venres, 30 de decembro de 2016

mércores, 28 de decembro de 2016

Nós tamén creamos!



A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan as bases e os premios ás curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2016/2017.
Premios:
Establécense tres categorías para as que se convoca cadanseu premio:
Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil.
Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria.
Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria.
O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.
O prazo de presentación das solicitudes rematará o día 9 de febreiro de 2017.

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias?content=/Portal-Lingua/Contido/convocatoria/Premios/convocatoria_0046.html

luns, 26 de decembro de 2016

Consumópolis12, Internet: fas un uso responsable?



O Instituto Galego de Consumo convoca este programa educativo en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
O obxectivo deste programa é a realización dun proxecto que permita reflexionar de xeito consciente, crítico e solidario, sobre distintos aspectos do consumo responsable mediante a participación nun xogo pedagóxico virtual e nun concurso escolar a nivel estatal. A temática deste curso é a internet: “Consumópolis 12. Internet, fas un uso responsable?”.
Obxectivos específicosPara o alumnado:Adquirir habilidades básicas que lle permitan realizar un consumo responsable na súa vida cotiá.
Coñecer os recursos e as ferramentas para solucionar problemáticas de consumo.
Manexar de xeito consciente e responsable as tecnoloxías da información e da comunicación.
Para o profesorado:
Comprender a importancia e o significado de realizar un consumo responsable e trasladalo ao seu alumnado.
Coñecer e manexar os recursos e as ferramentas para traballar estes contidos e transmitirllas ao seu alumnado.
Aumentar as habilidades de uso das Tecnoloxías da Información e da  Comunicación.
Para o resto da comunidade educativa:Colaborar e participar de xeito activo nas iniciativas sobre consumo responsable promovidas polo alumnado participante no proxecto.
Ser consciente da importancia de desenvolver actitudes e comportamentos cara un consumo máis crítico.
Fases:
Consumópolis consta de dúas fases:
- Primeira fase: Percorrido pola cidade virtual de Consumópolis:
Na primeira parte do concurso, o alumnado participa no xogo pedagóxico virtual desenvolvido a través da plataforma http://consumopolis.es/, no que terá que completar o percorrido pola cidade virtual de Consumópolis, resolvendo diferentes probas, de carácter pedagóxico e lúdico.
Cada centro participante formará equipos de 5 alumnos/as, coordinados por 1 docente (un mesmo docente poderá coordinar varios equipos, pero os concursantes só poderán inscribirse nun equipo), e divididos en 3 categorías de participación:
Categoría 1: 5º e 6º curso de primaria.
Categoría 2: 1º e 2º curso de ESO.
Categoría 3: 3º e 4º curso de ESO.
Para pasar á segunda fase é preciso que os cinco membros do equipo completen o percorrido.
- Segunda fase: Realización dun traballo en equipo.
Nesta edición os equipos terán que realizar un blogue, no que se reflicta un uso responsable de Internet e das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) desde o punto de vista do consumo. Isto implica o estudo e a reflexión sobre cuestións como: as vías de acceso a Internet; os modos de uso das redes sociais; os tipos de produtos TIC consumidos; a reflexión sobre os seus riscos ou como realizar un consumo responsable destes produtos; compra segura e responsable; dereitos e obrigas das persoas consumidoras; formas de pago seguro...
Este traballo poderá optar a dúas convocatorias de premios, unha autonómica e outra nacional.
As dúas fases poderán desenvolverse entre o 15/10/2016 e o 07/04/2017.
Produto final
Creación dun blogue no que se reflicta un uso responsable de Internet e das TIC dende o punto de vista do consumo responsable.
Premio:Os traballos realizados poderán participar en dúas convocatorias de premios, unha autonómica e outra nacional:
Convocatoria autonómica: Concederanse tres premios en metálico de 1.000, 600 e 300 € para os traballos clasificados respectivamente en primeiro, segundo e terceiro lugar por cada unha das categorías de participación. A convocatoria para optar a estes premios publicarase no DOG durante o primeiro trimestre de 2017.
Convocatoria nacional: Os primeiros clasificados na convocatoria autonómica representarán á Comunidade Autónoma de Galicia na convocatoria nacional. Os premios nacionais consistirán nun computador portátil ou tableta para cada un dos cinco concursantes e o docente que coordinara ao equipo gañador. Ademais, recibirán un diploma acreditativo como gañadores. Os centros aos que pertenzan os equipos gañadores recibirán un premio en metálico de 2.000 euros e un diploma acreditativo para o centro.

Máis información: https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/proxectos/consumopolis

mércores, 21 de decembro de 2016

X Certame de Poesía Concello de Mugardos



O Concello de Mugardos convoca o X Certame de Poesía “Concello de Mugardos” 21 de marzo - Día da Poesía
Establécense tres categorías:
ata 12 anos
de 13 a 17 anos
iguais ou maiores de 18 anos.
Cada concursante poderá presentar unha única poesía, que se axustará ás seguintes normas:
O tema e libre.
As poesías estarán escritas en galego, en formato DIN A4 por unha cara (extensión máxima), a dobre espazo, corpo de letra 14 e encabezada polo título.
As poesías terán que ser orixinais, inéditas e non premiadas en calquera outro tipo de concurso.
Achegaranse dúas copias sen asinar dentro dun sobre pechado que especificará no exterior o pseudónimo elixido polo/a autor/a, a categoria na que concursa e o nome do certame. Dentro deste sobre incluirase outro sobre pechado, co pseudónimo no exterior, que conterá fotocopia do documento de identidade e unha cuartilla co nome, apelidos, idade, enderezo completo e teléfono do/a autor/a.
O prazo de entrega das poesías estará aberto do 16 de xaneiro ata o 17 de febreiro de 2017.Enviaranse mediante correo certificado ao seguinte enderezo:
IX CERTAME DE POESÍA CONCELLO DE MUGARDOS
Concellaría de Cultura do Concello de Mugardos
Avda. de Galicia 45
15620 Mugardos
A Coruña
O premio consistirá nun bono para mercar libros:
100€, para a categoría de iguais ou maiores de 18 anos
60€, para a categoría de 13 a 17 anos, ambos inclusive
40€, para a categoría de ata 12 anos, inclusive

Máis información no BOP da Coruña do 20 de decembro de 2016 e na OMIX de Mugardos, teléfono 981 470 338 e en http://www.concellodemugardos.org/

xoves, 15 de decembro de 2016

Minerva



O Colexio Manuel Peleteiro convoca a 45 edición dos Premios Literarios Minerva. Un certame anual, en lingua galega e modalidades Poesía e Narración, dirixido a alumnos de 3º y 4º de ESO e de Bacharelato, que cursen estudos en Galicia, e que non teñan cumpridos 20 anos o 31 de decembro de 2017.
Modalidades: Traballos orixinais e inéditos sempre. En poesía, conxunto de tres poemas, de tema e forma libres. En narración, máximo seis folios mecanografiados a dobre espazo e tema libre.
Presentación: Seis exemplares en papel e unha copia en soporte informático (Arial 12), con título e pseudónimo e sen o nome do autor. Nun sobre pechado introduciranse os datos personais do autor (nome, idade, enderezo, tlf particular, curso e Centro onde estudia, selados polo Seminario de Galego do mesmo). No exterior do sobre pechado únicamente figurará o pseudónimo ou lema e o título da obra. Traballos e plica enviaranse conxuntamente a "PREMIOS LITERARIOS MINERVA". Colexio M. Peleteiro. Monte Redondo- Castiñeiriño. 15702 Santiago de Compostela.
Premios: 3 en cada modalidade, de 600, 400 e 250 €, medalla de prata conemorativa e publicación das obras galardoadas nun libro editado polo Colexio M. Peleteiro.
O prazo para presentar obras estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2017

http://peleteiro.com/colegio/noticia/45-edicion-dos-premios-literarios-minerva

venres, 2 de decembro de 2016

Voluntariado cultural en Galicia




A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Secretaría Xeral de Cultura, a través da Subdirección Xeral de Bibliotecas, teñen en marcha esta iniciativa co obxectivo de responder a unha demanda social e incorporar voluntarios/as á rede de bibliotecas públicas de Galicia.
Este programa pretende que as bibliotecas poidan prestar con máis eficacia a súa función de formar, informar e de acceso a cultura e o lecer dos cidadáns en igualdade de oportunidades por medio de procesos áxiles e innovadores capaces de brindar servizos de calidade que se acomoden ás necesidades dos usuarios e da comunidade á que serven.
Os voluntarios realizarán fundamentalmente as seguintes tarefas:
Apoio á difusión e promoción das bibliotecas públicas
Apoio na formación en competencias informacionais
Apoio na posta en práctica de proxectos e animación lectora e sociocultural
Apoio na realización de actividades culturais ou artísticas
Apoio ao aprendizaxe doutras linguas
Outras
Perfil da persoa voluntaria: Persoas con ideas de animación sociocultural e de promoción da lectura, preferiblemente con experiencia no trato con adultos e/ou con nenos e nenas.
Persoas con coñecementos de informática que saiban transmitilos a adultos para contribuír a salvar a fenda dixital dos sectores da poboación menos favorecidos.
Persoas que teñan algún dominio dun arte, dun oficio, dunha profesión, dunha experiencia vital interesante ou dunha afección que queiran compartila e transmitila.
As persoas que queiran prestar accións de voluntariado con este colectivo poderán colaborar nas seguintes Bibliotecas:
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
 R/Miguel González Garcés nº1
 15008 A Coruña
 Tlf:981170218.
Biblioteca Pública de Lugo
 Avda. Ramón Ferreiro, s/n
 27002 Lugo
 Tlf:982228525.
Biblioteca Pública de Ourense
 Concello, 11
 32003 Ourense
 Tlf:988210700
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
 Alfonso XIII, 3
 36002 Pontevedra
 Tlf: 986850838
Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal
 Avda. de Xoán XXIII s/n
 15704 Santiago de Compostela
 Tlf: 881999401
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
 Joaquín Yáñez, 6
 36202 Vigo
 Tlf: 986229074

Máis información e inscricións: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=96