Amosando publicacións coa etiqueta Bolsas de Posgrao no Estranxeiro da Fundación Barrié. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bolsas de Posgrao no Estranxeiro da Fundación Barrié. Amosar todas as publicacións

venres, 18 de xaneiro de 2019

Bolsas de Posgrao no Estranxeiro da Fundación Barrié


A Fundación Barrié convoca 10 Bolsas de Posgrao para a ampliación de estudos no estranxeiro.
Requisitos: 
Ter a nacionalidade española.
Ter vinculación con Galicia. Para ese efecto, considerarase unicamente nos seguintes supostos: 
a) Candidatos/as nados/as en Galicia 
b) Persoas candidatas cun proxenitor nado en Galicia 
c) Persoas candidatas empadroadas en calquera dos concellos de Galicia como mínimo 2 anos inmediatamente anteriores á data de apertura da convocatoria.
Estar en posesión dun título superior expedido por unha universidade española ou estranxeira (homologado polo Ministerio de Educación). Tamén poderán solicitar a bolsa os/as candidatos que estean cursando o seu último ano durante o curso académico 2018-2019.
Os/as solicitantes deberán inscribirse en estudos conducentes á obtención dun título de Máster, que se desenvolvan de maneira presencial, continua, a tempo completo e no estranxeiro.
Dotación:
A dotación económica da bolsa será dun máximo de 50.000 € anuais, que se aplicarán total ou parcialmente, por esta orde, aos seguintes conceptos:
1. Matrícula do programa no centro de destino
2. Dotación inicial única de 1000 € para gastos de viaxe e instalación
3. Asignación mensual de 1.600 € en concepto de aloxamento, manutención
O prazo para solicitar as becas estará aberto ata as 14:00 h do 4 de febreiro de 2019