venres, 14 de maio de 2021

Tes entre 14 e 17 anos? Queres pasar una fin de semana gratis nun albergue xuvenil?

 Aínda estás a tempo:



Programación de fin de semana en albergues xuvenís

primaveraxove alberguesEste programa levarase a cabo nos albergues xuvenís LugII, localizado na cidade de Lugo, e en Gandarío, no concello de Bergondo. Ofertaranse un total de 160 prazas que permitirán aos mozos e mozas ampliar as súas habilidades e competencias, así como participar en actividades físico-deportivas, de aventura e tecnolóxicas, fomentando actitudes de cooperación e respecto.


Quen pode participar?


O programa está dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 17 anos no momento da solicitude e queiran gozar dun programa de actividades de educación non formal nos albergues xuvenís.


Prazas


O número de prazas dispoñibles en cada unha das opcións e fins de semana é de 20, o que suma un total de 160 prazas dispoñibles.


Cando?


Do 14 ao 16 de maio

Do 21 ao 23 de maio

Do 28 ao 30 de maio

Do 4 ao 06 de xuño

Prazo e método de inscrición


O prazo de inscrición comezará o día 7 de maio ás 13.00 horas. 


FORMULARIO DE INSCRICIÓN


As prazas adxudicaranse, como se dixo anteriormente, por rigorosa orde de chegada dos formularios de inscrición ata esgotar todas as dispoñibles por programa.


No formulario de confirmación de solicitude só se poderá elixir unha quenda, se ben no caso de que queden prazas libres, ofreceráselles aos mozos e mozas que presentaran xa unha solicitude de participación a posibilidade de inscribirse noutro programa no que haxa vacantes.


Consulta todas as condicións de participación, requisitos e información sobre o programa no seguinte ENLACE 



Saúdos

Ningún comentario:

Publicar un comentario