sábado, 10 de marzo de 2018

III Premios Fouciño


O Concello de Zas convoca os III premios Fouciño de audiovisual
Haberá dúas categorías:
Categoría para centros de ensino: Poderán participar a través do seu centro de ensino todos aqueles alumnos matriculados no presente curso 2017-2018. Isto inclúe centros públicos e privados en calquera dos seguintes ciclos: infantil, primaria, secundaria e bacharelato (quedan excluidos formación profesional e universitarios).
Categoría aberta: Poderán participar todas as persoas físicas ou xurídicas, tanto de forma individual como colectiva. Isto inclúe tamén a estudantes que queiran presentar pezas de xeito independente do seu centro de ensino.
Nota: En calquera das dúas categorías se os participantes son menores de idade é imprescindible entregar o consentimento dos pais, nais ou titores legais.
Características da pezas audiovisuais:
A temática das pezas é libre.
As historias deberán ser orixinais, de creación propia ou con base popular ou literaria. No caso de que a curtametraxe estea baseada nunha obra literaria, deberase acreditar as autorizacións pertinentes ao respecto dos dereitos de autoría.
Non serán admitidas as curtametraxes xa presentadas en edicións anteriores.
As pezas presentadas non poderán ter sido premiadas noutros concursos.
Os autores son os únicos responsables do contido das pezas entregadas. No caso de ser menores de idade, a responsabilidade caerá sobre o representante legal do menor.
As pezas terán unha duración máxima de 5 minutos e deberán ser en galego ou posuír subtítulos en galego.
As curtametraxes deberán entregarse en formato .mov ou mp4 (codec H.264), resolución: 1920x1080 ou 1280x720, taxa máxima de trasferencia de bits: 20.000kbps; audio ACC.
prazo para participar nos III Premios Fouciño estará aberto ata o 31 de maio de 2018.
Proxeccións:
A proxección das curtametraxes finalistas seleccionadas nos III Premios Fouciño terá lugar o 30 de xuño de 2018 no marco do festival, no que ,ademais, haberá concertos ao aire libre así como outras actividades paralelas. Durante o certame haberá un espazo para o acto de entrega dos premios.
Premios:
Premio da categoría de centros de ensino: 300 € en metálico para o centro de ensino + trofeo
Premio da categoría libre: 700 € en metálico para o gañador/es + trofeo
Premio do público: trofeo
Accésit: O xurado pode considerar outorgar un accésit a aquela peza que mostre unha alta calidade, aínda que non superior á da gañadora. O accésit consistirá nun trofeo.

IX concurso de viñetas “Donas”. Mulleres na historia de Galicia


O obxecto do concurso é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6 viñetas) para reflexionar, concienciar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, xa que representan o cambio e o futuro, sobre as mulleres na historia de Galicia co obxecto de visibilizar o empoderamento das mulleres como presenza fundamental no desenvolvemento da sociedade galega.
Participantes
Poderán participar todas as persoas físicas, con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo.
Cada participante/s só poderá presentar unha única obra orixinal e inédita, escrita en galego e non premiada con anterioridade.
Non poderán participar as persoas que fosen premiadas con anterioridade neste concurso.
Temática
Os traballos presentados versarán sobre:
– Historia das mulleres en Galicia.
– Biografías femininas galegas que visibilicen as súas obras ou legados: profesoras, políticas, científicas, activistas, escritoras, periodistas, poetas, exiliadas, armadoras, artistas, almirantas de navegación, investigadoras, deportistas, etc.
– Empoderamento feminino na historia de Galicia.
– O papel das mulleres e historias de vida no desenvolvemento da sociedade galega; na Galicia rural da Posguerra, na ciencia e a investigación, na mobilización feminina e a loita pola liberación das mulleres galegas na Historia, na artesanía, nos medios de comunicación, no eido do mar, etc.
Os textos empregados deberán respectar os principios da lexislación vixente en políticas de igualdade de xénero e de prevención da violencia de xénero.
Formato
A viñeta poderá presentarse en formato, como mínimo DIN A5 e como máximo en DIN A4.
A historia poderá estar composta por unha viñeta ou por un máximo de seis viñetas cun fío condutor.
Poderá empregarse a técnica libre.
A execución do traballo poderá ser manual ou dixital.
A obra presentarase en soporte físico de papel.
A obra non poderá ir asinada co nome.
O idioma empregado será o galego.
Premio
Poderase participar en dúas categorías:
CATEGORÍA A (idades comprendidas entre os 12 e 14 anos).
Primeiro premio: consistirá nun iPAD AIR e unha colección de cómics.
Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics.
CATEGORÍA B (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos).
Primeiro premio: consistirá nun iPAD AIR e unha colección de cómics.
Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de abril de 2018.
Forma de presentación: 
os traballos entregaranse nun sobre pechado; no exterior do sobre indicarase IX Concurso de Viñetas “Donas”, a categoría na que se presenta (categoría A para persoas de entre 12 e 14 anos e categoría B para persoas entre 15 e 18 anos) e un pseudónimo como identificador do traballo.
Dentro deste sobre irán o traballo e outro sobre pechado co pseudónimo no exterior. No seu interior a folla de aceptación dos compromisos e autorización de datos de carácter persoal cos datos requiridos.

Intercambio xuvenil en Cantabria



Título: YOUTHSOE empregabilidade e emprendemento xuvenil no marco da RESOE.
Na terceira rolda Erasmus +, do ano 2017, aprobouse o proxecto de intercambio xuvenil presentado pola entidade “Ser Joven” de Cantabria.
As datas do intercambio son do 23 ao 30 de abril, incluídos viaxes.
Lugar do intercambio: albergue xuvenil Gerardo Diego de Solórzano (Cantabria). Aloxamento en habitacións de uso múltiple.
Pagaranse os gastos de transporte de ida e volta, (debidamente xustificados) desde o domicilio ata o lugar do aloxamento ata un total de 180 € por participante.
Participantes e perfil: 
-5 participantes por cada comunidade autónoma (Galicia, Asturias, Castela e León e Cantabria) e 20 participantes de Portugal (10 da rexión centro, e 10 da rexión norte).
-Perfil: 18 a 25 anos, con dificultades de empregabilidade, de carácter social, educativo, económico… Non é necesario que todos os participantes carezan de formación, é máis, é interesante formar un grupo heteroxéneo no que poidan achegarse uns a outros.
Os mozos interesados teñen que enviar un correo coa súa motivación para participar á dirección da entidade organizadora, e-mail: info@ser-joven.org
PROGRAMA 
Día 1
Mañá:
Coñecémonos e analizamos a nosa identidade laboral. Formación: 3 horas. Lego Serious Play (posible en inglés)
Que é Lego Serious Play?. É unha metodoloxía radical de innovación para xestionar e solucionar problemas complexos e fomentar o traballo colaborativo aplicable a diferentes contextos persoais, laborais e empresariais onde o xogo serio, a comunicación, a creatividade e a innovación póñense en marcha para construír equipos, xerar competencias e fortalecer alicerces empresariais.
Con LEGO SERIOUS PLAY (LSP), a través das preguntas do facilitador, cada participante constrúe o seu propio modelo  tridimensional utilizando pezas especializadas de LEGO. Os modelos serven de base para discusións grupais e toma de decisións concretas.
Desde a década dos 70s, diversas investigacións constataron que a inmensa maioría da xente prefire os enfoques visuais e espaciais para a resolución de problemas. Cando activamos esta forma de pensamento somos máis creativos que cando usamos palabras ou concepto e atopamos posibles solucións que doutra forma pasarían desapercibidas. Outro dos maiores beneficios de LSP é o enfoque cara a resultados compartidos.
Algúns aspectos que abordaremos no Taller de Lego Serious Play
-A ‘xestión’ de nosa propia identidade no mercado laboral xa é unha das competencias básicas do século  XXI.
-Como nos situamos no mundo laboral, e como posiciónannos os  demais require un nivel de  reflexión e ferramentas que non sempre aprendemos a manexar no sistema educativo.
- Neste taller adaptamos o popular lenzo de modelo CANVAS persoal a 3 Dcon a axuda do Lego SeriousPlay® ao individuo para explorar facetas do noso perfil profesional, visualizar relaciónana entre eles, para explotar as posibles oportunidades e para superar as resistencias e conflitos. 
- Aprendemos a converter o noso perfil persoal en accións, propostas e confianza para afrontar un mercado laboral complexo, competitivo e esixente.
QUE?! Ofreces, dás, fas, tes de valor, recibes a cambio.
QUEN? Es, axudas, coñécete, pode ser o teu cliente, os teus socios, pódete axudar.
COMO?” Axudas, relaciónaste, chegan a coñecerte, engades valor.
Tarde: 
Visita á o Parque Científico Tecnolóxico de Cantabria.
Día 2
Todo o día:  Visita Asociacións produtores Vales pasiegos:
http://www.vallespasiegos.org/turismo/gastronomia/itemlist/category/110-produtores-/-artesáns 
Emprendemento agroecolóxico
- Adegas
- Cerámica
- Cervexa
- Arandos ecolóxicos
- Leite e iogures
- Mel
- Produtos cárnicos
- Queixos
- Sobaos e queixadas
Día 3
Mañá: Charla formativa. 3 horas.  Márketing dixital. Como vender o teu produto en redes sociais
Tarde: Charla CRAE Cantabria. 3 horas
 
Día 4
Visita a Suances
- Proxecto municipal de agricultura ecolóxica de Suances. Escola emprendemento agroecológico de Suances.
- Grupos de consumo
- Horto ecolóxico-Selo de calidade e proximidade 'Terrae Eco Km 0'.
- Produtos de tempada, artesanais, agroecológicos ou ecolóxicos e de proximidade.
Torrelavega. Viveiro de empresas.
Día 5
Pola mañá: Santoña. Conserveiras.
Pola tarde: Alto Asón
Día 6
Pola mañá: visita a unha oficina de emprego do Servizo Cántabro de Emprego. Visita á oficina. Coñecemos os recursos para o emprego dos servizos públicos de Emprego. Coñecemos os recursos de mobilidade REDE EURES.
Pola tarde: Grupo de Acción local Liébana.
Día 7 
Pola mañá: Visita Destilería Siderit. Encontro con mozos emprendedores e networking

venres, 2 de marzo de 2018

#CTRLnonéamor




#CTRLnonéamor e un recurso sobre violencia nas relacións de noivado entre adolescentes, cuxo obxectivo e proporcionar unha visión crítica das relacións de parella baseadas nos mitos do amor romántico. Para iso, presentamos unha guía moi visual na que tomamos algunhas das frases románticas máis coñecidas das nosas linguas (galego e castelán) e lles damos a volta para fomentar a reflexión.

Preme aquí.

xoves, 1 de marzo de 2018

XXII Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor 2018”


O Concello de FENE convoca a XXII edición do premio de humor gráfico Curuxa do Humor 2018
Categorías:
Categoría CURUXA, calquera persoa maior de 25 anos residente no Estado español.
Categoría CURUXA-NOVA, calquera persoa de até 25 anos residente no Estado español. As persoas menores de 25 anos poderán participar na categoría xeral, CURUXA, extremo que implica a renuncia á categoría CURUXA-NOVA.
Os/as participantes poderán presentar un só debuxo.
Temática:
As obras presentadas serán de temática libre. Humor gráfico nas súas modalidades mudo, texto ilustrado ou viñeta.
Características do debuxo:
As obras presentadas a concurso deberán ser de creación propia e inédita.
Presentaranse en formato papel, mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente.
A dimensión máxima do debuxo será de 29,7x42 cm (A3).
Non se admitirán fotocopias nin gravados.
Lingua:
Os traballos deberán estar redactados en galego ou en calquera das linguas oficiais do Estado aínda que, neste caso, o/a autor/a deberá achegar a tradución ao galego do texto do debuxo. Admítense traballos de humor mudo.
Prazo:
O prazo para presentar debuxos estaá aberto ata o día 31 de maio de 2018.
Envío de orixinais:
A presentación da documentación efectuarase no Rexistro Xeneral do Concello de Fene sito na R/Concello s/n ou noutros rexistro dirixidos a este enderezo
Identificación:
Os traballos enviaranse en paquete/sobre sen remite e facendo constar no exterior “Para o concurso do humor gráfico-Curuxa 2018”, amais da categoría na que concursa:
Rexistro Xeral do Concello de Fene
R/ Alcalde Ramón Souto González, s/n
15500 Fene
A Coruña
As obras presentaranse baixo o sistema de plica, polo que serán enviadas xunto cun sobre independente, pechado, e en cuxo exterior conste:
– Nome do certame: CONCURSO DE HUMOR GRÁFICO-CURUXA DO HUMOR 2018
– A categoría na que concursa: CURUXA ou CURUXA NOVA
– Título da obra
– Lema ou seudónimo da persoa que sexa a súa autora
Exposición dos traballos:
A presentación de traballos a concurso implica a autorización expresa ao Museo do Humor do Concello de Fene a utilizar estas imaxes a efectos simplemente expositivos, no propio Museo e/ou noutras instalacións do termo municipal así como na páxina web municipal.
Premios:
Categoría Curuxa (maiores de 25 anos)
1º Premio, dotado con 2.000 € e diploma
2º Premio, dotado con 1.500 € e diploma
Categoría Curuxa-nova (menores de 25 anos)
1º Premio, dotado con 1.000 € e diploma
2º Premio, dotado con 500 € e diploma
Máis información e en www.fenecidadan.net
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/02/16/2018_0000001224.pdf