martes, 20 de abril de 2021

Oferta de empleo público de la Xunta de Galicia 2021

 

Oferta de emprego público da Xunta de Galicia 2021

20 Abr 2021

    Diario Oficial de Galicia do 20 de abril de 2021 publícase a Oferta de Emprego Público (OEP) da Administración Xeral da Xunta de Galicia para o ano 2021 que inclúe un total de 1.006 prazas de acceso libre.

    O maior número de prazas de acceso libre concéntrase na escala de auxiliares de clínica con 140 prazas; na escala de axentes técnicos facultativos con 101 prazas na especialidade en xardín de infancia; ou na escala de técnicos facultativos con 28 prazas na especialidade de educadores ou 19 na especialidade de enfermaría. Tamén se inclúen 46 prazas para a escala de enxeñeiros técnicos; 45 prazas na escala de enxeñeiros; 34 para a escala de ciencias; ou 13 prazas para a escala de xerocultor. A todas estas prazas poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos esixidos nas correspondentes convocatorias, e as probas desenvolveranse a través do sistema de concurso-oposición.

    En canto ao eido administrativo, destacan 77 prazas para o corpo superior (A1), 79 para o corpo de xestión (A2), 51 para o corpo administrativo (C1), 62 para o corpo auxiliar (C2) e 47 prazas para a agrupación profesional de persoal subalterno (AP).

    DOG do 20 de abril de 2021

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario