Amosando publicacións coa etiqueta Verán. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Verán. Amosar todas as publicacións

mércores, 21 de febreiro de 2018

Campus Científicos de Verán 2018


O Ministerio de Educación convoca 1.560 axudas para participar no ano 2018 no Programa «Campus Científicos de Verán» para alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato.
Os Campus terán lugar do 2 ao 29 de xullo de 2017, en catro quendas de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado a mediodía.
Os proxectos ofertados, enmarcaranse nalgunha das áreas científicas: física, química, matemáticas, ciencias naturais e medioambientais e nas súas disciplinas asociadas.
Proxectos:
Universidade Autónoma de Madrid, Universidade de Almería, Universidae de Burgos, Universidade de Cádiz, Universidade Carlos III de Madrid, Universidade de Extremadura, Universidade de Granada, Universidade Jaume I de Castellón, Universidade das Palmas de Grana Canaria, Universidade de oviedo, Universidade Politécnica de Cartaxena, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Sevilla, Universidade de Valencia e Politécnica de Valencia e Universidade de Vigo.
Requisitos:
Ter nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 2000.
Estar a cursar, no ano académico 2017-2018 1º de Bacharelato da modalidade de Ciencias, ou 4º de ESO na opción de ensinos académicos cursando as materias troncais de "bioloxía e xeoloxía" e "física e química" ou na opción de ensinos aplicados cursando as materias troncais de "ciencias aplicadas á actividade profesional" e "tecnoloxía",
Ter unha nota media no curso escolar 2016-2017 igual ou superior a 8,5 puntos.
As solicitudes deberanse cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da dirección electrónica www.campuscientificos.es
A obtención da axuda comportará a cobertura dos gastos de participación no proxecto adxudicado, con excepción do traslado desde os seus lugares de orixe ata o Campus asignado, así como desde este ata os seus domicilios, que será por conta dos adxudicatarios das axudas.
Os solicitantes que obteñan praza, deberán abonar a cantidade de 85 euros, en concepto de matriculación
Haberá 4 quendas de participación entre os días 1 e 28 de xullo de 2018.
Os campus científicos desenvolveranse en varias universidade españolas, entres elas a de Vigo e a de Santiago.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de marzo de 2018 ás 15.00h.
Máis información no BOE do 15 de febreiro de 2018 e en www.campuscientificos.es
http://educacion.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/extraescolares.html

xoves, 15 de febreiro de 2018

Actividades de formación en linguas estranxeiras durante o verán


A Consellería de Educación convcoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, durante o ano 2018.
O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2018, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2018/19.
Requisitos:
a) Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2017/18, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2016/17.
c) Ter acadado no curso 2016/17 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
d) Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2017/18, nun centro da Rede de centros plurilingües.
Destinos:
destinos
As solicitudes poden descargarse de https://sede.xunta.es co procedemento ED504B
O prazo para presentar solicitudes estrará aberto ata o 7 de marzo de 2018.
Máis información no DOG do 7 de febreiro de 2018 en www.edu.xunta.es/axudasle