luns, 13 de febreiro de 2017

DESEÑO CARTEL

Concurso de deseño do cartel do programa Xuventude Crea 2017

23 Xan 2017


    A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, con motivo do programa Xuventude Crea 2017, convoca un concurso co fin de elaborar o cartel do dito programa.
    Participantes
    Poderán participar no concurso todas aquelas persoas de entre 18 a 30 anos, ambas inclusive, e residentes en Galicia, agás o/a gañador/a do premio na edición do ano anterior.
    Tema
    O tema e a técnica serán libres. As obras deben incluír obrigatoriamente o texto“Programa Xuventude Crea 2017”así como as especialidades que o compoñen: artes plásticas, banda deseñada, cociña, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, relato breve, poesía, teatro e videocreación.
    Admitiranse traballos realizados tanto de forma individual como en grupo.
    Condicións
    Cada autor/a ou autores/as poderán participar con dúas obras orixinais, inéditas e en galego.
    A obra premiada pasará a ser propiedade da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que adquirirá sobre esta o dereito pleno á súa utilización, reprodución e difusión.
    A citada dirección xeral queda facultada para introducir algunha modificación na obra premiada se existira algunha dificultade técnica para a súa impresión ou para introducir algún texto ou logotipo que non figure inicialmente nestas bases.
    O cartel gañador será a imaxe do Programa Xuventude Crea 2017 e poderá ser utilizado parcial ou totalmente para o seu deseño, páxina web ou calquera outra iniciativa que considere a organización.
    Documentación
    As obras presentaranse en formato vertical cunhas dimensións de 50x70 cm, montadas en superficie ríxida (cartón pluma) que facilite a súa manipulación, e deberán estar feitas en formato dixital para poder facer as modificacións que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado considere oportunas. En ningún caso poden levar o nome nin a sinatura.
    Os/as artistas poderán confeccionar as súas obras con liberdade de procedemento e cor.
    Todas as obras irán acompañadas dos seguintes documentos:
    - Solicitude de inscrición debidamente cuberta.
    - Ao dorso de cada obra figurará un lema ou pseudónimo que servirá para preservar a identidade do/a artista ata o fallo do xurado. Este lema ou pseudónimo aparecerá, en letras maiúsculas, no exterior dun sobre pechado aparte, sen facer alusión ningunha que permita identificar ao autor/a, sendo causa de exclusión do concurso o incumprimento desta norma.
    - Dentro do sobre pechado irán os datos do/a artista: nome, apelidos, fotocopia do DNI, idade, enderezo postal, enderezo electrónico, teléfono de contacto, ficha explicativa e CD da obra e unha declaración asinada indicando que o traballo é orixinal e inédito.
    Se se apreciasen defectos ou falta de documentación por parte da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, requirirase á persoa solicitante para que no prazo de 10 días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación
    de que, se así non o fixese, se considerará desistida da súa petición.
    Lugar e prazo de entrega
    O prazo de admisión das obras estará abertoata o 28 de febrero de 2017e poderanse enviar por correo postal a:
    Concurso deseño do cartel programa Xuventude Crea 2017
    Consellería de Política Social
    Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
    Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 3º
    15781 Santiago de Compostela
    Igualmente admitirase a entrega da documentación en calquera rexistro, en horario de 9:00 h a 14:00 h, presentando a solicitude de inscrición para o seu posterior selo de entrada.
    Calquera información sobre o concurso ou solicitude de presentación a este, pode obterse mediante contacto coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado nosteléfonos 981 541 689, 981 545 702.
    A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado porá o máximo coidado nas obras recibidas, pero declina toda responsabilidade de perdas, roturas, roubos, furtos ou danos nas obras por razón de forza maior ou calquera outra causa allea á súa vontade, tanto nos actos de recepción e devolución como durante o tempo que estean baixo a súa custodia.
    Unha vez recibidas as propostas e pechado o prazo de admisión, procederase á súa valoración por un xurado responsable de resolver o concurso.
    XuradoA composición do xurado farase pública na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariadohttp://xuventude.xunta.es
    O fallo difundirase mediante unha nota na citada web e por teléfono a partir do día seguinte do fallo do concurso.
    Premio
    O/a autor/es/as da obra gañadora recibirá un único premio de 500 euros. Esta cantidade estará suxeita á lexislación vixente, aplicándose sobre a dita cantidade as retencións legalmente establecidas.
    A entrega do premio farase mediante transferencia bancaria ao número de conta que facilite o gañador/a.
    Fallo
    Antes do fallo do xurado, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poderá levar a cabo unha exposición dos traballos presentados.
    O fallo do xurado será inapelable e poderá ser declaro deserto se así o considera este.
    Devolucións
    Para a devolución das obras non premiadas existirán dous procedementos para ser retiradas:
    1. persoalmente polo seu autor/es/as ou
    2. mediante delegación, por escrito, noutra persoa no lugar onde foron entregadas, no prazo de 30 días que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do/a gañador/a na web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
    As obras non premiadas que non foran retiradas polas persoas interesadas no prazo establecido, pasarán á libre disposición da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
    A participación neste concurso implica de forma automática a plena e total aceptación, sen reservas, das presentes bases.
    Máis información en:roteiros.ctb@xunta.gal

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario