luns, 9 de xaneiro de 2017

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior



A Consellería de Educación convoca probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.
O prazo de presentación será entre os días 13 e 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal/ co procedemento ED312C
Estrutura e organización da proba:
a) Parte sociolingüística:
– Lingua Castelá.
– Lingua Galega.
– Ciencias Sociais.
b) Parte matemática:
– Matemáticas.
c) Parte científico-técnica:
– Ciencias da Natureza.
– Tecnoloxía.
Realización da proba:
As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 31 de maio de 2017
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.
O prazo de presentación será entre os días 6 e 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal/ co procedemento ED312D
Estrutura da proba:
a) Parte común:
– Lingua Galega.
– Lingua Castelá.
– Matemáticas.
b) Parte específica. Organizarase con base en tres opcións, A, B e C, en función das familias profesionais e os ciclos formativos aos cales posibilita o acceso. A persoa aspirante deberá elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a solicitude de inscrición para a proba, escollendo dúas das tres materias das cales desexe que se lle examine:
– Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira (inglés ou francés), e Filosofía.
– Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial, e Física.
– Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química, e Bioloxía.
As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 20 de abril de 2017

Máis información no DOG do 5 de xaneiro de 2017 e en www.edu.xunta.es/fp

Ningún comentario:

Publicar un comentario