mércores, 28 de febreiro de 2018

Consumópolis-13 Na publicidade: todo vale?



A Consellería de Educación e o Instituto Galego do Consumo e da Competencia convocan a fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis-13 Na publicidade: todo vale?
O concurso consta de dúas partes:
A primeira parte do concurso consiste na realización do percorrido pola cidade virtual de Consumópolis, que se desenvolve a través do sitio web www.consumopolis.es
A segunda parte do concurso consiste no deseño, elaboración e presentación dun traballo conxunto sobre consumo responsable.
Participantes
Poderán participar nesta fase autonómica todos aqueles equipos constituídos por cinco alumnos ou alumnas que cursen estudos 5º ou 6º de educación primaria ou 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria en calquera centro docente da Comunidades Autónoma de Galicia.
Cada alumno ou alumna participante só poderá formar parte dun equipo. Os equipos deben procurar a paridade, polo que se procurará que cada equipo non teña máis de tres membros do mesmo sexo.
Cada equipo debe estar coordinado por un docente do centro. Un mesmo docente poderá coordinar máis dun equipo no seu centro.
Non existe límite para o número de equipos que se poden formar en cada centro docente.
Categorías de participación
– Categoría A: alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria.
– Categoría B: alumnado de 1º e 2º curso de ESO.
– Categoría C: alumnado de 3º e 4º curso de ESO.
O prazo para a presentación dos traballos á fase autonómica estará aberto ata o día 27 de abril de 2018.
As solicitude deberán tramitarse en https://sede.xunta.gal co código de procedemento IN114A
Premios:
Concederanse tres premios de 1.000, 600 e 300 euros para os traballos clasificados respectivamente en primeiro, segundo e terceiro lugar por cada unha das categorías de participación.
Os traballos clasificados en primeiro lugar en cada unha das categorías de participación representarán a Comunidade Autónoma de Galicia na fase estatal, que terá lugar en Madrid.
Máis información no DOG do 26 de febreiro de 2018 e en www.consumopolis.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario