xoves, 1 de marzo de 2018

XXII Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor 2018”


O Concello de FENE convoca a XXII edición do premio de humor gráfico Curuxa do Humor 2018
Categorías:
Categoría CURUXA, calquera persoa maior de 25 anos residente no Estado español.
Categoría CURUXA-NOVA, calquera persoa de até 25 anos residente no Estado español. As persoas menores de 25 anos poderán participar na categoría xeral, CURUXA, extremo que implica a renuncia á categoría CURUXA-NOVA.
Os/as participantes poderán presentar un só debuxo.
Temática:
As obras presentadas serán de temática libre. Humor gráfico nas súas modalidades mudo, texto ilustrado ou viñeta.
Características do debuxo:
As obras presentadas a concurso deberán ser de creación propia e inédita.
Presentaranse en formato papel, mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente.
A dimensión máxima do debuxo será de 29,7x42 cm (A3).
Non se admitirán fotocopias nin gravados.
Lingua:
Os traballos deberán estar redactados en galego ou en calquera das linguas oficiais do Estado aínda que, neste caso, o/a autor/a deberá achegar a tradución ao galego do texto do debuxo. Admítense traballos de humor mudo.
Prazo:
O prazo para presentar debuxos estaá aberto ata o día 31 de maio de 2018.
Envío de orixinais:
A presentación da documentación efectuarase no Rexistro Xeneral do Concello de Fene sito na R/Concello s/n ou noutros rexistro dirixidos a este enderezo
Identificación:
Os traballos enviaranse en paquete/sobre sen remite e facendo constar no exterior “Para o concurso do humor gráfico-Curuxa 2018”, amais da categoría na que concursa:
Rexistro Xeral do Concello de Fene
R/ Alcalde Ramón Souto González, s/n
15500 Fene
A Coruña
As obras presentaranse baixo o sistema de plica, polo que serán enviadas xunto cun sobre independente, pechado, e en cuxo exterior conste:
– Nome do certame: CONCURSO DE HUMOR GRÁFICO-CURUXA DO HUMOR 2018
– A categoría na que concursa: CURUXA ou CURUXA NOVA
– Título da obra
– Lema ou seudónimo da persoa que sexa a súa autora
Exposición dos traballos:
A presentación de traballos a concurso implica a autorización expresa ao Museo do Humor do Concello de Fene a utilizar estas imaxes a efectos simplemente expositivos, no propio Museo e/ou noutras instalacións do termo municipal así como na páxina web municipal.
Premios:
Categoría Curuxa (maiores de 25 anos)
1º Premio, dotado con 2.000 € e diploma
2º Premio, dotado con 1.500 € e diploma
Categoría Curuxa-nova (menores de 25 anos)
1º Premio, dotado con 1.000 € e diploma
2º Premio, dotado con 500 € e diploma
Máis información e en www.fenecidadan.net
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/02/16/2018_0000001224.pdf

Ningún comentario:

Publicar un comentario