venres, 8 de decembro de 2017

Protexe os teus datos na rede con "Ti controlas na internet"



Protexer os nosos datos na internet é primordial para unha navegación segura. Por iso, a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) elaborou os materiais "Ti controlas na internet" e organizou o taller para familias "Os menores e o seu cibermundo". Esta nova campaña de prevención está destinada a mozas e mozos de entre 7 e 17 anos.
Navegar por internet pode ser perigoso se non sabemos protexer ben os nosos datos en certas situacións. Por iso, hai que saber que cousas compartir e cales non. Co obxectivo de ensinar tanto a mozos como a familias a navegar de maneira segura na rede, a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) publicou na súa web unha serie de 4 vídeos denominados "Ti controlas na internet".
No primeiro deles ínstase aos mozos a non ser partícipes do abuso escolar a través de redes sociais, e denunciar os casos que coñezan. Noutro, lémbrase que a pegada dixital que deixamos tras o uso da rede é permanente, e que non se deben compartir contido de carácter íntimo con outros usuarios, así como aspectos da súa vida que poidan expoñelos.
Por último elaborouse un vídeo no que se pretende animar ás persoas novas a optar por actividades de lecer lonxe das pantallas dos computadores e móbiles, e a gozar do tempo libre con actividades físicas.
En  conjuto cos vídeos, a  AEPD dispuxo dunha Guía destinada a centros educativos para tratar nas aulas consellos e recomendacións para navegar seguros por internet, con actividades que axuden aos alumnos para sentar as bases dun uso seguro da rede.
Ademais, existe o curso familiar "Os menores e o seu  cibermundo", no que a través de vídeos explicativos ensínase a crear contrasinais seguros, coñecer as distintas plataformas sociais e como facer bo uso delas, a acompañar a pais e nais aos menores na navegación, a detectar perigos e protexerlles deles e medios de actuación contra o acoso escolar a través de redes sociais.

http://www.tudecideseninternet.es/agpd1/

Ningún comentario:

Publicar un comentario