Amosando publicacións coa etiqueta Norma Editorial. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Norma Editorial. Amosar todas as publicacións

venres, 18 de xaneiro de 2019

Concurso de cómic manga, Norma Editorial


Norma Editorial convoca un Concurso de cómic manga
O obxectivo do concurso é presentar unha idea para o posterior desenvolvemento dun manga de 160 páxinas. Este volume presentará unha historia  autoconclusiva. Deberá conter uns protagonistas con carisma e ben definidos.
Os traballos presentados a concurso deberán ser orixinais e inéditos en toda a súa forma, así como non ser presentados a ningún outro certame ou feito públicos (tanto de forma impresa como dixital).
A temática, estilo e xénero son totalmente libres e o proxecto para presentar debe consistir en:
•Resumo do argumento da obra nun espazo mínimo de 1 folla e máximo de 2 follas (a unha cara) así como un resumo de 5 ou 6 liñas como presentación do proxecto. Tan só se aceptan arquivos DOC, RTF ou TXT. Outros formatos serán descartados.
•Creación das 8 primeiras páxinas (8 follas a unha cara) da obra. O gañador terá despois que seguir desenvolvendo a historia ata completar as 160 páxinas requiridas.
•Pode engadirse de maneira opcional unha portada (en branco e negro ou a cor) así como fichas dos personaxes.
•Datos persoais do autor ou autores: Nome e apelidos. Dirección completa. Correo electrónico. Teléfono. Ano de nacemento. Experiencia artística, se a hai. Nacionalidade.
Os proxectos poden presentarse en formato físico (papel) ou dixital. En ningún caso deben enviarse os orixinais, debido a que en ningún caso devolveranse os materiais recibidos. As páxinas deben estar debuxadas a un tamaño proporcional a 11,5 x 17,5 cm (tamaño de impresión final), sendo ilimitado o tamaño máximo do bosquexo ou debuxo orixinal, pero limitado a 23 x 35 cm (máis 4 mm de sangue) como máximo para o documento  entintado e tramado.
Pode empregarse calquera técnica creativa, tendo en conta que a obra será en branco e negro e que debe estar entintada e cunha  rotulación lexible. Non se aceptarán traballos presentados a lapis ou a cor.
Pódense presentar un máximo de tres obras por autor, a título individual ou formando parte dun colectivo ou grupo de autores.
O prazo de admisión finaliza o 25 de agosto de 2019 ás 23:59, hora peninsular española.
Requisitos
O concurso ten carácter internacional, polo que poden presentarse candidatos con calquera nacionalidade e idade.
Dotación
O premio consistirá nun contrato de edición para completar a obra nun total de 160 páxinas e ser publicada por Norma Editorial. Este contrato contemplará un anticipo en concepto de  royalties e dereitos de representación de 3.000 euros.

Máis información: 
Norma Editorial
concursomanga@normaeditorial.com
https://www.normaeditorial.com/concursomanga/?page_id=3855