luns, 2 de xaneiro de 2017
Voluntariado Ambiental en Parques Nacionais
A Oficina Ecocampus UAM xunto a Amigos da Terra ofertan de novo este ano os Campos de Voluntariado Ambiental en Parques Nacionais. Esta iniciativa, promovida polo Organismo Autónomo Parques Nacionais do Ministerio de Medio Ambiente, tenta contribuír á concienciación ambiental a través do desenvolvemento de proxectos e actividades nos diferentes espazos que compoñen a Rede de Parques Nacionais, así como nas Leiras e Centros adscritos ao citado Organismo.
Abrirase a convocatoria a partir de xaneiro de 2017
Os Campos de Voluntariado Ambiental repartiranse en 4 Parques Nacionais: Táboas de Daimiel, Illas Atlánticas de Galicia, Monfragüe e Sierra Nevada. A duración dos mesmos varía segundo o Parque de que se trate, sendo de entre 4 e 14 días.
http://www.uam.es/servicios/ecocampus/especifica/part_campos.htm
domingo, 1 de xaneiro de 2017
Erasmus para mocidade emprendedora
O Programa Erasmus para Mocidade Emprendedora axuda aos aspirantes europeos a empresarios a adquirir as habilidades necesarias para crear e/ou dirixir con éxito unha pequena ou mediana empresa en Europa. Os novos emprendedores adquiren e intercambian coñecementos e ideas de negocio con empresarios experimentados con quen convive e colaboran durante períodos de entre 1 e 6 meses. A estancia está parcialmente subvencionada pola Comisión Europea.
Vantaxes
Como novo/a emprendedor/a, beneficiaraste dunha formación en prácticas nunha pequena ou mediana empresa en calquera outro país participante. Isto facilitará un bo comezo do teu negocio ou fortalecerá a túa nova empresa. Tamén poderás beneficiarche do acceso a outros mercados, da cooperación internacional e das posibilidades de colaboración con socios no estranxeiro.
Como empresario/a de acollida, poderás beneficiarte das novas ideas que un/a novo/a emprendedor/a motivado/a pode achegar á túa empresa. Quizais coñeza ou estea especializado/a en unha área que ti non dominas e que podería complementar os teus coñecementos. A maioría dos empresarios de acollida gozaron tanto da experiencia que decidiron acoller a outros emprendedores ao finalizar o intercambio.
É, sen dúbida, unha colaboración beneficiosa para ambos, grazas á cal poderedes descubrir novos mercados europeos, atopar socios ou coñecer distintas maneiras de facer negocios.
De fronte ao futuro, beneficiarédesvos da oportunidade de establecer unha ampla rede de contactos; ademais, talvez decidades continuar colaborando e facervos socios a longo prazo (p. ex. en empresas conxuntas, subcontratando actividades, establecendo relacións de contratista-provedor, etc.).
Funcionamento global do programa
O programa "Erasmus para Mozos Emprendedores" está financiado pola Comisión Europea e opera en 37 paises con axuda dos puntos de contacto locais, cuxa labor é apoiar ás empresas (p. ex. cámaras de comercio, centros de apoio á iniciativa empresarial, viveiros de empresas etc.). As súas actividades están coordinadas a nivel europeo pola Oficina de Apoio do programa.
Puntos de contacto locais:http://www.erasmus-entrepreneurs.eu/page.php?cid=05&pid=018&ctr=ES&country=España
Guía en inglés do programa
venres, 30 de decembro de 2016
Vota polo teu proxecto Movic favorito
A Rede de Albergues Xuvenís, REAJ, finaciará parte duns dos tres proxectos presentados:
Taller de Canción de Autor. Cantautores: 1967-2017. Castela a Mancha
Mozos e Preparados. Cantabria
Implicando á Mocidade na Conservación do Medio Ambiente e o Desenvolvemento Sustentable. Galicia
Ata o 16 de xaneiro de 2017, teredes a oportunidade de votar polo Proxecto MOVIC que máis vos guste:
http://reaj.com/vota-proyecto-movic-favorito/
mércores, 28 de decembro de 2016
Nós tamén creamos!
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan as bases e os premios ás curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2016/2017.
Premios:
Establécense tres categorías para as que se convoca cadanseu premio:
Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil.
Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria.
Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria.
O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.
O prazo de presentación das solicitudes rematará o día 9 de febreiro de 2017.
http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias?content=/Portal-Lingua/Contido/convocatoria/Premios/convocatoria_0046.html
luns, 26 de decembro de 2016
Consumópolis12, Internet: fas un uso responsable?
O Instituto Galego de Consumo convoca este programa educativo en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
O obxectivo deste programa é a realización dun proxecto que permita reflexionar de xeito consciente, crítico e solidario, sobre distintos aspectos do consumo responsable mediante a participación nun xogo pedagóxico virtual e nun concurso escolar a nivel estatal. A temática deste curso é a internet: “Consumópolis 12. Internet, fas un uso responsable?”.
Obxectivos específicosPara o alumnado:Adquirir habilidades básicas que lle permitan realizar un consumo responsable na súa vida cotiá.
Coñecer os recursos e as ferramentas para solucionar problemáticas de consumo.
Manexar de xeito consciente e responsable as tecnoloxías da información e da comunicación.
Para o profesorado:
Comprender a importancia e o significado de realizar un consumo responsable e trasladalo ao seu alumnado.
Coñecer e manexar os recursos e as ferramentas para traballar estes contidos e transmitirllas ao seu alumnado.
Aumentar as habilidades de uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación.
Para o resto da comunidade educativa:Colaborar e participar de xeito activo nas iniciativas sobre consumo responsable promovidas polo alumnado participante no proxecto.
Ser consciente da importancia de desenvolver actitudes e comportamentos cara un consumo máis crítico.
Fases:
Consumópolis consta de dúas fases:
- Primeira fase: Percorrido pola cidade virtual de Consumópolis:
Na primeira parte do concurso, o alumnado participa no xogo pedagóxico virtual desenvolvido a través da plataforma http://consumopolis.es/, no que terá que completar o percorrido pola cidade virtual de Consumópolis, resolvendo diferentes probas, de carácter pedagóxico e lúdico.
Cada centro participante formará equipos de 5 alumnos/as, coordinados por 1 docente (un mesmo docente poderá coordinar varios equipos, pero os concursantes só poderán inscribirse nun equipo), e divididos en 3 categorías de participación:
Categoría 1: 5º e 6º curso de primaria.
Categoría 2: 1º e 2º curso de ESO.
Categoría 3: 3º e 4º curso de ESO.
Para pasar á segunda fase é preciso que os cinco membros do equipo completen o percorrido.
- Segunda fase: Realización dun traballo en equipo.
Nesta edición os equipos terán que realizar un blogue, no que se reflicta un uso responsable de Internet e das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) desde o punto de vista do consumo. Isto implica o estudo e a reflexión sobre cuestións como: as vías de acceso a Internet; os modos de uso das redes sociais; os tipos de produtos TIC consumidos; a reflexión sobre os seus riscos ou como realizar un consumo responsable destes produtos; compra segura e responsable; dereitos e obrigas das persoas consumidoras; formas de pago seguro...
Este traballo poderá optar a dúas convocatorias de premios, unha autonómica e outra nacional.
As dúas fases poderán desenvolverse entre o 15/10/2016 e o 07/04/2017.
Produto final
Creación dun blogue no que se reflicta un uso responsable de Internet e das TIC dende o punto de vista do consumo responsable.
Premio:Os traballos realizados poderán participar en dúas convocatorias de premios, unha autonómica e outra nacional:
Convocatoria autonómica: Concederanse tres premios en metálico de 1.000, 600 e 300 € para os traballos clasificados respectivamente en primeiro, segundo e terceiro lugar por cada unha das categorías de participación. A convocatoria para optar a estes premios publicarase no DOG durante o primeiro trimestre de 2017.
Convocatoria nacional: Os primeiros clasificados na convocatoria autonómica representarán á Comunidade Autónoma de Galicia na convocatoria nacional. Os premios nacionais consistirán nun computador portátil ou tableta para cada un dos cinco concursantes e o docente que coordinara ao equipo gañador. Ademais, recibirán un diploma acreditativo como gañadores. Os centros aos que pertenzan os equipos gañadores recibirán un premio en metálico de 2.000 euros e un diploma acreditativo para o centro.
Máis información: https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/proxectos/consumopolis
mércores, 21 de decembro de 2016
X Certame de Poesía Concello de Mugardos
O Concello de Mugardos convoca o X Certame de Poesía “Concello de Mugardos” 21 de marzo - Día da Poesía
Establécense tres categorías:
ata 12 anos
de 13 a 17 anos
iguais ou maiores de 18 anos.
Cada concursante poderá presentar unha única poesía, que se axustará ás seguintes normas:
O tema e libre.
As poesías estarán escritas en galego, en formato DIN A4 por unha cara (extensión máxima), a dobre espazo, corpo de letra 14 e encabezada polo título.
As poesías terán que ser orixinais, inéditas e non premiadas en calquera outro tipo de concurso.
Achegaranse dúas copias sen asinar dentro dun sobre pechado que especificará no exterior o pseudónimo elixido polo/a autor/a, a categoria na que concursa e o nome do certame. Dentro deste sobre incluirase outro sobre pechado, co pseudónimo no exterior, que conterá fotocopia do documento de identidade e unha cuartilla co nome, apelidos, idade, enderezo completo e teléfono do/a autor/a.
O prazo de entrega das poesías estará aberto do 16 de xaneiro ata o 17 de febreiro de 2017.Enviaranse mediante correo certificado ao seguinte enderezo:
IX CERTAME DE POESÍA CONCELLO DE MUGARDOS
Concellaría de Cultura do Concello de Mugardos
Avda. de Galicia 45
15620 Mugardos
A Coruña
O premio consistirá nun bono para mercar libros:
100€, para a categoría de iguais ou maiores de 18 anos
60€, para a categoría de 13 a 17 anos, ambos inclusive
40€, para a categoría de ata 12 anos, inclusive
Máis información no BOP da Coruña do 20 de decembro de 2016 e na OMIX de Mugardos, teléfono 981 470 338 e en http://www.concellodemugardos.org/
xoves, 15 de decembro de 2016
Minerva
O Colexio Manuel Peleteiro convoca a 45 edición dos Premios Literarios Minerva. Un certame anual, en lingua galega e modalidades Poesía e Narración, dirixido a alumnos de 3º y 4º de ESO e de Bacharelato, que cursen estudos en Galicia, e que non teñan cumpridos 20 anos o 31 de decembro de 2017.
Modalidades: Traballos orixinais e inéditos sempre. En poesía, conxunto de tres poemas, de tema e forma libres. En narración, máximo seis folios mecanografiados a dobre espazo e tema libre.
Presentación: Seis exemplares en papel e unha copia en soporte informático (Arial 12), con título e pseudónimo e sen o nome do autor. Nun sobre pechado introduciranse os datos personais do autor (nome, idade, enderezo, tlf particular, curso e Centro onde estudia, selados polo Seminario de Galego do mesmo). No exterior do sobre pechado únicamente figurará o pseudónimo ou lema e o título da obra. Traballos e plica enviaranse conxuntamente a "PREMIOS LITERARIOS MINERVA". Colexio M. Peleteiro. Monte Redondo- Castiñeiriño. 15702 Santiago de Compostela.
Premios: 3 en cada modalidade, de 600, 400 e 250 €, medalla de prata conemorativa e publicación das obras galardoadas nun libro editado polo Colexio M. Peleteiro.
O prazo para presentar obras estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2017
http://peleteiro.com/colegio/noticia/45-edicion-dos-premios-literarios-minerva
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






