A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren o prazo para propoñer palabras aspirantes a se converter na Palabra do Ano 2020.
A elección colectiva do termo convócase un ano máis a través do Portal das Palabras, o proxecto impulsado por ambas as entidades para a difusión do léxico galego.
A proposta de termos, permanecerá aberta ata o domingo 13 de decembro ás 23:59 horas. Posteriormente, do 14 ao 25 de decembro, someteranse a votación telemática os máis significativos e máis repetidos na primeira fase. O luns 28 de decembro darase a coñecer a Palabra do Ano 2020.
Ningún comentario:
Publicar un comentario