venres, 19 de febreiro de 2021

European Space Camp

 European Space Camp é un campamento de verán que terá lugar no verán de 2021, este campamento dáse de forma anual e leva a cabo no Centro Espacial Andøxa no norte de Noruega.  

O fin desta experiencia é que traballando en grupos, usedes a vosa creatividade e aprendades a cooperar, executando diferentes aspectos dunha verdadeira campaña de foguetes, incluído o lanzamento en si.  

ESC require a 24 mozos/as de idades comprendidas entre os 17 e os 20 anos (con data de nacemento entre o 1 de xaneiro de 2001 e o 31 de decembro de 2004), que estean interesados preferentemente na Física Espacial e de foguetes, e que posúan unha formación en Física e Matemáticas.
É necesario falar inglés de forma fluída e ter paixón pola ciencia.

Os participantes pasarán unha semana facendo experimentos técnicos relacionados cunha campaña de foguetes, traballando como verdadeiros científicos, aprendendo a explotar o coñecemento que xa posúen e ampliando a súa comprensión da ciencia aplicada. Tamén haberá unha serie de conferencias dalgúns dos mellores científicos e enxeñeiros de Europa sobre temas que van desde a física dos foguetes ata a aurora  boreal.

Hai algunhas bolsas de axuda de viaxe: https://spacecamp.no/scholarships/

Prazo: 1 de abril de 2021

martes, 16 de febreiro de 2021

 





Lingua de namorar 2021

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.

O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado polas consellerías de Cultura, Educación e Universidade e Política Social, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.

Para participar no concurso nas categorías A (de 14 a 19 anos) e B (de 20 a 35 anos), só cómpre cubrir e enviar este formulario. As mensaxes que participen nestas dúas modalidades publicaranse na páxina do concurso: http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar

Para participar na nova categoría C (exclusiva para Instagram), cómpre ser seguidor/a de @xuventudegalicia e de @linguagalega.

As mensaxes publicaranse directamente na imaxe habilitada para o concurso #LinguaDeNamorar no perfil @xuventudegalicia. No texto indicarase en primeiro lugar un cancelo que recolla o título e despois a mensaxe. Ao final da publicación, engadiranse os seguintes cancelos e etiquetaxes: #LinguaDeNamorar #NamorarEnPandemia @LinguaGalega. Etiquetaranse tamén dúas amizades de IG.

Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres no caso das categorías A e B, e 200 caracteres na categoría C (de IG), incluídos os espazos en branco.

Características das mensaxes

Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres no caso das categorías A e B, e 200 caracteres na categoría C (de Instagram), incluídos os espazos en branco.

 

Categorías de idade e premios

Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade A e B:

- 1º Bicicleta eléctrica BK1000 Youin ebike Amsterdam

- 2º Tableta ZA4G0023SE Lenovo tablet 10,1” 2/32GB

- 3º Cámara WILD4 3GO cámara deportiva 4k

Establécese un premio para a categoría C:

- 1º Bicicleta eléctrica BK1000 Youin ebike Amsterdam

 

Prazos de participación e votación

O prazo para enviar as mensaxes remata ovenres 12 de marzo.

Do 15 ao 23 de marzo abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas nas categorías A e B deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto na páxina do concurso.

No caso da nova categoría C, a mensaxe gañadora seleccionarase en dúas fases:

1. O xurado do concurso fará unha preselección de 6 mensaxes de entre todas as presentadas en prazo que respecten o indicado nestas bases.

2. O 31 de marzo daranse a coñecer as 6 mensaxes preseleccionadas polo xurado, que concorrerán á votación final do público dende o 1 ao 8 de abril. Rematado o prazo de votación computaranse os gústame que reciba cada mensaxe e gañará aquela que acade un maior número de gústame por parte do público. No caso de que exista empate entre dúas ou máis mensaxes prevalecerán no cómputo o número de gústame dados por parte de seguidores/as de @xuventudegalicia e @linguagalega. A organización reserva o dereito de establecer calquera outro procedemento de desempate.

 

Resolución do concurso

A listaxe cos nomes das persoas gañadoras e finalistas nas tres categorías publicarase o 12 de abril. Tanto as mensaxes gañadoras como finalistas daranse a coñecer publicamente en http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar e nos IG @XuventudeGalicia e @LinguaGalega.

 

Entrega de premios

No mes de abril terá lugar a entrega de premios.

 

 


bases vota-mensaxes


categoriaA categoriaB BotonC 2

 

Sorteo, utilizas o #CarnéXove?

Utilizas o #CarnéXove? Presume do que mercas e gaña un vale de 50 € en libros para utilizar nas librarías da Federación de Librarías de Galicia adheridas ao Carné Xove! Queremos 

carnexovesorteo3saber para que usas o #CarnéXove.

Para participar neste sorteo, destinado a persoas mozas galegas con carné xove vixente, tes que:

1. Subir unha Story a Instagram dalgún produto/servizo adquirido co desconto do #CarnéXove
2. Utilizar o cancelo (hashtag) #CarnéXove, mencionar a @xuventude e indicar o nome do establecemento/marca onde fixeches a compra (se ten Instagran, menciónaa tamén)
3. Fai captura da túa participación.

As persoas participantes poden participar, se cumpren os requisitos, as veces que o desexen. Este sorteo iniciarase ás 13.00 horas do día 10 de febreiro de 2021 e finalizará ás 11.59 horas do día 25 de febreiro de 2021.

Para máis información, consulta as bases do concurso:

Bases en galego

Bases en castelán



martes, 9 de febreiro de 2021


Silencio...

O Concello de Taboadela convoca o seu segundo concurso de fotografía coa temática do Silencio.

Poderán participar no concurso calquera persoa residente en España.

O tema do 2º concurso de fotografía do Concello de Taboadela será "Silencio"

Cada participante poderá presentar un máximo de 3 obras, sendo orixinais e inéditas e non presentadas previamente noutros certames, sitios web ou calquera outro soporte dixital ou impreso.

Os traballos presentaranse a través da páxina de Facebook de Taboadela, que os xestionará e difundirá. Será necesario acompañar cada obra cun título do mesmo, nome do autor e formulario de contacto

prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o 30 de xuño.

Premios:
1º premio: 200 euros
2º premio 100 euros
3º premio 50 euros.
A foto ganadora será a protagonista do calendario anual do concello.

http://concellodetaboadela.com/ii-concurso-de-fotografia-do-concello-de-taboadela


Voluntariado para Rexenerar Odemira, proxecto solidario en Portugal

 

A Asociación Gaia Alentejo, de Portugal está a buscar mozos/as entre 18 e 30 anos para facer un proxecto do Corpo Europeo de Solidariedade  en S. Luís, Odemira e Sabóia, Portugal, por un período de 12 meses, que comezará o día 1 de abril de 2021

O Corpo Europeo de Solidariedade é unha acción de voluntariado financiado pola Comisión Europea que cobre unha boa parte dos gastos de Desprazamento (segundo distancia en Km), e o 100% do aloxamento, comida, formación lingüística, transporte local…

As persoas interesadas deben mandar a súa carta de motivación e CV, ambos en inglés, antes do 21 de febreiro á seguinte dirección de mail:  juventude@cm-odemira.pt

Infórmase que os seleccionados deberán participar nunha formación á saída, obrigatoria e que nestes momentos estamos a realizar de maneira telemática. A cal se realizará cando a persoa voluntaria sexa seleccionada.

Máis información da Asociación: https://gaiaalentejo.wordpress.com/

Máis información do proxecto: https://europaerestu.eu/wp-content/uploads/2021/01/ESC-Odemira-PT-2021.pdf


luns, 8 de febreiro de 2021

 


Axudas á mocidade para a compra de vivenda




O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axudas á

 mocidade para a adquisición de vivenda:

- Subvencións para a adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes, que se tramitarán co código de procedemento VI435A.
- Subvencións para a adquisición de vivenda nos centros históricos, que se tramitarán co código de procedemento VI400A.

Requisitos das persoas:
Persoas mozas maiores de idade que, teñan menos de 35 anos na data de presentación da correspondente solicitude, e reúnan os seguintes requisitos:
1. Posuír a nacionalidade española ou, no caso de seren estranxeiras, ter a residencia legal en España.
2. Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM*.
Este límite será de catro veces o IPREM* se se trata dunha familia numerosa de categoría xeral ou se dentro da súa composición existen persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación. O referido límite será de cinco veces o IPREM* cando sexa unha familia numerosa de categoría especial ou na súa composición existan persoas con algunha das seguintes discapacidades:
  - Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
  - Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
3. Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de dispoñer de escritura pública de compravenda formalizada con anterioridade á data da presentación da correspondente solicitude.
4. Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español.
5.  Ter subscrito con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021 un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda.

Requisitos da vivenda:
1. Que a vivenda estea localizada nun concello pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes, (procedemento VI435A)
2. Que a vivenda estea situada no ámbito dun centro histórico, (procedemento VI400A)
3. Que se trate dunha vivenda xa construída, tanto vivenda nova como usada.

Requisitos do prezo de adquisición da vivenda:
1. Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a cen mil euros.
2. No caso de subvencións para a adquisición de vivenda en centros históricos, que o prezo de adquisición da vivenda, no caso de que estea situada no ámbito dun centro histórico dos concellos da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, non supere o prezo máximo previsto para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado nos municipios de prezo máximo superior, computando unha superficie útil de 120 m² e sen incluír os gastos e tributos inherentes á dita adquisición. Este prezo máximo incrementarase nun 8 % no suposto de dispoñer de garaxe e nun 2 % no suposto de dispoñer de rocho.

As solicitudes tramitaranse preferiblemente en https://sede.xunta.gal/portada cos procedementos VI435A e VI400A
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o o 1 de setembro de 2021


      Formación gratuíta en aula virtual

Dirixidas a persoas mozas:

-        Entre 16 e 30 anos

-        Inscritas No Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (axudamos a darse de alta senón están inscritas)

-        Empadroadas nalǵun dos seguintes concellos: A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Portas, Pontecesures, Catoira, Cuntis, Valga, Forcarei, Silleda, Agolada, Dozón, Rodeiro, Vila de Cruces, Barro, Moraña, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo, As Neves, Arbo, A Cañiza, Crecente, Oia e O Rosal.

-        Desempregadas

-        Non integradas no sistema de educación ou formación

 

Accións formativas de 125 horas, en AULA VIRTUAL (5 semanas de duración)

-        Aplicacións Móbiles

-        Tendas Online

-        Marketing Dixital

-        Contidos Dixitais Imaxe Video e Videoxogos

-        Organización e Xestións de Almacéns

-        Venda de productos e servizos turísticos

 

Calquer cousa que necesites aquí tes o noso contacto: teléfono 886 217 320, 986 804 100 (extensión 47 320), , e temos máis información na nosa webhttps://www.depo.gal/tic-emprendes. 

 

Axudas aos concellos para formación e contratación de persoas mozas


    A Consellería de Emprego e Igualdade convoca subvencións aos concellos para a realización de programas de emprego dirixidos a mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Estes programas de emprego configúranse como programas mixtos de emprego e formación que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas participantes, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co dito traballo, procure a súa cualificación profesional e a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

    Poderán ser persoas beneficiarias participantes destes programas aquelas persoas mozas de 18 ou máis anos que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente no momento da selección do alumnado, inscritas e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

    Os proxectos que se financien ao abeiro desta convocatoria poden ser promovidos polos concellos de Galicia, as mancomunidades de concellos e as entidades públicas dependentes ou vinculadas a concellos ou mancomunidades cuxa titularidade corresponda integramente a elas.

    Duración
    A etapa de formación en alternancia coa práctica profesional terá unha duración de doce meses e estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.
    A data límite para o inicio da formación e as prácticas profesionais será con carácter xeral o 16 de xuño de 2021.

    Contidos formativos
    1. Durante o desenvolvemento do proxecto, o alumnado traballador recibirá formación profesional para o emprego, alternándoa coa práctica profesional.
    2. Desde o inicio da súa participación no proxecto, o alumnado será contratado pola entidade promotora na modalidade do contrato para a formación e aprendizaxe.
    3. Durante esta etapa os alumnos e alumnas percibirán as retribucións salariais que lle correspondan.
    4. A duración dos contratos de traballo subscritos co alumnado-traballador non poderá exceder a data de remate do proxecto.
    5. Nos proxectos impartirase a formación complementaria que determine o Servizo Público de Emprego incluíndo, en todo caso, as materias de alfabetización informática e sensibilización ambiental.
    6. Tamén se impartirá un módulo de sensibilización en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, tendo en conta a vulnerabilidade que as mulleres teñen no ámbito laboral e a importancia das medidas dirixidas a combater os estereotipos de xénero e a segregación na educación e na formación, que teñen unha gran incidencia na empregabilidade das mulleres xóvenes

    Orientación, información profesional, formación empresarial e asesoramento
    1. O alumnado durante todo o proceso formativo, recibirán orientación, asesoramento e información profesional e formación empresarial, para o que as entidades promotoras dos proxectos contarán co persoal para efecto.
    2. Ao remate da actividade do proxecto, as entidades promotoras prestaranlles asesoramento ao alumnado participante, tanto para a busca de emprego por conta allea como para o establecemento por conta propia.

    O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 2 de marzo de 2021.
    As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.es co procedemento TR353B
    Máis información no DOG do 2 de febreiro de 2021 e en http://garantiaxuvenil.fondoseuropeos.gal