martes, 18 de maio de 2021

 18/05/21

EXPOSICIÓN “AS PRIMEIRAS XORNALISTAS, ELAS ESCRIBIRON A HISTORIA” 

Secretaría xeral da Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia 

12 ao 31 de maio no vestíbulo do Concello horario: 8:00 a 15:00 h

A mostra, que recala agora en Lalín, e que poderá visitarse dende o 12 ata o 31 de maio no vestíbulo do concello, achega de maneira visual e didáctica ao público a traxectoria de escritoras comprometidas coa modernización política, social e cultural de Galicia. A exposición supón o merecido recoñecemento ao papel que xogaron as precursoras galegas da comunicación na loita pola igualdade entre mulleres e homes. Unha loita para a que se serviron do máis indestrutible instrumento de poder: a palabra, na súa escritura, na súa voz e na súa capacidade de comunicar. Neste sentido, a forza do seu legado na loita pola equidade laboral sobreviviu ao longo do tempo. A Xunta pon o foco nesta exposición nas mulleres que durante moito tempo foron silenciadas e invisibilizadas. E faino en espazos abertos ao público.

Se queren visitala en grupos reducidos e para garantir unha mellor organización e seguridade. Envíen un correo a igualdade@lalin.gal, indicando o número de persoas que asistirán. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario