Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude
O certificado de experiencias de educación non formal en materia de xuventude permite confirmar a participación en programas de educación non formal da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e, sobre todo, validar as competencias e darlle visibilidade aos coñecementos, habilidades e formación derivados desa participación, en tanto que contribúen ao desenvolvemento persoal dos participantes, enriquecen o seu currículo vital e favorecen a participación activa na sociedade.
O certificado está regulado pola Orde do 26 de febreiro de 2015 pola que se regula o certificado de educación non formal en materia de xuventude (DOG nº 57 do 25 de marzo)
Se participaches nalgún dos programas que dan dereito á expedición do certificado, presenta xa a túa solicitude.
Programas que dan dereito á expedición do certificado
- Iniciativa xove, Erasmus +:Xuventude en Acción, A xuventude no mundo, Campos de traballo e Galeuropa (artigo 3.1)
- Outros programas: Correspondentes xuvenís 3.0 (artigo 3.2)
Requisitos e ámbito temporal
- Poden solicitar o certificado as persoas que participaron nalgún dos programas que dan dereito á súa expedición, individualmente ou como parte dun grupo informal, asociación ou entidade e que no momento de participar no programa non superasen os 30 anos.
- Ámbito temporal:O certificado expedirase pola participación en programas convocados a partir do 1 de xaneiro de 2012.
- As persoas interesadas teñen que presentar o formulario de solicitude debidamente cuberto (anexo I), xunto coa copia do DNI (se non se autoriza a súa comprobación). Se participaron no programa como integrantes dun grupo informal, asociación ou entidade debe achegar tamén o anexo II cuberto pola persoa representante da entidade ou grupo.
Taxa
- A emisión do certificado está suxeita ao aboamento de taxa (artigo 9).
- No seguinte enlace da Axencia Tributaria de Galicia pode confeccionar o seu impreso de taxa:
- CÓDIGOS:
- CONSELLERÍA DE: Traballo e Benestar. Código 14
- DELEGACIÓN: Servizos Centrais. Código 13
- SERVIZO DE: Xuventude. Código 03
- CÓDIGO DE TAXA: 300401
- DENOMINACIÓN DA TAXA: certificados e diplomas
- IMPORTE: 2,96 €
- CÓDIGOS:
Anexos de solicitude
Consulta aquí a Orde reguladora
Ningún comentario:
Publicar un comentario