Eustory é unha rede de entidades civís europeas que organiza concursos de historia para mozos e mozas.
Que é patrimonio, que o conforma e que non, que merece ser conservado ou porqué certos bens son destruídos son algúns dos temas que che propoñen investigar nesta undécima edición de EUSTORY, que versa sobre patrimonio histórico.
A participación está aberta aos alumnos de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, FP regrada e ESPA menores de 21 anos. Os traballos pódense realizar de maneira individual ou en grupo, e mesmo poden ser ata dunha clase completa. Iso si, só se permite
un traballo por persoa ou grupo.
O formato de presentación é libre. Pode tratarse dun traballo escrito pero tamén de presentacións con diapositivas, fotografías, mapas, documentos audiovisuais, composicións musicais, obras artísticas, pezas teatrais, receitas culinarias, etc.
En resumo, tes que presentar:
Traballo.
Informe de procedemento, onde expliquedes a organización do traballo (dificultades, fases, axudas externas, etc.), as fontes de información utilizadas (bibliografías, arquivos, páxinas web, etc.) e as conclusións onde indiquedes o que aprendestes
e para que vos serviu.
Informe do titor sobre as condicións previas do grupo ou o marco particular no que se inscribe o proxecto e a súa impresión xeral do traballo presentado así como dos participantes.
Premios:
1 Primeiro premio de 2.500 € Alumnos - 1.250 € Titor
4 Segundos premios de 1.000 € Alumnos - 500 € Titor
5 Terceiros premios de 500 € Alumnos - 250 € Titor
10 Accésit de 200 € Alumnos - 100 € Titor
O prazo para presentar traballos estará aberto ata o día 18 de agosto de 2018.
http://eustory.es/

Ningún comentario:
Publicar un comentario