luns, 2 de xaneiro de 2017

Convocatoria tráiler de animación dun libro


O Centro virtual Ler.es, dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España (MECD) e dedicado ás alfabetizacións múltiples como ferramenta de coñecemento e aprendizaxe está a crear dun BIBLIOTRÁILER no que se recollan os mellores tráileres de animación baseados nunha obra literaria presentados polos centros docentes.
Obxectivos
Promover o desenvolvemento da competencia lingüística e a conciencia e expresións culturais a través das novas tecnoloxías, ademais da alfabetización audiovisual.
Axuntar o fomento da lectura co desenvolvemento de técnicas de animación e o uso das novas tecnoloxías.
Participantes
A convocatoria está dirixida a estudantes que cursen durante o período 2016-2017 algunha dos seguintes ensinos oficiais:
a) Terceiro Ciclo de Educación Primaria.
b) Educación Secundaria Obrigatoria.
c) Bacharelato.
A participación na convocatoria realizarase a través do centro docente no que o alumnado estea a cursar os seus estudos.
Requisitos dos proxectos.
1. En todos os casos, os proxectos serán orixinais e serían realizados durante o curso 2016-2017.
2. O proceso da realización do tráiler poderá seguir os pasos indicados na guía didáctica proposta (que se pode consultar en ler.es). Ao final da obra audiovisual deberá aparecer a modalidade de participación, o curso dos participantes e o nome do centro educativo.
3. O tráiler durará entre 30 e 90 segundos.
4. O formato dos vídeos pode ser AVI, MP4 ou MPEG.
5. Opcionalmente, o proxecto pode incluír medidas de atención á diversidade como a transcrición e subtítulos, así como entregar os materiais de preprodución en formato dixital.
Criterios de valoración
1. A calidade artística dos traballos, prestando especial atención ás técnicas de animación empregadas.
2. A calidade lingüística dos traballos, a súa capacidade de síntese e o guión literario.
3. A orixinalidade e creatividade ao explorar enfoques innovadores.
Prazo de presentación: Ata o 16 de maio de 2017.

Máis información: http://leer.es/documents/235507/525633/Bases+convocatoria+2016-2017/73ca9343-dff5-4362-8949-47d8cdfafafc

Ningún comentario:

Publicar un comentario