Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.
O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado
pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais
pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da
lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas
novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería
instantánea.
Para participar no concurso, só tes que premer no botón
“Envía as túas mensaxes” e cubrir o formulario. Ademais da mensaxe ou
mensaxes, cómpre indicar os datos persoais e de contacto.
Características das mensaxes
Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes
ao concurso Lingua de namorar (extensión máxima de 350 caracteres para
cada mensaxe). Estas mensaxes deberán estar escritas en lingua galega e
poderán redactarse en prosa ou en verso.
Formulario de inscricións
Categorías de idade e premios
Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:
Categoría A (de 14 a 19 anos):
1° Hoveboard Nilox (rodas 6,5, batería 20
km., velocidade máxima 10km/h) e unha reprodución do Pergamiño Vindel
conmemorativa da súa estadía en a Vigo en 2017 e 2018.
2° Cámara Fuji instantánea
mini 9 ( fotos 62 x 46 mm.) e unha reprodución do Pergamiño Vindel
conmemorativa do seu regreso a Vigo en 2017 e 2018.
3° Auricular Panasonic Diadema
(bluetooth, 20 horas de autonomía) e unha reprodución do Pergamiño
Vindel conmemorativa do seu regreso a Vigo en 2017 e 2018.
Categoría B (de 20 a 35 anos):
1° Smart TV Panasonic 32”
(Full HD, TDT2, navegador web, 2 x HDMI) e unha reprodución do Pergamiño
Vindel conmemorativa do seu regreso a Vigo en 2017 e 2018.
2° Smartphone Wiko 5” (16 GB,
4G, IPS HD, Android 7, 5/13 Mpx) e unha reprodución do Pergamiño Vindel
conmemorativa do seu regreso a Vigo en 2017 e 2018.
3° Cámara deportiva Mini Wifi
2” (Full HD, ángulo 140º, resistente á auga 30m.) e unha reprodución do
Pergamiño Vindel conmemorativa do seu regreso a Vigo en 2017 e 2018.
Prazos de participación e votación
O prazo para enviar as mensaxes remata o luns, 29 de xaneiro.
Do 30 de xaneiro ao 2 de febreiro abrirase o período de votación. As
persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o
formulario que se habilitará para o efecto.Xurado e resolución
O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as declaracións gañadoras de entre as 50 declaracións máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías de idade.
Poderá consultarse aquí o nome das persoas gañadoras, a partir do 7 de febreiro.
Entrega de premios
O día 14 de febreiro terá lugar a entrega de premios do concurso Lingua de namorar 2018.
O acto de entrega será no Museo do Mar de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario