venres, 8 de febreiro de 2019

XII Certame de Poesía Concello de Mugardos

O Concello de Mugardos convoca o XII Certame de Poesía “Concello de Mugardos” 21 de marzo - Día da Poesía
Establécense tres categorías:
- ata 12 anos
- de 13 a 17 anos
- iguais ou maiores de 18 anos.
Cada concursante poderá presentar unha única poesía, que se axustará ás seguintes normas:
- O tema e libre.
- As poesías estarán escritas en galego, en formato DIN A4 por unha cara (extensión máxima), a dobre espazo, corpo de letra 14 e encabezada polo título.
- As poesías terán que ser orixinais, inéditas e non premiadas en calquera outro tipo de concurso.
Achegaranse dúas copias sen asinar dentro dun sobre pechado que especificará no exterior o pseudónimo elixido polo/a autor/a, a categoria na que concursa e o nome do certame. Dentro deste sobre incluirase outro sobre pechado, co pseudónimo no exterior, que conterá fotocopia do documento de identidade e unha cuartilla co nome, apelidos, idade, enderezo completo e teléfono do/a autor/a.
prazo de entrega das poesías estará aberto ata o 28 de febreiro.
Enviaranse mediante correo certificado ao seguinte enderezo:
IX CERTAME DE POESÍA CONCELLO DE MUGARDOS
Concellaría de Cultura do Concello de Mugardos
Avda. de Galicia 45
15620 Mugardos
A Coruña
premio consistirá nun bono para mercar libros:
100€, para a categoría de iguais ou maiores de 18 anos
60€, para a categoría de 13 a 17 anos, ambos inclusive
40€, para a categoría de ata 12 anos, inclusive
Máis información na OMIX de Mugardos, teléfono 981 470 338 e en http://www.concellodemugardos.gal/noticias/2019/01/23/xii-certame-poes-concello-mugardos-2019

Cando hai que ir por primeira vez ao xinecólogo/a?

Artigo publicado no suplemento YES da Voz de Galicia do 2 de febreiro de 2019, nel Noa Tilve, psicóloga e coordinadora dos centros Quérote+ fala das charlas impartidas en centros educativos a adolescentes e das dúbidas e inquietudes expostas polos mozos e mozas que acuden a estas charlas.
Podes contactar cos centros Quérote+ a través de WhatsApp no 647 018 752

O "revenge porn", unha forma de ciberviolencia de xénero

A publicación na internet non consentida de imaxes íntimas coa única finalidade de facer dano supón unha forma de violencia machista exercida por homes contra as súas parellas ou exparellas.
Trátase dunha práctica moi estendida que afecta tamén a mulleres adolescentes e a mozas de cada vez menor idade. As vítimas deste delito sofren unha violación de dereitos tan vulnerables como a imaxe e a intimidade.
Por iso, con motivo da celebración do Día Europeo da Protección de Datos e a Privacidade, o Concello de Las Palmas de Gran Canaria,  Injuve, Twitter e Pantallas Amigas uniron forzas para deseñar unha campaña que se presenta como berro de repulsa contra a violencia de xénero na contorna dixital. A campaña componse dun vídeo de sensibilización animado de seis minutos de duración que se acompaña de dúas imaxes que sintetizan dúas claras mensaxes:
- “Que consentise que vos gravedes, non che dá dereito a compartir nunca esas imaxes, aínda que ti tamén as protagonices”.
- “Difundir imaxes íntimas da túa noiva ou ex sen o seu consentimento é unha forma de violencia de xénero e un delito moi grave”.
O material exposto para este proxecto realizouse tanto en castelán como en inglés para chegar ao maior público posible. Ademais, existe unha versión reducida do capítulo animado que permite a súa mellor adecuación ás diversas plataformas de difusión na internet.
A campaña pódese visitar nesta ligazón: www.respetoimagenesintimas.com

Iniciativas locais dirixidas á xuventude

A Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca axudas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á mocidade.
Coas iniciativas locais dirixidas á mocidade tratarase de fomentar a realización de actividades de educación non formal e a participación xuvenil no ámbito local, especialmente na actividades enmarcadas nas áreas prioritarias de actuación:
a) Iniciativa local emprendedora: proxectos relacionados co emprendemento e a empregabilidade dos mozos e mozas.
b) Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación.
c) Dinamización da información para a mocidade.
d) Fomento de actitudes creativas e innovadoras da mocidade na súa comunidade e na súa contorna.
e) Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade dos mozos e mozas pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.
f) Dinamización da lingua galega entre a mocidade.
g) Fomento da participación e o empoderamento das mulleres novas galegas.
h) Conservación e posta en valor do ambiente e do patrimonio cultural e natural.
i) Desenvolvemento e dinamización do medio rural.
j) Creación de espazos para a comunicación e novas tecnoloxías.
O período subvencionable abranguerá desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2019.
A contía máxima que se poderá solicitar será de 6.000 euros no caso das solicitudes individuais. Para as solicitudes conxuntas, a contía máxima da solicitude será de 15.000 euros se a entidade ou agrupación está formada por dous concellos e de 22.000 euros se está formada por tres ou máis concellos.
As solicitudes deben tramitarse obrigatoriamente en https://sede.xunta.es co procedemento BS305E
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de marzo de 2019.
Máis información no DOG do 1 de febreiro de 2019

Charlas informativas sobre Iniciativa Xove e Galeuropa

06 Feb 2019

    A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pon a disposición de concellos, asociacións e grupos informais de mozos e mozas un servizo de información e asesoramento sobre os seguintes programas:
    • INICIATIVA XOVE: programa de axudas de ata 5.000 € para financiar ideas lideradas por mozos e mozas
    • GALEUROPA: programa de prácticas formativas de ata 3 meses nalgún país da Unión Europea.

    A través deste servizo, que terá un formato de charla explicativa, expoñeranse as principais características dos programas e ofrecerase información práctica sobre a presentación de solicitudes. O obxectivo desta iniciativa é facer accesible a información e o asesoramento sobre dous dos principais programas desta dirección xeral a todas as potenciais persoas beneficiarias, independentemente da súa localización xeográfica.

    Os concellos, entidades ou grupos interesados nesta charla deberán cubrir este formulario.

    Unha vez recibida a solicitude, o dinamizador ou dinamizadora responsable da zona porase en contacto coa persoa indicada na solicitude para concretar os datos relativos ao lugar, data e horario da charla informativa.

    No caso de haber varias solicitudes dentro do mesmo concello, tratarase de fixar unha data común para os interesados e interesadas.
    O prazo para remitir as solicitudes remata o 20 de febreiro e as charlas levaranse a cabo ata o 1 de marzo inclusive.

    Iniciativa Xove 2019

    A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o programa Iniciativa Xove que consiste en axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2019, e nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, que participarán activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas.
    A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.
    Áreas de atención prioritaria:
    a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade poñer en marcha as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
    b) Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación.
    c) Fomento de actitudes creativas e innovadoras da xuventude na súa comunidade e na súa contorna.
    d) Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade dos mozos e mozas pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.
    e) Creación de espazos para a comunicación e novas tecnoloxías.
    f) Fomento da participación e do empoderamento das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, na xestión e na execución, desde o asociacionismo ou desde os grupos informais.
    g) Conservación do ambiente e do patrimonio cultural e natural, así como a súa posta en valor.
    h) Desenvolvemento e dinamización do medio rural.
    i) Dinamización da lingua galega entre a mocidade.
    Destinatarios/as:
    a) Os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil.
    b) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións que as conforman.
    Requisitos:
    - As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións deberán estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
    - Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, debidamente identificados. Unha destas persoas asumirá o papel de representante único do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo. Será obrigatorio que o grupo teña unha denominación que o identifique. As persoas que o compoñan deberán de estar empadroadas nalgún dos municipios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentación da solicitude. Non poderá modificarse a composición do grupo unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes.
    - O incumprimento por parte de calquera das persoas membros do grupo do requisito da idade ou do empadroamento suporá a non admisión a trámite da solicitude.
    - Non se admitirá que a mesma persoa forme parte ou pertenza a outro grupo ou asociación, de ámbito autonómico ou provincial, solicitante destas axudas.
    Proxectos:
    Os proxectos deberán levarse a cabo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
    Só se poderá presentar un proxecto por solicitante e o seu orzamento total non poderá ser superior a 5.000 €.
    Considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza do proxecto presentado, resulten estritamente necesarios para levalo a cabo e financien actividades realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2019.
    Neste enlace podedes ver proxectos subvencionados en edicións anteriores: http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove
    prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de marzo de 2019.
    Solicitudes: https://sede.xunta.es co procedemento BS306B.
    Máis información no DOG do 4 de febreiro de 2019 e en http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove

    venres, 18 de xaneiro de 2019

    Premio de contos Fundación Mainel


    A Fundación  Mainel convoca a 22ª edición do seu Premio de Contos, un certame con dobre obxectivo: por unha banda, fomentar a creación literaria e por outro, animar aos mozos para reflexionar sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, o maior plan mundial ata a data para erradicar a pobreza en todas as súas formas.
    A convocatoria, que leva por lema "O mundo que queres", está aberta a estudantes de secundaria, bacharelato e ciclos formativos, menores de idade e residentes en España.
    Extensión: os relatos non deberán exceder os 8 folios a espazo simple en letra Estafes  New  Roman 12. Non se admiten obras manuscritas.
    As obras terán que estar escritas en castelán ou en calquera das linguas oficiais do Estado español, aínda que nestes casos acompañarase sempre unha versión completa en castelán para facilitar a súa valoración e publicación. En todo caso, os relatos deben ser inéditos e non estar comprometidos con ningunha publicación. O xurado valorará especialmente os contos que expresen a través da trama unha visión positiva e orixinal da convivencia e humanidade das persoas.
    Os orixinais, asinados baixo pseudónimo e acompañados dun sobre pechado coa ficha de inscrición, deberanse enviar á sede da Fundación  Mainel (Pza. Porta da Mar, 6-2º-8ª 46004 Valencia) antes do 22 de febreiro, en follas  DIN A4 grampadas na parte superior esquerda, sen encadernar.
    Dotación
    Establécense tres seccións: 1º e 2º de ESO. 3º e 4º de ESO. Bacharelato e Formación Profesional. En cada unha delas outorgaranse os seguintes premios:
    - 1º premio, consistente nun diploma e un vale de 280 euros trocable en librerías  TROA.
    - 2º premio: diploma e un vale de 180 euros trocable en librerías  TROA.
    - 3º premio: diploma e un vale de 80 euros trocable en librerías  TROA.
    Ademais, o premio principal será a publicación nun único volume dos contos galardoados con primeiro, segundo e terceiro premio en cada unha das seccións. Cada autor recibirá dez exemplares. Entregarase así mesmo un lote de libros aos colexios e institutos dos participantes galardoados.