Curso de Lingua Inglesa "English for Travelling"
02 Feb 2017
O Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil convoca o curso de Lingua Inglesa: “English for Travelling”.
Obxectivo do curso:O obxectivo do curso é desenvolver a competencia comunicativa en relación ao uso da lingua inglesa en contextos de mobilidade. Trátase dun curso práctico orientado a mellorar a comprensión e expresión oral.
Destinatarios/as:mocidade entre 18 e 35 anos de idade, con coñecementos previos de inglés a nivel Bacharelato (nivel B1 das Escolas Oficiais de Idiomas)
Número de horas: 30
Número de prazas: 20
Contidos:
- Travel abroad.
- Places to stay.
- Moving around.
- Outdoor activities.
- Ecotourism.
- What’s on?
Modalidade: Semipresencial.
- 12 horas de clases presenciais divididas en 8 sesións de 90 minutos de duración.
- 18 horas de clases a distancia.
Lugar de impartición: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil en Santiago de Compostela.
Data prevista de realización: Do 23 de febrero ao 20 de abril de 2017.
Sesións presenciais: Sesións presenciais os xoves de 17.00 a 18.30 horas, no Centro Coordinador de Información Xuvenil. R/Ramón Piñeiro 17-19.
Prazo de inscrición do 3 ao 22 de febreiro de 2017.
A inscrición no curso realizarase cubrindo o seguinte formulario de solicitude e enviandoo a informacion.xuventude@xunta.gal:
Máis información:
Centro Coordinador de Información Xuvenil
Rúa Ramón Piñeiro 17-19 baixo, Santiago de Compostela
Tel.: 881 99 76 06 / 07
Ningún comentario:
Publicar un comentario