A semana do 16 ao 20 de maio, os alumnos do IES Laxeiro de Lalín asistirán ás sesións da Escola Cooperativa Móbil, dentro da programación da campaña de divulgación das cooperativas promovida pola Consellería de Traballo e Benestar. Os monitores especializados na materia exporán a alternativa do cooperativismo como vía de acceso ao mercado laboral e guiarán aos estudantes no desenvolvemento de proxectos cooperativos, a través de charlas e obradoiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario