domingo, 1 de xaneiro de 2017

Erasmus para mocidade emprendedora



O Programa Erasmus para Mocidade Emprendedora axuda aos aspirantes europeos a empresarios a adquirir as habilidades necesarias para crear e/ou dirixir con éxito unha pequena ou mediana empresa en Europa. Os novos emprendedores adquiren e intercambian coñecementos e ideas de negocio con empresarios experimentados con quen convive e colaboran durante períodos de entre 1 e 6 meses. A estancia está parcialmente subvencionada pola Comisión Europea.
Vantaxes
Como novo/a emprendedor/a, beneficiaraste dunha formación en prácticas nunha pequena ou mediana empresa en calquera outro país participante. Isto facilitará un bo comezo do teu negocio ou fortalecerá a túa nova empresa. Tamén poderás beneficiarche do acceso a outros mercados, da cooperación internacional e das posibilidades de colaboración con socios no estranxeiro.
Como empresario/a de acollida, poderás beneficiarte das novas ideas que un/a novo/a emprendedor/a motivado/a pode achegar á túa empresa. Quizais coñeza ou estea especializado/a en unha área que ti non dominas e que podería complementar os teus coñecementos. A maioría dos empresarios de acollida gozaron tanto da experiencia que decidiron acoller a outros emprendedores ao finalizar o intercambio.
É, sen dúbida, unha colaboración beneficiosa para ambos, grazas á cal poderedes descubrir novos mercados europeos, atopar socios ou coñecer distintas maneiras de facer negocios.
De fronte ao futuro, beneficiarédesvos da oportunidade de establecer unha ampla rede de contactos; ademais, talvez decidades continuar colaborando e facervos socios a longo prazo (p. ex. en empresas conxuntas, subcontratando actividades, establecendo relacións de contratista-provedor, etc.).
Funcionamento global do programa
O programa "Erasmus para Mozos Emprendedores" está financiado pola Comisión Europea e opera en 37 paises con axuda dos puntos de contacto locais, cuxa labor é apoiar ás empresas (p. ex. cámaras de comercio, centros de apoio á iniciativa empresarial, viveiros de empresas etc.). As súas actividades están coordinadas a nivel europeo pola Oficina de Apoio do programa.
Puntos de contacto locais:http://www.erasmus-entrepreneurs.eu/page.php?cid=05&pid=018&ctr=ES&country=España

Guía en inglés do programa

Ningún comentario:

Publicar un comentario