Concurso de fotografía de Galiciencia
Galiciencia, a feira científica galega, celebra a súa 16° edición do 26 ao 28 de maio.
De novo, será online por mor da COVID-19. Este ano, a feira contará cun concurso de fotografía, que xa ten aberto o prazo por medio de Instagram. Nel poderá participar o alumnado e profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP de toda España.
O concurso xira en torno a innovación postCOVID a través da revolución do talento. Polo tanto, as fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionados con este tema.
O número máximo de fotos que se poden presentar por persoa é de 3. Estas poden realizarse en branco e negro ou en cor. É fundamental que os participantes sexan os autores das mesmas.
As personas interesadas en participar, precisan subir as fotografías a Instagram etiquetando a Galiciencia co cancelo #concursogalicienciaonline2021.
Os participantes deberán sinalar o centro educativo ao que pertencen.
O prazo de presentación das imaxes estará aberto ata o 28 de maio. A resolución do xurado farase pública o 4 de xuño e o gañador recibirá un diploma e un obsequio.
https://www.tecnopole.es/gl/novas/concurso-fotografias-traves-instagram-galiciencia-online-2021
Ningún comentario:
Publicar un comentario