luns, 16 de xaneiro de 2017

Concurso Europeo de Creación Audiovisual "CTL 59 segundos"




CTL Formación Imaxe e Son convoca o Cuarto Concurso Europeo de Creación Audiovisual "CTL 59 segundos"
Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas con nacionalidade e/ou residencia en Europa, que individualmente ou en grupo e que, sendo maiores de 16 anos, presenten obras cuxa duración máxima sexa de 59 segundos, incluíndo os títulos de crédito. Non se admitirán obras que excedan ese tempo, nin vídeos comerciais ou anuncios.
O obxectivo do concurso é difundir, impulsar e incentivar a realización de traballos de videocreación. Diríxese especialmente a estudantes e afeccionados e tamén profesionais que queiran dar a coñecer, de forma presencial e on-line, creacións audiovisuais que teñan valor artístico e técnico cunha duración máxima de 59 segundos.
O tema dos vídeos realizados (desenvolvemento dunha idea temática ou liña narrativa) será de libre elección e os contidos dos traballos poden ser de ficción ou de natureza documental. O xurado valorará especialmente a orixinalidade, a creatividade e a experimentación visual, conceptual e formal das obras.
A entrega dos traballos, de tema ou asunto libre, terá as seguintes características:
Formato de vídeo mp4 con codificación H.264 e unha resolución de 1920×1080 ou 1280×720 píxeles cadrados, a 25, 50 ó 60 fotogramas por segundo e escaneo progresivo.
Todas as obras estarán subtituladas en castelán e/ou inglés, sempre que se inclúan diálogos, voz en off ou textos.
Cada participante poderá presentar un máximo de 3 traballos.
Premios: a) Premio ao mellor traballo de creación audiovisual 2017 "CTL 59 segundos" (diploma e 1.000 €).
b) Mención Especial do Xurado ao mellor realizador de Navarra (diploma).
c) Mención Especial do xurado ao mellor traballo experimental (diploma).
O prazo para presentar obras estará aberto ata o 28 de febreiro de 2017

http://www.ctl-online.com/proyectos/concurso-ctl59-segundos/

Ningún comentario:

Publicar un comentario