O Concello de Sarria e a Agrupación Cultural Ergueitos convocan o XVIII Premio de Poesía FIZ VERGARA VILARIÑO.
As obras presentadas deben estar escritas en lingua galega.
A extensión mínima será de 500 versos. Os orixinais deberán ser inéditos e non premiados en ningún outro certame.
Os traballos presentaranse por cuadriplicado en exemplares separados, grampados ou encadernados, en tamaño DIN A4 escritos por unha soa cara. Acompañaranse dun sobre pechado no que conste o título ou lema da obra no exterior, contendo no interior o nome e apelidos da autora ou autor, fotocopia do documento de identidade, enderezo, teléfono e correo electrónico. Enviaranse por correo certificado a:
XVII Premio de Poesía FIZ VERGARA VILARIÑO
Concello de Sarria, rúa Maior 14
27600 Sarria.
O prazo para a súa presentación estará aberto ata o 21 de marzo de 2018.
Establécese un único premio de 6000 euros
Máis información no BOP de Lugo do 15 de decembro de 2017 e en
http://sarria.es/index.php?option=com_content&view=category&id=34&Itemid=96&lang=gl
Ningún comentario:
Publicar un comentario