luns, 9 de xaneiro de 2017

Axudas complementarias a Erasmus+



A Consellería de Educación convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2016/17.
As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de tres meses.
As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no programa Erasmus+:
a) De 175 euros/mes para un país de destino do grupo 1.
b) De 145 euros/mes para un país de destino do grupo 2.
c) De 105 euros/mes para un país de destino do grupo 3.
A listaxe de países por cada un dos tres grupos é a seguinte e pódese consultar na guía do programa Erasmus+ no enlace da Comisión Europea:
http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/documents/erasmus-plus-programme-guide_es.pdf

A presentación das solicitudes realizaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED417A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de febreiro de 2017.Máis información no DOG do 2 de xaneiro de 2017 e en orientacion.sug@edu.xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario