venres, 28 de maio de 2021

 



ARTES PARA A INCLUSIÓN SOCIAL:XIRA INCLUSIVA DO PROXECTO JAMM-IN

 

Unha vintena de persoas de moi diversas procedencias e realidades económicas, sociais e culturais levarán a diferentes puntos da nosa xeografía un espectáculo teatral creado aquí en Galicia e que chegará ao corazón de Europa nos meses vindeiros da man do proxecto JAMM-IN. Proxecto que traballa a inclusión social mediante as artes e que está cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea.

 

A xira inclusiva comezou o martes 25 na Casa da Cultura do Milladoiro, Nos días seguintes visitará as bisbarras das Mariñas (con paradas en Betanzos, Bergondo e O Temple, Cambre), a Costa da Morte (centros educativos de Cee) e a Galicia interior (comarcas do Ulla e Deza, Vedra e Lalín). Serán 12 representacións que incluirán coloquios entre as artistas e o público xuvenil a modo de encontro intercultural con persoas diversas, que axude a botar por terra estereotipos e convide a desenvolver narrativas de esperanza.

 

Esta peza é froito do laboratorio teatral que dende o 20 de maio está a ter lugar no Albergue Xuvenil de Gandarío (Concello de Bergondo) no que participan persoas moi diversas tocante a súa singularidade persoal, procedencia cultural, situación social e historias de vida, mais todas elas persoas ao fin e ao cabo, persoas sensibles e sensibilizadas coa dignidade da humanidade.

 

O proxecto chegará este venres 28 de maio ao Espazo Xove de Lalín nunha sesión jamm aberta a todas as artes e artistas que comezará ás 18h.

 

O encontro é unha das primeiras acción internacionais deste tipo que se realizan en todo o continente europeo dende a declaración da pandemia sanitaria, con medidas de seguridade e sentidiño, mediante as artes queremos dar voz aos sen voz e dar renda solta á expresión da tan necesaria emocionalidade humana.

 

Para máis  información: Espazo Xove Lalín

886151267

espazoxovelalin.xuventude@xunta.gal


                                                                                                                                                  Máis info sobre o proxecto en www.jamminproject.eu 


ESPAZO XOVE DE LALÍN



martes, 25 de maio de 2021

 Necesitas aloxamento para o próximo curso?:


Máis aloxamentos:

http://xuventude.xunta.es/images/FORMACI%C3%93N/Residencias

_para_estudantes4.pdf

 

Queres montar o teu propio campamento?:


Campos de voluntariado (18-30 anos):

http://xuventude.xunta.es/images/PROGRAMA_2021_CAMPOS_VOLUNTARIADO_def.pdf







 

Convocadas 34 prazas de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueòlogos do Estado.


O Ministerio de Cultura e Deporte, convoca estas prazas por acceso libre. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días.
Máis información: www.boe.es do 24 de maio.



Convocadas 45 prazas de conservadores/as de museos do Estado.

O Ministerio de Cultura e Deporte, convoca estas prazas por acceso libre. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días.
Máis información: www.boe.es do 24 de maio.

 


Convocadas 45 prazas de conservadores/as de museos do Estado.


O Ministerio de Cultura e Deporte, convoca estas prazas por acceso libre. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días.

    Máis información: www.boe.es do 24 de maio.





    900 prazas de axudantes de Institucións Penitenciarias.

    O Ministerio do Interior, convoca estas prazas polo sistema de oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días .
    Máis información: www.boe.es do 24 de maio.
    https://www.boe.es/boe/dias/2021/05/24/pdfs/BOE-A-2021-8568.pdf.







    martes, 18 de maio de 2021

     

    Iniciativa Xove 2021

    18 Mai 2021

      A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o programa Iniciativa Xove que consiste en axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2021, e nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, que participarán activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas.

      A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

      Áreas de atención prioritaria:
      a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade poñer en marcha as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
      b) Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación, en especial contra a violencia de xénero.
      c) Posta en valor e promoción do Camiño de Santiago e do fenómeno xacobeo.

      Proxectos:
      Os proxectos deberán levarse a cabo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
      Só se poderá presentar un proxecto por solicitante e o seu orzamento total non poderá ser superior a 5.000 €.
      Considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubitado respondan á natureza do proxecto presentado, resulten estritamente necesarios para levalo a cabo e financien actividades realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2021.

      Neste enlace podedes ver proxectos subvencionados en edicións anteriores: http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove

      prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de xuño de 2021.
      Solicitudes: https://sede.xunta.es co procedemento BS306B.
      Máis información no DOG do 14 de maio de 2021 e en http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove

       18/05/21

      EXPOSICIÓN “AS PRIMEIRAS XORNALISTAS, ELAS ESCRIBIRON A HISTORIA” 

      Secretaría xeral da Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia 

      12 ao 31 de maio no vestíbulo do Concello horario: 8:00 a 15:00 h

      A mostra, que recala agora en Lalín, e que poderá visitarse dende o 12 ata o 31 de maio no vestíbulo do concello, achega de maneira visual e didáctica ao público a traxectoria de escritoras comprometidas coa modernización política, social e cultural de Galicia. A exposición supón o merecido recoñecemento ao papel que xogaron as precursoras galegas da comunicación na loita pola igualdade entre mulleres e homes. Unha loita para a que se serviron do máis indestrutible instrumento de poder: a palabra, na súa escritura, na súa voz e na súa capacidade de comunicar. Neste sentido, a forza do seu legado na loita pola equidade laboral sobreviviu ao longo do tempo. A Xunta pon o foco nesta exposición nas mulleres que durante moito tempo foron silenciadas e invisibilizadas. E faino en espazos abertos ao público.

      Se queren visitala en grupos reducidos e para garantir unha mellor organización e seguridade. Envíen un correo a igualdade@lalin.gal, indicando o número de persoas que asistirán. 

       

      6 prazas persoal laboral de varias categorías no Concello de Xove (Lugo).



        As prazas son: 2 educador/a escola infantil, 1 limpador/a, 1 monitor/a ximnasia, 1 auxiliar servizos sociais e 1 oficial/a mantemento.
        O prazo de presentación de solicitudes é 20 días naturais. Máis información: www.boe.es do 18 de maio.



        4 prazas interinas(3 técnico/a residuos e 1 técnico/a APP Revitaliza) na Deputación de Pontevedra.



          O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días naturais. Máis información: www.boppo.depo.gal do 18 de maio.
          https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/05/18/2021026486.




           

          17 prazas(Peon/a, monitor/a, administrativo/a, operarios/as) no Concello de Curtis (A Coruña)


            As prazas convocadas por concurso/oposición, son 9 peón/a, 3 monitor/a deportivo/a-entrenador/a, 2 operarios/as, 2 administrativos/as, e 1 orientador/a laboral.
            O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais. Máis información: www.boe.es do 17 de maio.
            https://www.boe.es/boe/dias/2021/05/17/pdfs/BOE-A-2021-8131.pdf.



            Bolsa de traballo persoal interino/a oficial de servizos no Concello A Garda (Pontevedra)


              O prazo de presentación de solicitudes é 20 días naturais. Máis información: www.boppo.depo.gal do 18 de maio
              https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/05/18/2021025652.




              venres, 14 de maio de 2021

              Tes entre 14 e 17 anos? Queres pasar una fin de semana gratis nun albergue xuvenil?

               Aínda estás a tempo:



              Programación de fin de semana en albergues xuvenís

              primaveraxove alberguesEste programa levarase a cabo nos albergues xuvenís LugII, localizado na cidade de Lugo, e en Gandarío, no concello de Bergondo. Ofertaranse un total de 160 prazas que permitirán aos mozos e mozas ampliar as súas habilidades e competencias, así como participar en actividades físico-deportivas, de aventura e tecnolóxicas, fomentando actitudes de cooperación e respecto.


              Quen pode participar?


              O programa está dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 17 anos no momento da solicitude e queiran gozar dun programa de actividades de educación non formal nos albergues xuvenís.


              Prazas


              O número de prazas dispoñibles en cada unha das opcións e fins de semana é de 20, o que suma un total de 160 prazas dispoñibles.


              Cando?


              Do 14 ao 16 de maio

              Do 21 ao 23 de maio

              Do 28 ao 30 de maio

              Do 4 ao 06 de xuño

              Prazo e método de inscrición


              O prazo de inscrición comezará o día 7 de maio ás 13.00 horas. 


              FORMULARIO DE INSCRICIÓN


              As prazas adxudicaranse, como se dixo anteriormente, por rigorosa orde de chegada dos formularios de inscrición ata esgotar todas as dispoñibles por programa.


              No formulario de confirmación de solicitude só se poderá elixir unha quenda, se ben no caso de que queden prazas libres, ofreceráselles aos mozos e mozas que presentaran xa unha solicitude de participación a posibilidade de inscribirse noutro programa no que haxa vacantes.


              Consulta todas as condicións de participación, requisitos e información sobre o programa no seguinte ENLACE 



              Saúdos

              A Xunta estende a gratuidade no transporte público aos menores de 21 anos de toda Galicia desde o vindeiro 21 de maio coa utilización da tarxeta ‘Xente Nova’

               A Xunta estende a gratuidade no transporte público aos menores de 21 anos de toda Galicia desde o vindeiro 21 de maio, coa utilización da tarxeta ‘Xente Nova’.

              Este dispositivo, que ata o momento podía empregarse nas áreas de transporte metropolitano, na provincia de Ourense e en 13 concellos da área de Pontevedra, expandirase a toda a comunidade a partir do venres da próxima semana, permitindo que todos os menores de 21 anos viaxen de balde no autobús da Xunta, ademais de no barco no caso da ría de Vigo e no ferrocarril de vía estreita na área de Ferrol.

              Esta tarxeta pode adquirirse en calquera das 213 oficinas de Abanca habilitadas nas catro provincias. Para empezar a empregala cómpre cargar a tarxeta cun saldo inicial co que se aboarán as viaxes e posteriormente será reintegrado no dispositivo.

              Na páxina web www.bus.gal pode ampliarse a información relativa a este dispositivo e as vantaxes que leva asociadas, así como o listado de todas as sucursais habilitadas para a súa expedición e os servizos de transporte existentes en cada concello, cos correspondentes horarios e rutas.

              Na actualidade, máis de 80.000 mozos menores de 21 anos xa viaxan de balde nos autobuses interurbanos da Xunta a través do emprego desta tarxeta.

              A área da Coruña alberga o maior número de dispositivos expedidos, contabilizándose case 22.850; seguida da de Vigo, con case 17.225 tarxetas distribuídas; e Santiago, con preto de 12.150. Na área de Ferrol, máis de 9.600 rapaces dispoñen desta tarxeta; na de Pontevedra, máis de 5.200; e na de Ourense, máis de 2.700.

              A tarxeta permite realizar cada mes ata 60 viaxes interurbanas gratuítas. A súa recarga pode efectuarse nos caixeiros de Abanca ou nas oficinas habilitadas para expedila e tamén de xeito telemático mediante a banca móbil ou electrónica da citada entidade.

              A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a traballar actualmente para que os usuarios poidan levar esta tarxeta directamente no móbil e facer as recargas sen necesidade dun caixeiro.

              Iniciativa social

              A tarxeta ‘Xente Nova’ é unha iniciativa social de fomento do transporte público que a Xunta puxo en marcha no ano 2016 nas áreas de transporte metropolitano para permitir a gratuidade no transporte público a menores de 19 anos.

              Posteriormente, ampliouse a cobertura ata os menores de 21 anos e desde xuño do ano pasado, o Executivo autonómico activou este incentivo na provincia de Ourense e en 13 concellos da área de Pontevedra.

              Esta iniciativa do Goberno galego, enmarcada no Plan de Transporte Público de Galicia, ten como obxectivos contribuír á economía das familias e facilitar o acceso dos mozos a servizos básicos como a educación, especialmente a non obrigatoria, ao tempo que se fomenta o uso do transporte público e, polo tanto, unha mobilidade máis sustentable e limpa entre os máis novos.

              martes, 11 de maio de 2021

               


              mércores, 5 de maio de 2021

              La relación entre la pandemia, la ansiedad y otros problemas mentales

              La relación entre la pandemia, la ansiedad y otros problemas mentales
              ¡Hola! Somos un grupo de estudiantes de 2º de Medicina de la USC que estamos realizando un estudio sobre la relación entre la pandemia, la ansiedad y otros problemas mentales para la asignatura de Psicología Médica. Nos ayudarías mucho cubriendo este cuestionario totalmente anónimo y difundiéndolo, no se tarda nada. ¡Muchas gracias!

               https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeh7vxEQjHkVntxZj1cPpGSIQzzrrz7bBiUjFlqoetNiGlfFw/viewform?vc=0&c=0&w=1&flr=0


              05-05-2021

               


              LUGO / LA VOZ 
               

              El lucense Diego Anido, más conocido como Diego As, se ha proclamado campeón de España en el concurso Graffiti Battles Spain, que convoca la Liga Nacional de Graffiti. La organización ha decidido, tras los votos del público y la deliberación del jurado, otorgar un «empate técnico» a los dos finalistas, el lucense Diego As y el vasco Nexgraff. Así lo explicaban este mediodía desde la cuenta de Facebook de la Liga Nacional de Graffiti: «Enhorabuena a los dos! Viendo el trabajazo hecho por los dos participantes, lo igualado que ha estado en técnica, en limpieza, en originalidad, también viendo lo igualado que estaba en los votos del público hasta esta mañana... Hemos tomado la decisión de dar un empate técnico, sin que sirva de precedente. Los dos son los ganadores de estas primeras Graffiti Battles, los dos se van a llevar diploma como ganador y pasarán a formar parte de la Liga Nacional de Graffiti, los dos se llevarán calcetines de personalizados de @devilsocksofficial, los dos se llevarán regalo de @tienda247urban (mochila o riñonera) y se sorteará entre ellos la camiseta @wrungtarragona y las zapatillas de @lyocustom. En las próximas ediciones de las batallas mejoraremos los sistemas de votación para que todo sea más fácil».

              La final se disputó este sábado, con la elaboración de los murales en directo, un proceso creativo que se pudo seguir en directo por las redes sociales. Diego As eligió para esta última ronda las inmediaciones de la Casa da Xuventude, donde pintó un mural de 5x5 metros titulado «New Virus Like», pensado «para la juventud que está perdida».

               

              La elaboración de un mural en directo ya había sido el formato con el que Diego AS ganó la semifinal hace una semana, con una pintura en la calle Vía Láctea, tras siete horas de confección, a las que hay que sumar todo el trabajo previo de lluvia de ideas, bocetos, elección de técnicas...

              Este premio supone un reconocimiento a quince años de trabajo, diez de ellos dedicado profesionalmente al mundo de los grafitis. Sus obras, marcadas por el realismo, pueden contemplarse dentro y fuera de Galicia.