ACT non só é un Festival. Tamén é unha feira de artes escénicas á que acoden programadores de todo o mundo.
O festival cobre o aloxamento -en habitacións compartidas- para os/as intérpretes e equipo técnico necesario da compañía; os almorzos, comidas e ceas tamén están incluídos na invitación, así como os pases para todas as actividades que se desenvolven durante os 4 días de festival. Estes pases inclúen talleres, charlas e todos os espectáculos programados no mesmo. O festival non se fai cargo dos gastos de transporte, que deberán ser asumidos pola compañía ou institucións contactadas pola mesma.
Requisitos:
Artistas emerxentes da escena internacional que contan con traballos escénicos de máximo 30 minutos de duración. O festival aposta por compañías que toman riscos nas súas propostas e por novos formatos e linguaxes escénicas.
Dotación
- Premio ACT que consiste en 2.000 € para a produción dun novo proxecto e unha residencia de dúas semanas de duración en Bilbao. Ademais da posibilidade de visitarnos na próxima edición para presentar o resultado do novo traballo.
- Premio ACT- DURI Corea ao mellor artista emerxente internacional, consistente nunha actuación no Teatro Duri Dance de Seúl con todos os gastos cubertos.
- Residencia Artística ACT- BAD. 15 días de residencia con aloxamento nun espazo municipal.
- Dúas mencións sen retribución económica para as categorias que o xurado considere.
Prazo: ata o 13 de decembro de 2020
Máis información: http://bai-bai.net/act/
Ningún comentario:
Publicar un comentario