Lingua de namorar 2021
Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.
O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado polas consellerías de Cultura, Educación e Universidade e Política Social, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.
Para participar no concurso nas categorías A (de 14 a 19 anos) e B (de 20 a 35 anos), só cómpre cubrir e enviar este formulario. As mensaxes que participen nestas dúas modalidades publicaranse na páxina do concurso: http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar
Para participar na nova categoría C (exclusiva para Instagram), cómpre ser seguidor/a de @xuventudegalicia e de @linguagalega.
As mensaxes publicaranse directamente na imaxe habilitada para o concurso #LinguaDeNamorar no perfil @xuventudegalicia. No texto indicarase en primeiro lugar un cancelo que recolla o título e despois a mensaxe. Ao final da publicación, engadiranse os seguintes cancelos e etiquetaxes: #LinguaDeNamorar #NamorarEnPandemia @LinguaGalega. Etiquetaranse tamén dúas amizades de IG.
Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres no caso das categorías A e B, e 200 caracteres na categoría C (de IG), incluídos os espazos en branco.
Características das mensaxes
Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres no caso das categorías A e B, e 200 caracteres na categoría C (de Instagram), incluídos os espazos en branco.
Categorías de idade e premios
Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade A e B:
- 1º Bicicleta eléctrica BK1000 Youin ebike Amsterdam
- 2º Tableta ZA4G0023SE Lenovo tablet 10,1” 2/32GB
- 3º Cámara WILD4 3GO cámara deportiva 4k
Establécese un premio para a categoría C:
- 1º Bicicleta eléctrica BK1000 Youin ebike Amsterdam
Prazos de participación e votación
O prazo para enviar as mensaxes remata ovenres 12 de marzo.
Do 15 ao 23 de marzo abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas nas categorías A e B deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto na páxina do concurso.
No caso da nova categoría C, a mensaxe gañadora seleccionarase en dúas fases:
1. O xurado do concurso fará unha preselección de 6 mensaxes de entre todas as presentadas en prazo que respecten o indicado nestas bases.
2. O 31 de marzo daranse a coñecer as 6 mensaxes preseleccionadas polo xurado, que concorrerán á votación final do público dende o 1 ao 8 de abril. Rematado o prazo de votación computaranse os gústame que reciba cada mensaxe e gañará aquela que acade un maior número de gústame por parte do público. No caso de que exista empate entre dúas ou máis mensaxes prevalecerán no cómputo o número de gústame dados por parte de seguidores/as de @xuventudegalicia e @linguagalega. A organización reserva o dereito de establecer calquera outro procedemento de desempate.
Resolución do concurso
A listaxe cos nomes das persoas gañadoras e finalistas nas tres categorías publicarase o 12 de abril. Tanto as mensaxes gañadoras como finalistas daranse a coñecer publicamente en http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar e nos IG @XuventudeGalicia e @LinguaGalega.
Entrega de premios
No mes de abril terá lugar a entrega de premios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario