Silencio...
O Concello de Taboadela convoca o seu segundo
concurso de fotografía coa temática do Silencio.
Poderán participar no concurso calquera
persoa residente en España.
O tema do 2º concurso de fotografía do
Concello de Taboadela será "Silencio"
Cada participante poderá presentar un máximo
de 3 obras, sendo orixinais e inéditas e non presentadas previamente noutros
certames, sitios web ou calquera outro soporte dixital ou impreso.
Os traballos presentaranse a través da páxina
de Facebook de Taboadela, que os xestionará e difundirá. Será necesario
acompañar cada obra cun título do mesmo, nome do autor e formulario de contacto
O prazo de
presentación dos traballos estará aberto ata o 30 de xuño.
Premios:
1º premio: 200 euros
2º premio 100 euros
3º premio 50 euros.
A foto ganadora será a protagonista do calendario anual do concello.
http://concellodetaboadela.com/ii-concurso-de-fotografia-do-concello-de-taboadela
Voluntariado
para Rexenerar Odemira, proxecto solidario en Portugal
A Asociación Gaia Alentejo, de Portugal está
a buscar mozos/as entre 18 e 30 anos para facer un proxecto do Corpo Europeo de
Solidariedade en S. Luís, Odemira e Sabóia, Portugal, por un período de
12 meses, que comezará o día 1 de abril de 2021
O Corpo Europeo de Solidariedade é unha
acción de voluntariado financiado pola Comisión Europea que cobre unha boa
parte dos gastos de Desprazamento (segundo distancia en Km), e o 100% do
aloxamento, comida, formación lingüística, transporte local…
As persoas interesadas deben mandar a súa
carta de motivación e CV, ambos en inglés, antes do 21 de febreiro á
seguinte dirección de mail: juventude@cm-odemira.pt
Infórmase que os seleccionados deberán
participar nunha formación á saída, obrigatoria e que nestes momentos estamos a
realizar de maneira telemática. A cal se realizará cando a persoa voluntaria
sexa seleccionada.
Máis información da Asociación: https://gaiaalentejo.wordpress.com/
Máis información do proxecto: https://europaerestu.eu/wp-content/uploads/2021/01/ESC-Odemira-PT-2021.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario