A Consellería de Educación convoca premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2019/20 nos centros docentes de Galicia e que os rematou no ano 2020.
Poderanse conceder ata 23 premios extraordinarios, un por cada familia de formación profesional de grao superior que se imparte na Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos:
1. Ter cursados estudos de formación profesional de grao superior durante o curso 2019/20 nalgún centro educativo de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ter rematado os estudos no ano 2020.
2. Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.
A dotación para os premios será de 850 € por premio.
O prazo para optar aos premios estará aberto ata o 12 de maio de 2021.
A inscrición pode facerse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311B
Máis información no DOG do 12 de abril de 2021 e en https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/
Ningún comentario:
Publicar un comentario