venres, 13 de xaneiro de 2017

Youtubeir@s, concurso de vídeos na Rede




Youtubeir@s, concurso de vídeos na Rede transcorre do 1 de decembro de 2016 ao 28 de abril de 2017.
As persoas participantes deben inscribirse a través do formulario que figura na web http://www.youtubeiras.gal/
Todos os vídeos participantes teñen que estar publicados na plataforma de vídeo Youtube (sen restricións de privacidade) antes do 28 de abril de 2017 coas etiquetas #youtubeiras #youtubeiros na descrición.
Poden participar todas as persoas maiores de 14 anos que queiran transmitir algún coñecemento e/ou opinar sobre algún tema que lles interese a través de vídeos autoproducidos.
Cada autor ou autora pode inscribir tantos vídeos como desexe. No momento da inscrición o autor ou autora debe escoller a categoría na que quere inscribir cada vídeo: vídeo-facermos ou vídeo-opinarmos.
A duración máxima de cada vídeo presentado é de 5 minutos.
Os vídeos teñen que estar realizados en galego.
Os vídeos participantes deben estar licenciados baixo calquera das licenzas Creative Commons
Fican expresamente excluídos os traballos de índole comercial ou publicitaria e aqueles vídeos que promovan unha mensaxe violenta, denigrante ou ofensiva.
A entrega dos premios realizarase nun acto público que se anunciará con antelación publicamente.
Establécense dúas categorías de participación segundo o contido:
Vídeo-facermos, Vídeo-titorial no que se mostran saberes e procesos de elaboración para que outra xente os poida aprender. Por exemplo, unha receita, un truco de maxia, o uso dun programa informático, manualidades…
Vídeo-opinarvos, Vídeo no que, de xeito argumentado, se expón unha opinión ou valoración arredor dun tema de interese. Por exemplo, sobre un libro, un filme, unha serie, sobre temas de actualidade, moda ou tendencias…
Premios:Categoría Vídeo-facermos: 1.000 €
Categoría Vídeo-opinarvos: 1.000 €
Haberá catro mencións honoríficas:
Creatividade: 500 €
Eficiencia comunicativa: 500 €
Calidade educativa: 500 €
Calidade lingüística: 500 €
Criterios de valoración:
Enxeño e creatividade. Valorarase a orixinalidade da peza a nivel visual, sonoro, do propio contido e do xeito de transmitilo.
Calidade técnica da peza tanto a nivel visual como sonoro.
Eficiencia comunicativa do vídeo na transmisión do contido tanto a nivel oral como visual. Valoraranse as dotes interpretativas e o uso dos recursos propios da linguaxe audiovisual e a súa capacidade de incidencia no público.
Calidade lingüística. Valorarase o uso coidado e correcto da lingua en todas as súas variantes dialectais (calidade fonética, léxica, sintáctica, etc.)

http://youtubeiras.gal/bases

Ningún comentario:

Publicar un comentario