luns, 4 de decembro de 2017
Parlamento Xove 2018
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abre o prazo para a inscrición na novena edición de Parlamento Xove.
Destinatarios: centros educativos de 1º e 2º de Bacharelato e 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.
O Parlamento Xove é unha competición na que os diversos equipos inscritos, formados por catro alumnos/a e un profesor que será o coordinador, investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. O programa realizarase en dúas fases, unha primeira clasificatoria da que xurdirán oito equipos gañadores, que se enfrontarán nunha segunda fase final. Paralelamente, se desenvolverá un concurso voluntario de artigos de investigación sobre o tema formulado. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.
O obxectivo desta iniciativa é fomentar entre a xuventude o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias; ao tempo que se potencian as habilidades individuais e grupais promovendo a selección de información, a expresión oral e escrita, as competencias básicas, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo e a convivencia. Tamén se fomenta a tolerancia, a toma de conciencia no comportamento democrático e respecto polas ideas dos demais.
Toda a información no seguinte enlace:
http://www.parlamentoxove.com/
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario