en marcha campos fóra da época estival ademais de levarse a cabo un gran proxecto de voluntariado xuvenil para o Xacobeo 2021.

O Plan tamén incorpora a posta en marcha dunha estratexia de comunicación máis directa coa mocidade a través do canal de whatsapp e foros de debate territoriais.

Se queres consultar o documento íntegro do Plan pincha aquí

 

Final de Creación de Videoxogos de Xuventude Crea 2020




    A final de Creación de Videoxogos de Xuventude Crea 2020 desenvolverase no I Congreso de Innovación, Tecnoloxía e Ideas Disruptivas.

    Na súa programación contará coa participación de @cpichel, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, para falar das novidades do Xuventude Crea 2020. E ademais, poderás gozar da final de Creación de Videoxogos desta edición.
    Datas:  19, 20 e 21 de novembro. 
    Evento gratuíto por streaming

    https://utopianoroeste.com/